sábado, 30 de mayo de 2015

UNHA MONTAÑA DE ESCOMBROS

 

    Ben, todo o mundo sabe que é o Himalaya, donde está Nepal, e o bonito que é na televisión. Tamén o arriscado que parece para os valentes alpinistas que xogan alí a súa vida, pero, eles o fan porque queren.
      A donde queremos chegar con isto? Pois ben, despois de mencionar as preciosas cousas do Himalaya, vamos falar das que ninguén sabe, ou que, polo menos, queren ocultar. Referímonos ás persoas que van alí e ás que viven alí. Comezaremos coa explicación:
      As persoas que van alí, o fan por voluntade, por diversión…E claro, só pensan en que todo está moi limpo, que todo é precioso! Isto é o que eles ven, pero non ven o que deixan ás súas espaldas. O que deixan é efectivamente unha montaña de lixo, como o nome do proxecto indica.
      Ás veces, non só é culpa da persoa que deixa alí envases, bolsas e outros desperdicios. Tamén é culpa das persoas que o ocultan, que buscan as partes limpas para amosar á xente, facendo que non existe este segredo a berros. Así, a persoa que vai alí pensa: Por unha cousa non vai pasar nada, así persoas tras persoa.
      Ben, agora falaremos das persoas que viven alí. O primeiro ñe explicar que os poboados non os podemos imaxinar coma as casiñas de aquí, que moitas veces estas persoas viven en condicións nas que calquera de nós non duraría nin dous días.
      Por outra parte, vamos falar en referencia ao primeiro parágrafo, falaremos de “arriscar a vida”, os alpinistas e outros escaladores afeccionados poden non ir (tendo en conta que é unha actividade totalmente válida), pero as persoas que habitan estas montañas non teñen outra elección; todos os días arriscan a vida ao mellor por só conseguir un pouco de comida, de auga, andar co gando…
      Coma resumo de esta introducción, digamos que nós, coma bos habitantes, deberiamos axudar a estas persoas: Evitar deixar lixo no Himalaya, e o que hai, reutilizalo para poder facilitar un pouco máis a vida destas persoas.


Andrea Brage,

Coordinadora do proxecto.



No hay comentarios:

Publicar un comentario