martes, 30 de noviembre de 2021
CINE NA ESCOLA: CREATIVIDADE E EMPODERAMENTO PARA CUESTIONAR A REALIDADE
sábado, 27 de noviembre de 2021
UNHA AVENTURA EXEMPLAR
O alumnado de 5º e 6º participa na iniciativa, na que será o Parlamento o que vaia ás aulas dun gran número de centros de Educación Primaria durante a semana lectiva comprendida entre o 29 de novembro e o 3 de decembro. Será a través do libro Unha aventura exemplar, orixinal de Xosé A. Perozo e ilustrado por Evaristo Pereira editado para esta ocasión acompañado dunha guía didáctica. Desta forma, coñeceremos o seu funcionamento e veremos como o diálogo e a suma de esforzos fan realidade as iniciativas que desde o mesmo se desenvolven.
GUIA Do Profesorado_web by veracruces on Scribd
viernes, 26 de noviembre de 2021
ESPAZOS CON VIDA PARA APRENDIZAXES VIVAS
Xa a piques de rematar o primeiro trimestre o Proxecto Mestra de Obra, (Sistema LUPO) segue camiñando cara un novo concepto de aula e escola no CPIP Virxe da Cela. O pasado mércores 17 de novembro 2021 visitamos o IES Rosalía Mera para achegarlle ao seu alumnado os principios nos que se sustenta. Así, o alumnado do Grao medio de Madeira e Moble coñeceron de primeira man, como o seu esforzo, dedicación e ilusión, van ser quen de darlle unha nova vida as nosas aulas con espazos funcionais e dinámicos. Será co super moble que están a crear e do cal xa temos lista a maqueta!!!!!
Pero, como todo está entrelazado, nesta ocasión contamos co apoio de Ignacio Bescansa, arquitecto do Sistema LUPO, que nos explicou os aspectos máis técnicos do deseño, creándose un espazo compartido de ideas e propostas no cal a funcionalidade, a creatividade e as prescricións técnicas deron vida a novas posibilidades. Así, resultou unha xornada de aprendizaxe mutuo, onde novas posibilidades xeran cambios nos espazos para que estes sexan funcionais e dinámicos. Un millón de grazas!!! É marabilloso que o esforzo compartido cobre vida a partir de múltiples ilusións!!!!
E así, con esforzo, traballo en equipo, apoios e a creatividade do alumnado…crearemos un espazo na Ed. Infantil cómodo, versátil, acolledor, cálido, funcional integrado no medio, para dar vida a ambientes de aprendizaxe que partan da realidade e dos intereses do noso alumnado. Desde aquí, dar as grazas ao alumnado e profesorado do IES Rosalía Mera, a LUPO polo seu bo facer, e cono non, ao CFR Ferrol por crer e apostar por esta liña de innovación educativa. Por suposto, mencionar, tamén a nosa Comunidade educativa e en especial aos nenos e nenas de EI. Infantil por ser parte activa e creativa, son os seus principais protagonistas. Un pracer!!!!!!
jueves, 25 de noviembre de 2021
O CPI AS MIRANDAS E O CPIP VIRXE DA CELA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Co gallo do Día Internacional
contra a Violencia de Xénero que se celebra hoxe 25 de novembro, o alumnado dos centros escolares CPI As
Mirandas de Ares e CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero, realizaron un
vídeo para visibilizar e sensibilizar á comunidade educativa e a toda a sociedade en xeral, sobre esta data.
Desde os nosos centros adherímonos
pois, a todas aquelas iniciativas que suman esforzos e solucións á erradicación
da violencia de xénero, na loita contra os malos tratos e no apoio ás vítimas e
as súas familias. Apoiamos ás accións que tratan de concienciar ao tecido
social e a todas as actividades educativas baseadas na formación en valores
para que a sociedade avance no camiño da igualdade, no benestar común e a
convivencia que todas e todos queremos.
ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO: ERES VIRUS OU VACINA?
Conmemoración do 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, no CPIP Virxe da Cela. Todo as aulas do centro participaron nesta iniciativa promovida desde o departamento de Orientación. O alumnado traballou nas titorías e outras materias (relixión, educación para a cidadanía) o tema da violencia de xénero, e a reflexión, o posicionamento e intención de cambio recóllese neste enorme mural situado no patio cuberto e que leva por título "Ante a violencia contra as mulleres: es virus ou vacina?
miércoles, 24 de noviembre de 2021
HORTA ESCOLAR: DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE NO CPIP VIRXE DA CELA
Neste curso escolar temos unha nova ilusión, queremos contar ca nosa horta escolar. Pero, para chegar a ver os seus froitos, temos que coñecer como enfrontarnos a esta emocionante tarefa para que sexa significativa e viable dentro dun modelo de desenvolvemento sustentable (ODS). Así, que mans a tarefa!!!
