Mostrando entradas con la etiqueta RASTRO 2017. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RASTRO 2017. Mostrar todas las entradas

sábado, 1 de abril de 2017

TODO UN ÉXITO A IX EDICIÓN DO RASTRO SOLIDARIO NO CPI VIRXE DA CELA

Todo un éxito a IX edición do xa tradicional Rastro Solidario no Virxe da Cela. Coa ilusión de sempre os alumnos /as, profes, pais , nais e persoal non docente visitaron durante todo o día de hoxe o rastro, facendo as compras dos obxectos expostos. Coma nas últimas edicións, a compra foi por medio do troco con alimentos e...non nos podemos queixar xa que recadamos preto de 29 caixas que serán doadas á Cociña Económica de Ferrol. Tamén na nosa caixiña de donativos recadamos a significativa cantidade de 250,20 € que serán para apoiar á poboación afectada pola emerxencia en Perú  debido ao fenómeno climático de El Niño, que deixou ao seu paso 75 falecidos e 100.000 damnificados, e que enviaremos a través da ONG Ayuda en Acción.
Como complemento á xornada de hoxe o alumnado do centro asistiu a diversos obradoiros de Comercio Xusto e consumo responsable impartidos polos membros da ONG Solidariedade Internacional Galicia.
Queremos agradecer a colaboración das nais da ANPA que estiveron toda a mañá axudando a organizar os alimentos en caixas e a facilitar as compras dos máis pequenos, ao profesorado implicado e por suposto ao alumnado de 4º ESO e 3º ESO xa que sen eles non sería posible a realización de este exitoso  IX Rastro Solidario.

             

martes, 14 de marzo de 2017

RASTRO SOLIDARIO NO VIRXE DA CELA. E XA VAN NOVE!!!!

Un ano máis, e con este xa van nove, celebraremos unha xornada especial o vindeiro venres 31 de marzo. O motivo é a celebración do IX Rastro Solidario, edición vinculada tamén á Operación Quilo. O alumnado de 4º da ESO visitou hoxe todas as aulas do CPI Virxe da Cela, desde infantil ata secundaria, tratando de sensibilizar ao alumnado sobre a súa implicación nesta actividade, e repartindo circulares informativas ás familias. 

Durante os próximos días recolleremos todos aqueles obxectos que podades aportar para vender no Rastro.
 A continuación vos deixamos a circular .