Mostrando entradas con la etiqueta educacíón para el desarrollo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta educacíón para el desarrollo. Mostrar todas las entradas

lunes, 21 de noviembre de 2011

EXPOSICIÓN DE LIBROS SOLIDARIOS



A petición de un grupiño de alumnos e alumnas de primaria, aquí tedes unha selección de libros con temática solidaria para investigar e poder aportar máis datos ao voso pasaporte solidario: Un pacto de amor, mi vida junto a Vicente Ferrer, de Ana Ferrer; El gran libro de cuentos con valores; Cómo complacer a todo el mundo sin dejar de hacer... lo que uno quiere, de KIlaus-Peter Wolf e moitísimos máis. Ánimo. A lectura segue a ser unha porta aberta ao mundo.

lunes, 7 de febrero de 2011

MONFEROSOLIDARIO NO I.E.S. TERRA DE TRASANCOS

O pasado Xoves 3 de Febreiro de 2011 tivemos a oportunidade de difundir o noso proxecto Monferosolidario no I.E.S. Terra de Trasancos, Narón. Durante toda esta semana este centro estivo desenvolvendo unha interesante "Semana de Educación para o Desenvolvemento". O I.E.S. Terra de Trasancos foi galardonado este ano na II edición do "Premio Nacional de Educación para o Desenvolvemento Vicente Ferrer". Coincidimos cos coordinadores do proxecto gañador o pasado mes de Novembro, no I Encontro Nacional de Educación para o Desenvolvemento, celebrado en Ávila. Convidáronnos a presentar o noso proxecto no seu centro, para que o alumnado poidera coñecer as actividades que estamos levando a cabo. Nesta ocasión duas alumnas de 3º da E.S.O., Anaís e Mª Santamariña, foron as encargadas de difundir o espírito de Monferosolidario.






viernes, 11 de diciembre de 2009

MENÚ DEGUSTACIÓN DE GASTRONOMÍA TÍPICA DA INDIA

O venres 11 disfrutamos dun sabroso menú degustación da gastronomía típica da India, que consistiu en:

-1º prato: pakoras
-2º prato: polo ao curry con arroz basmati
-Sobremesa: batido de banana.

Os/as nenos/as de Infantil comendo polo ao curry

Iago, o cociñeiro, entre os fumes dos fogóns


Iago, amosando as pakoras

Crónica do noso cociñeiro Iago Arias:

O menú seleccionado para este día constou dunha serie de pratos que protagonizan a extraordinaria cociña hindú.
Comezamos cun primeiro prato chamado “pakora”, consistente nunha fritura de verduras empregando para elo fariña de garabanzo, en troques da nosa fariña de trigo. De seguido, o tradicional polo ao curry, con arroz basmati, vianda representativa da cociña india, baseado no aderezo da carne coa mestura de distintas especies que constitúen o curry, garnecido con arroz basmati, caracterizado polos seus matices aromáticos. Poñendo fin a sobremesa cun refrescante batido de prátano.
Este tipo de xornadas bríndanos a oportunidade de coñecer e experimentar novos sabores vindeiros doutras gastronomías tan dispares á nosa, como a hindú, rica no emprego de multitude de especias, aromas e matices, sabores exóticos que nos transportan a outros mundos a través do padal.
Convén aproveitar iniciativas coma esta para traballar dende a escola o coñecemento de distintas culturas gastronómicas, dando un pequeno paso na formación culinaria dos mozos e as mozas.
Iago Arias

A INDIA RURAL E A FUNDACIÓN VICENTE FERRER (I)

Xoves 10 de Decembro de 2009: Os alumnos e alumnas de 3º e 4º da E.S.O. foron os protagonistas dunha xornada de difusión do importantísimo labor de Vicente Ferrer na India. Realizaron actividades deseñadas para o Proxecto School to School que estase levando a cabo este curso, facendo un intercambio cultural entre o noso centro e unha escola de Anantapur, na India. As actividades consistiron en:
1.- Impartir charlas co título "A India rural e o proxecto da Fundación Vicente Ferrer", con visionado de diapositivas.
2.- Realización de diversos obradoiros na Biblioteca Escolar: danzas típicas da India, láminas e debuxos apreciando diferencias entre a nosa cultura e a cultura india, vestimentas típicas da India, etc.

Programamos todas as actividades que se realizaron simultáneamente en diferentes espazos do noso centro. Distribución:

-Espazo UUMM1, de 14:45 a 16:25, o alumnado 4º E.S.O. imparte a charla ao alumnado 2º Ciclo Ed. Primaria
-Espazo UUMM2, de 14:45 a 15:35, o alumnado 3º E.S.O. (grupo A) imparte a charla ao lumnado Ed. Infantil
-Espazo UUMM2, de 15:35 a 16:25, o alumnado de 3º E.S.O. (grupo B) imparte a charla ao lumnado 1º Ciclo Ed. Primaria
-Bibliteca Escolar, de 14:45 a 15:35, o alumnado de 3º E.S.O. (grupo B) realiza obradoiros para o alumnado de 1º Ciclo de Ed. Primaria.
-Biblioteca Escolar, de 15:35 a 16:25, o alumnado de 3º E.S.O. (grupo A) realiza obradoiros para o alumnado de Ed. Infantil.

