Mostrando entradas con la etiqueta Soño Rural. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Soño Rural. Mostrar todas las entradas

martes, 13 de diciembre de 2016

UNHA CLASE MOI ESPECIAL NA FACULTADE DE FORMACIÓN DO PROFESORADO DE LUGO






Unha clase moi especial na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo. Alumnado do CPI Plurilingüe Virxe da Cela (Monfero) impartirá unha clase ao alumnado de primeiro curso do Grao en Mestre/a de Educación Primaria. Nenos e nenos de 5º e 6º de Primaria, explicará aos futuros mestres/as como se traballa na seu colexio empregando metodoloxías innovadoras que permiten conectar aprendizaxe e realidade a favor dun desenvolvemento sostible do rural galego. 

A experiencia que presentarán concrétase nunha campaña de posta en valor do medio rural galego que aglutina un conxunto de actuacións a prol da identificación, valoración e enfrontamento a situacións problemáticas que o configuran dende unha perspectiva activa e resolutiva que é quen de aglutinar o esforzo comunitario. O nexo de unión é a Asociación Infantil e Xuvenil “Soño rural” creada polo alumnado do centro, sendo a encargada de dinamizar e difundir estas actuacións, tarefa que realizarán na Facultade. Neste curso escolar o proxecto deseñado ten por nome "A vaquiña polo que vale", sendo hoxe o alumnado o encargado de presentalo

Destacar que esta experiencia forma parte dos proxectos “Somos paisaxe, somos vida” e de “Monfero Solidario” que desenvolve o Centro educativo e que conta cun gran recoñecemento institucional, sendo o primeiro premiado en varias ocasións dentro do Plan Proxecta, tanto pola Consellaría de Cultura Educación e Orientación Universitaria como pola Consellaría do Medio Rural e Monfero Solidario galardoado co Premio Nacional Vicente Ferrer de Educación al Desarrollo. Un proxecto que ademáis contou co respaldo da Dirección Xeral de Voluntariado pola súa capacidade de entender a aprendizaxe como un servizo á comunidade. 

O encontro, impulsado pola profesora de Socioloxía da Educación, Marta Poncet e pola directora do CPI Plurilingüe Virxe da Cela, Camino Pereiro (antigua alumna da Facultade), se encadra dentro do espírito de esforzo compartido en prol da calidade do ensino en todas as súas vertentes.


lunes, 23 de mayo de 2016

MOCIÓN DEFENSA RURAL

Si fai unhas semanas o alumnado de 5º e 6º de primaria do CPI Plurilingüe Virxe da Cela asistía a un pleno no concello de Irixoa presentando unha moción en defensa do rural baixo a entidade de "Asociación Soño Rural", de novo fixeron a mesma acción de incidencia no Concello de Monfero (sábado 21 de maio de 2016).

viernes, 15 de abril de 2016

PRESENTACIÓN DE ACCIÓNS SOLIDARIAS: PROXECTO "MÓVETE"

     E chegou o momento tan esperado. Despois de varias semanas de intenso traballo o alumnado de educación primaria do CPI Virxe da Cela presentou a proposta de acción solidaria desenvolvida no noso centro dentro do Proxecto "Móvete", nunha xuntanza celebrada o día15 de abril de 2016 na Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela). 
    Esta xornada especial estivo inaugurada por Cecilia Vázquez, Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, quen xa visitou o noso centro fai un par de meses, na presentación oficial do Proxecto Móvete. Cecilia agradeceu ao profesorado e alumnado do CPI Virxe da Cela a súa participación, así como aos otros centros participantes, o CEIP A Lomba (Villagarcía de Arousa) e o CEIP das Fontiñas. 
    Como podemos apreciar si observamos o panel "Soño rural", que xunto con trípticos e pegatinas constitúen os materias impresos que levamos para a presentación do noso proxecto, o CPI Virxe da Cela centrou o seu traballo na revalorización do rural, e o traballo presentado foi unha síntese de todas as aportacións realizadas grazas ao traballo de todo o alumnado e profesorado do centro, incluíndo as etapas de educación infantil e ESO.  Os outros centros fixeron os seus esforzos cára a protección de animáis e para axudar a cubrir as necesidades básicas ao seu redor. 
     Este evento tan importante estivo amenizado pola música de Paco Nogueiras, autor e protagonista do videoclip "Móvete", quen ofreceu un concerto en directo e deixou no aire a súa importante mensaxe "E móvete, non perdas tempo, móvete, que todo conta, e móvete, que a vida movemento é". O teremos en conta!!!




 

miércoles, 13 de abril de 2016

VIVE O RURAL: PROXECTO MÓVETE


O rural, 3º eso virxedacela from satelite1

Aquí vos deixamos a colaboración de 3º da ESO para o proxecto "Móvete", que se está levando a cabo no CPI Virxe da Cela coa intención de "revalorar o noso rural". É unha especie de decálogo recollendo certos aspectos que caracterizan tanto ao rural como ás personas que nel habitan. Cremos que valorar o que temos é o primeiro paso para protexelo e garantilo para as futuras xeracións.  

miércoles, 9 de marzo de 2016

ASOCIACIÓN EDUCATIVA INFANTIL E XUVENIL SOÑO RURAL

Cando dende a administración se nos propuxo a participación no proxecto Móvete, os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria estivemos nuns obradoiros nos que nos demos conta de que o traballo individual non dá tan bos resultados coma o traballo colectivo. Por iso pensamos en organizarnos nunha asociación que se convertera en motor e nos fixera protagonistas dun cambio na nosa contorna converténdoa nun espazo de convivencia e de futuro.
Animados polos nosos mestres xuntámonos para organizarnos e aprender a xestionar as nosas accións de maneira coordinada cos demais dun xeito dialogante e democrático. Así naceu a Asociación Educativa Infantil e Xuvenil Soño Rural, con sede no noso centro educativo e que tentará aglutinar as accións que dende aquí se leven a cabo na procura dun mundo rural vivo, valorado positivamente e cun crecemento sostible que nos permita vivir a todos dunha maneira digna.
Tivemos un acto fundacional da nosa asociación no que decidimos os seus fines e obxectivos i eliximos á xunta directiva; esta está formada por un presidente, unha secretaria e dous vocais. Agora estamos na fase de elaboración e aprobación dos estatutos. Mentres tanto comezamos a traballar.
Para poder levar a cabo os nosos obxectivos temos que dar tres pasos:
    1.    Coñecer a realidade,
    2.    Reflexionar sobre o positivo e negativo do mundo que nos rodea,
    3.    Actuar, conxuntamente coa sociedade na que estamos inmersos, para cambiar o que está mal e potenciar realidades e valores que nos identifican e que son positivos.
Somos conscientes de que a nosa asociación non ten valor institucional fóra da nosa escola, xa que somos menores de idade; sen embargo a través das accións levadas a cabo estaremos aprendendo o funcionamento de calquera tipo de asociación, polo que nos fixemos con un caderno no que a nosa secretaria levanta acta de cada unha das reunión para que non queden esquecidas e se nos lembren os acordos tomados para levalos a cabo.
Unha das primeiras acción que faremos será presentar unha moción de apoio ó mundo rural no Concello de Irixoa, con propostas para que os nosos políticos loiten pola recuperación e mellora da nosa contorna. Xa iremos contando como foi…