Englobada dentro das actividades que realiza o noso centro para a conmemoración do Día Internacional da Paz e da non Violencia (30), a participación no concurso de debuxo "Cartel da Paz" do Club de Leones axudou ao alumnado de 1º da ESO a reflexionar sobre a cultura da paz á vez que desenvolver todo o seu potencial artístico e creativo. O pasado xoves 9 de febreiro de 2023 fíxose a entrega dos diplomas de participación a todos os alumnos e alumnas de 1º da ESO. O cartel seleccionado, autoría de Tatiana, será visibilizado e publicado nun xornal en papel do Club dos Leones.
jueves, 9 de febrero de 2023
ENTREGA DE DIPLOMAS CARTEIS DA PAZ CLUB LEONES
miércoles, 28 de septiembre de 2022
CONCURSO CARTEL DA PAZ
Durante máis de tres décadas os clubes de Leones de todoo mundo patrocinan un concurso de arte moi especial en escolas e agrupacións xuvenís. O lema deste ano é "Liderar con compasión". O alumnado de 1º ESO, nas materias de Relixión e Proxecto Competenciais, unirase a esta iniciativa, tratando de expresar visualmente o futuro pacífico que aportan os líderes compasivos e tratar de inspirar ao mundo a través da arte e da creatividade.
jueves, 27 de enero de 2022
DÍA DA PAZ CO CLUB DE LOS LEONES
Aproveitando a proximidade dunha data tan importante como o Día Internacional da Paz e da non Violencia, e sumándose a outros actos conmemorativos en torno á paz que se están a celebrar esta semana no CPI Virxe da Cela, o xoves 27 de xaneiro de 2022 o presidente e o secretario do Club de Leones Torre de Hércules visitaron o noso centro escolar para facer unha entrega de obsequios e diplomas ao alumnado participante no Concurso Internacional Cartel de la Paz 2021.
Baixo o lema "Estamos todos conectados" o nenos e nenas de 6º de educación primaria e 1º da ESO realizaron durante o primeiro trimestre escolar as súas propostas creativas, participando nesta iniciativa para fomentar a cultura pacífica. O cartel seleccionado no noso centro foi autoría do alumno de 1º ESO Iván Pena.
Guillermo López e José Antonio Gómez aproveitaron a ocasión para explicar a labor social dos clubes de Leones.