jueves, 31 de enero de 2019

DÍA DA PAZ NO VIRXE DA CELA

O martes 29 de xaneiro de 2019 celebramos no CPI Plurilingüe Virxe da Cela un acto conxunto para conmemorar o Día Mundial da Paz (30 xaneiro). Todo o alumnado e profesorado do centro reuniuse no patio cuberto a media mañá para asistir a este acto que iniciose coa na lectura de Poemas para a Paz e tamén o Manifesto para a Paz 2019. A continuación o alumnado de educación infantil e primaria fixeron unha "performance" coa decoración da palabra PAZ en formato xigante utilizando materiais de refugallo, á vez que o alumnado da ESO interpretaba a canción "Imagine", de John Lennon. Un ano máis repartimos chapas co lema da Paz 2019, para poder difundir este mensaxe entre a nosa comunidade educativa.


Celebración do Día Escolar da Paz e a Non Violencia   

          

viernes, 25 de enero de 2019

PREPARACIÓN DO MURAL PARA O DÍA DA PAZ (30 XANEIRO)

O día 30 de Xaneiro conmemórase o Día da Paz e da Non Violencia. O alumnado de 3º da ESO preparou este enorme mural que será decorado nos próximos días con siluetas de mans nas que todos os rapaces e rapazas da nosa escola deixaran a súa pegada lanzando frases e reflexións en torno a Paz.
 

jueves, 24 de enero de 2019

DEFENDEMOS A EDUCACIÓN, SOSTEMOS O MUNDO

Preparados para a Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) 2019?. Este ano baixo o lema "Defendemos a educación, sostemos o mundo" celebrarase do 1 ao 7 de abril destacando o papel fundamental da educación na loita contra a degradación medioambiental e a transformación cara un modelo social e medioambiental sostible. O futuro do noso Planeta depende de que seamos capaces de transformar o noso modelo económico e os sistemas de produción e consumo. A educación pode salvar o Planeta. Por iso é necesario formar a unha cidadanía consciente das causas e consecuencias do cambio climático e outros problemas medioambientais, e dotala de coñecementos, competencias e actitudes necesarios para buscar solucións, cambiar os seus patróns de consumo e transformar a sociedade.

Preme nesta imaxe e visita a páxina web SAME 2019




martes, 15 de enero de 2019

OBRADOIRO DE MEDIACIÓN

Proseguimos neste segundo trimestre o obradoiro de "Mediación entre iguais" no que un grupo de alumnado voluntario de 2º da ESO está a aprender técnicas de resolución de conflitos. 



lunes, 14 de enero de 2019

SUPRIME O CONTROL

Venres 11 decembro 2019. O programa Suprime o Control está organizado pola Deputación da Coruña e ofreceráselle ao alumnado de 3º e 4º da ESO, ás súas familias e ao profesorado, ferramentas coas que traballar a favor da construción de identidades igualitarias, facendo unha especial crítica á violencia machista na adolescencia e á súa reprodución por medio das aplicacións móbiles, das redes sociais, etc. Organizado polo Departamento de Orientación.



viernes, 11 de enero de 2019

COPRODUCIÓN NO DÍA MUNDIAL DA RADIO

Coprodución radiofónica entre o CEIP Barouta e o CPI Virxe da Cela para celebrar o Día Mundial da Radio