O primeiro paso: dar valor a un modelo produtivo que entrelace a sabedoría tradicional cos avances dos medios actuais dando significatividade ao respecto polo medio natural e a economía circular. Queremos, que as nosas aprendizaxes xeren actitudes que melloren as nosas prácticas e comportamentos no quefacer do día a día. Nesta fermosa aventura non estaremos sen compañía, as nosas familias e persoas especialistas da comunidade e os Concellos nos acompañaran.
Para esta primeira parte, contamos coa colaboración da Asociación Euroeume, da que participan algunhas das nosas familias e que desenvolve moitas das súas actuacións a partir de iniciativas da Consellería de Política Social. Ángel foi o encargado de achegarlle, a todas as etapas do centro (11 e 16 novembro 2021), modelos tradicionais de produción, vendo como estes procesos produtivos evolucionaron de xeración en xeración acumulando sabedoría e respecto polo medio natural, tradicións que non debemos obviar nin esquecer.
Pero, por que temos que facer isto? Pois por que o noso planeta está a sufrir: contaminación, esgotamento dos recursos, residuos… Somos pegada ecolóxica, que impacta e transcende. Así, que isto nos leva a comprender o necesaria que é unha adecuada xestión dos residuos. Facémolo a partir do coñecemento do modelo actual de xestión de residuos aplicado na nosa contorna e vendo a importancia de aplicar a regra das catro erres. A súa análise da lugar a unha conclusión: precisamos de modelos naturais de xestión que dean valor a la recuperación. É aquí onde entra a compostaxe, un dos elementos clave da nosa futura horta, que realizaremos empregando os restos das merendas e dos menús do comedor. Ángel, fíxonos ver que ofrece múltiples posibilidades: organización, cooperación, divertimento, múltiples aprendizaxes,… Acompañádenos nesta fermosa viaxe!!!!!!!
martes, 23 de noviembre de 2021
CAMPAÑA "DE FRONTE Á VIOLENCIA DE XÉNERO"
Guia Explicativa Para Elaborar o Scape Room de Fronte a Violencia de Xenero v2 by veracruces on Scribd
viernes, 19 de noviembre de 2021
HOXE CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NENOS E AS NENAS
Desde o cole do Xestal por e para todos os nenos e nenas do mundo!!!
FARTAS PERO IMPARÁBEIS. PROPOSTA DIDÁCTICA 25N
Pro Post as Didactic as 25 n by veracruces on Scribd
jueves, 18 de noviembre de 2021
SONRISAS PARA LA PALMA
Desde el CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero (Galicia), queremos enviar a todos los niños, niñas y habitantes de la isla de la Palma toda nuestra fuerza, ánimo y cariño.
Deseamos
que nuestras sonrisas y nuestra fuerza os lleguen y os den esperanza.
Con nuestros mejores deseos!!!
miércoles, 17 de noviembre de 2021
QUÉROTE SEN VIOLENCIA
Video colaborativo entre os centros CPI Plurilingüe Virxe da Cela (Monfero) e CPI As Mirandas (Ares). O alumnado da ESO de ambos colexios redactará un decálogo para combatir a violencia de xénero (25N).
UNHA ESCOLA QUE ROMPE BARREIRAS
O centro forma parte da Estratexia de Educación “Unha escola que rompe barreiras” de Ayuda en Acción grazas a cal contamos cun amplo abano de recursos para moitas actuacións do centro. Para establecer as liñas de colaboración para o vindeiro curso, un dos primeiros pasos e ser parte dun proceso de diagnóstico participativo sobre o estado da situación na escola (análise de contexto). Este proceso de diagnóstico divídese en catro sesións con diferentes axentes clave da Comunidade educativa. Unha delas é co claustro de forma presencial realizando o equipo de Ayuda en Acción un obradoiro co profesorado que se desenvolverá a través dunha dinámica grupal. Será o vindeiro: martes 30 de novembro de 2021, ás 16.30 horas na aula de UUMM de secundaria, cunha duración aproximada de 1 hora e 15 minutos.
Resumo Sesión de Diagnóstico_claustro_erb by veracruces on Scribd
martes, 16 de noviembre de 2021
MAPEO DE EXPERIENCIAS DE EDUCACIÓN PARA A CIDADANÍA GLOBAL
Difundimos a plataforma CENIT, un proxecto de mapeo de experiencias de educación para a cidadanía global, no que aparece recollida a iniciativa de Monferosolidario.