Mostrando entradas con la etiqueta Deputación Provincial da Coruña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Deputación Provincial da Coruña. Mostrar todas las entradas

jueves, 4 de mayo de 2023

I CONCURSO DE MICROVÍDEOS "DE FRONTE Á VIOLENCIA DE XÉNERO"

Coa intención de alcanzar a igualdade real de oportunidades entre mulleres e homes na sociedade e concienciar á poboación en xeral e a mocidade sobre a violencia de xénero dixital, a Deputación Provincial da Coruña convoca neste ano o I Concurso de microvídeos "De fronte á violencia de xénero".

O obxecto do certame é elaborar un microvídeo a través do cal se xere reflexión, conciencia, sensibilización, identificación e prevención das violencias de xénero dixital, entendidas estas como todas as condutas de violencia de xénero que se exercen a través das novas tecnoloxías, redes sociais e/ou en Internet.

Preténdese que a través da elaboración do microvídeo a poboación adolescente cree debate, reflexión, mobilización e cambio social sobre o ciberacoso, sexting, sextorsión, stlaked, grooming, shaming, doxing ou calquera outra forma de acoso nas redes.

Así mesmo, o concurso anima á participación da comunidade educativa (profesorado, familias e contorna) como piar necesario para guiar e orientar o proceso de creación.

Poderán participar todas as persoas físicas con idades comprendidas entre 12 e 18 anos, de calquera nacionalidade, que se presenten individualmente ou en grupo.

Cada participante só poderá presentar un único microvídeo orixinal e inédito, non premiado con anterioridade nin difundido publicamente antes por ningún tipo de soporte nin canle.

Outorgaranse ata 10 premios de 1000 euros.

microvídeos violencia xénero by veracruces on Scribd

martes, 23 de noviembre de 2021

CAMPAÑA "DE FRONTE Á VIOLENCIA DE XÉNERO"

 

Dende a área de Igualdade da Deputación da Coruña impúlsase un ano máis a campaña DE FRONTE á violencia de xénero. Ao longo do mes de novembro estanse a desenvolver unha serie de actividades tanto en formato presencial como en liña que apelan directamente á implicación de concellos e entidades do tecido social e educativo sensibilizadas na loita contra a violencia de xénero. Actividade xuvenil en formato Visual Thinking sobre tratamento e prevención da violencia de xénero. A actividade está composta de 3 micro vídeos onde se abordan conceptos básicos arredor da violencia de xénero de xeito didáctico a través de gráficos con animación para traballar nas aulas. Scape Room para traballar en igualdade e de xeito cooperativo sobre tratamento e prevención da violencia de xénero. Cóntase co contido da actividade de visual thinking.   

Guia Explicativa Para Elaborar o Scape Room de Fronte a Violencia de Xenero v2 by veracruces on Scribd

jueves, 25 de marzo de 2021

MOITO POR CAMBIAR

 

Con data 11 de marzo publicáronse as bases completas do Concurso de viñetas "Moito por cambiar" 2021 dirixido á poboación entre os 12 e 18 anos. Esta actividade está organizada pola Deputación Provincial da Coruña e forma parte do programa do 8 de marzo "Día das mulleres".

Concurso Moito Que Cambiar 2021 by veracruces on Scribd