jueves, 27 de enero de 2022

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA 2022





    A última semana do mes de xaneiro todo o centro volcouse na celebración do Día Escolar da Paz e da Non Violencia. Todas as aulas sumáronse a un par de propostas para visibilizar a importancia desta data e sensibilizar á comunidade educativa da necesidade dunha convivencia pacífica e enriquecedora. Mostra disto é a elaboración conxunta dun gran panel expositivo que contén lemas e frases para a Paz e á par salienta a importancia de personas ilustres que foron recoñecidas a través dos Premios Nobel da Paz pola súa implicación e contribucións á cultura da Paz. 

    Por outra banda, e en formato audiovisual, elaborouse un videoclip musical. Somos una marea de gente, siempre diferente, remando al mismo compás... Esta é a mensaxe que o cantante Macaco lanza na súa canción "Mensajes del agua". Pois ao ritmo desta melodía os rapaces e rapazas do CPIP Virxe da Cela (Monfero) quixeron celebrar o Día da Paz de da Non Violencia 2022, xa que respectando as diferenzas é valorar a súa riqueza é un paso moi importante para eliminar a violencia. 



DÍA DA PAZ CO CLUB DE LOS LEONES

 


Aproveitando a proximidade dunha data tan importante como o Día Internacional da Paz e da non Violencia, e sumándose a outros actos conmemorativos en torno á paz que se están a celebrar esta semana no CPI Virxe da Cela, o xoves 27 de xaneiro de 2022 o presidente e o secretario do Club de Leones Torre de Hércules visitaron o noso centro escolar para facer unha entrega de obsequios e diplomas ao alumnado participante no Concurso Internacional Cartel de la Paz 2021. 

Baixo o lema "Estamos todos conectados" o nenos e nenas de 6º de educación primaria e 1º da ESO realizaron durante o primeiro trimestre escolar as súas propostas creativas, participando nesta iniciativa para fomentar a cultura pacífica. O cartel seleccionado no noso centro foi autoría do alumno de 1º ESO Iván Pena. 

Guillermo López e José Antonio Gómez aproveitaron a ocasión para explicar a labor social dos clubes de Leones. 




Cartel gañador: Iván Pena Pérez (1º ESO)










miércoles, 12 de enero de 2022

CURTAMETRAXES PARA CAMBIAR O MUNDO

Somos o alumnado de 5º e 6º da educación primaria e presentamos algo moi especial: a creación audiovisual para desenvolver as nosas competencias e para cuestionar problemáticas da nosa sociedade. O facemos coa intención de promover a convivencia e a igualdade. Así, que aquí están: “O colexio imposible” e “O que o fútbol uniu”, dúas curtas feitas con moitísima ilusión e que non serian posibles sen o “superdire: Omar Rabuñal”; grazas por acompañarnos nesta fermosa aventura. Con elas, amosamos dúas situacións escolares que non queremos que se dean nas nosas vidas, pero que por desgraza, acontecen. O facemos co convencemento que a amizade parte da comprensión, da valoración e da empatía cara as demais persoas e cara a propia individualidade. Sigamos o seu exemplo e teñamos tolerancia "0" ante este tipo de condutas. 


O QUE O FÚTBOL UNIU:  

 COLEXIO IMPOSIBLE