Saúdo "namasté", e mandalas de fondo

Danzas tradicionais da India


Iria, Desiré e Vanesa no obradoiro de debuxos


Mandalas


Obradoiro de debuxos

Desiré, Iria e Vanesa (3º E.S.O.) impartindo a charla


Luz Mery (3º E.S.O.) impartindo a charla e Alejandro de técnico de imaxe e son



Luz Mery falando de Vicente Ferrer

lunes, 30 de noviembre de 2009

VISITA AO C.P.I. "CRUZ DO SAR", BERGONDO

O luns 30 de novembro 3 alumnas do noso centro, acompañadas pola profesora Yolanda Castro, visitaron o C.P.I. Cruz do Sar, en Bergondo (A Coruña) para presentar o noso proxecto Monferosolidario, convidados pola O.N.G. Entreculturas.











martes, 10 de noviembre de 2009

A ESPALDA DO MUNDO




Primeira longametraxe do peruano Javier Corchera, autor de varios documentais como Minuesa, una ocupación con historia (1994); Refugiados (1995); Perú, presos inocentes (1996) o Chiapas, hablan los rebeldes (1998). O guión é do propio Javier Corchera, Fernando León de Aranoa (director de Barrio) e de Elías Querejeta, que é tamén o productor. O guión deste documental comenxou a xestarse en París, nos días nos que se conmemoraba o 50 aniversario da Declaración dos Dereitos Humáns.

Guinder Rodríguez ten once anos. Pertence a unha familia composta por pai, nai, e tres irmáns máis. Viven nunha casa-chabola en Carabaillo, un pobo na periferia de Lima, Perú. Igual que os seus amigos, Michael, Cuti, Raúl e Martín, Guinder trabilla como picapedreiro e intenta compaxinar traballo e educación.










miércoles, 28 de octubre de 2009

PROGRAMA SCHOOL TO SCHOOL



Tras ser galardonados no I Premio de Educación para el Desarrollo "Vicente Ferrer", o noso centro ten o propósito de formar parte do proxecto "School to School" desenvolvido pola Fundación Vicente Ferrer. Teremos a oportunidade de traballar conxuntamente cunha escola en Anantapur, a India, e a través desta colaboración coñecer un pouco máis da India rural, e de igual xeito, achegar a realidade da nosa escola, ubicada no rural galego. Aprenderemos das diferenzas, ainda que descobriremos tamén moitas semellanzas.

Realizaremos moitas actividades para empaparnos da cultura india, entre elas:
  • Charla de sensibilización con proxección de diapositivas en todos os ciclos e niveis educativos.

  • Elaboración de fotografías e textos explicativos relacionados coa vida no rural galego, para establecer comparativas, e exposición das mesmas na Bibliteca Escolar.

  • Exposición sobre a India na Biblioteca Escolar, ofertando libros e material audiovisual sobre a India, e amosando variados obxectos, vestimentas, ornamentos, etc.

  • Obradoiros de mandalas.

  • Menú degustación de xantares típicos da India.


Animámosvos a que, a través do noso blogue Monferosolidario, disfrutedes de interesantes fotografías e documentais sobre a India, consultedes os libros ofertados na nosa Biblioteca, e facades o seguimento deste interesante proxecto no que nos acabamos de embarcar...




Mahatma Gandhi Documental

Mahatma Gandhi Documental biografia


www.Tu.tv

Norte da India

Norte da India


www.Tu.tv

Sur da India

Sur da India


www.Tu.tv

India Amor e devocion documental


www.Tu.tv

lunes, 26 de octubre de 2009

IX ENCONTRO EN REDE.

O sábado 24 de outubro viaxamos a Vigo para participar no IX Encontro da Rede Solidaria da Mocidade de Entreculturas, que se celebrou nesta ocasión no Colexio Montesol. A pesares da chuvia e o mal tempo, disfrutamos enormemente desta xornada lúdico-educativa: tivemos a oportunidade de coincidir de novo con moitas caras coñecidas e afianzar os nosos lazos de amizade, aprender e valorar a interculturalidade a través de variados obradoiros, xantar uns fantásticos macarróns con salsa de tomate e porción de pizza "margarita", planificar as nosas axendas solidarias para o presente curso académico, e divertirnos co espectáculo musical "O deserto de Rub Al-Khali", do dúo DVA.

E como unha imaxe vale máis que mil palabras, aquí deixamos unha magnífica presentación fotográfica deste día tan especial...



10-10:30 Acollida e presentación



11:00 Xogos para os e as rapazas.


12:30 Obradoiro "Conecta e Cambio" para profes e alumnos.


14:00 Xantar


15:30 Xuntanza por grupos.Planificación das nosas axendas solidarias





16:30 Actuación lúdica: "O deserto de Rub Al-khali" polo dúo DVA

17:30 Presentación das axendas solidarias






19:00 Despedida

Pero que ben sairon todas...!. Ainda que a que mellor sain fun eu , que era a que quitaba a foto.