Mostrando entradas con la etiqueta Departamento de Orientación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Departamento de Orientación. Mostrar todas las entradas

jueves, 21 de enero de 2021

PLAN DIRECTOR NOVAS TECNOLOXÍAS

 O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria asistiu o xoves 21 de xaneiro 2021  ao obradoiro impartido pola Garda Civil "Plan Directo Novas Tecnloxías", que ten como obxectivo concienciar aos nenos e nenas do bo uso da tecnoloxía e informarlles sobre os riscos que en ocasión supón utilizar internet, redes sociais, etc. 

martes, 19 de enero de 2021

FORMACIÓN EN MEDIACIÓN

  "O conflito forma parte da natureza humana. Apostar pola convivencia supón buscar opcións pacíficas de abordar os conflitos. Unha destas maneiras é a través da MEDIACIÓN. Esta semana comezamos a formación do alumnado de 1º de ESO que, de forma voluntaria, decidiu formar parte do servizo de mediación do CPIP Virxe da Cela. O martes 19 de xaneiro de 2021 tivo lugar a primeira das oito sesións que conformarán o curso de formación en Mediación organizado polo departamento de Orientación e no que participarán 7 alumnos/as de 1º da ESO. 

      Magú, a orientadora, presentou a Andrea Montero Ramos, educadora social encargada de impartir a formación, e tivemos asimesmo como convidados a catro alumnos/as de 4º da ESO (Marta, Ariadna, Daniel e Hugo), que xa participaron a anterior formación en mediación que tivo lugar no curso académico 2018-2019 e que explicaron aos rapaces/zas a importancia desta experiencia nas súas vidas.

    Esta formación ten como obxectivo desenvolver as habilidades e competencias necesarias para que os futuros mediadores e mediadoras sexan capaces de axudar a persoas que entren nun conflito a chegar a unha resolución pacífica. Contar cun servizo de mediación nun centro educativo, supón:

 - Clima máis pacífico e produtivo. 

 - Mellora das relacións. 

 - Facilita a comunicación. 

 - Reducir a necesidade de acudir a medidas disciplinarias. 

 - Previr a violencia. 

 - Reducir as emocións negativas asociadas aos conflitos."    






viernes, 15 de mayo de 2020

CANDO POIDAMOS VOLVER AO COLE

      O Departamento de Orientación do CPI Plirilingüe Virxe da Cela quere saber que pasa polas cabezas do noso alumnado en relación a como elas e eles ven a futura volta ao cole. Non sabemos cando nin como polo que, seguramente, poidamos sacar moitas e moi boas ideas de todos eles.

     "Dende que o 13 de marzo confináronnos nos nosos fogares, deixando baleiro o Virxe da Cela, as familias asumiron unha gran responsabilidade ao proporcionar entornos de aprendizaxe que ata o momento realizábamos de forma compartida. Esta nova situación que nos tocou vivir fai que cando volvamos á escola pode que teñamos que adaptar as nosas formas de relacionarnos e de utilizar os espazos. Imaxinades ter que falar, xogar, estar na aula,… a unha distancia mínima de dous metros? Non debemos volver con medo, pero si con precaución; tampouco volver sen afecto, pero si gardando as distancias e cunhas normas mínimas de hixiene básica que xa todos e todas coñecemos."   Departamento de Orientación.