Mostrando entradas con la etiqueta Investigando a Dimensión Global da Educación para o Desenvolvemento. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Investigando a Dimensión Global da Educación para o Desenvolvemento. Mostrar todas las entradas

martes, 15 de noviembre de 2016

III XORNADAS DE EDUCACIÓN para o DESENVOLVEMENTO e A CIDADANIA GLOBAL






O pasado, venres 18 de novembro, dende as 9:45h ata as 16:00h o Centro Público Integrado Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero, desenvolvese coa participación de máis de cento cincuenta persoas as III Xornadas de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global. As xornadas enmárcanse dentro do proxecto “Investigando a dimensión global da Educación para o Desenvolvemento. Un proxecto piloto de investigación-acción colaborativa nun centro educativo de Galicia (Fase I)” subvencionado pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia, e pretenden dar voz e protagonismo tanto ao alumnado como ao profesorado e familias do centro. 

Neste proxecto están participando de xeito colaborativo o CPI Plurilingüe Virxe da Cela, a ONGD Solidariedade Internacional de Galicia e un equipo de investigación da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. O obxectivo do mesmo é o de traballar transversalmente no centro educativo dende a perspectiva da educación para o desenvolvemento, poñendo en relación as problemáticas locais do concello de Monfero, como é o sector lácteo-gandeiro, coas problemáticas globais de inxustiza e desigualdade Norte-Sur (pobreza, Dereitos Humanos, interculturalidade, xénero, sustentabilidade….). 

Durante estas xornadas os auténticos protagonistas serán os nenos e nenas, quenes expoñerán os seus traballos no eido da solidariedade, a loita contra a pobreza e a desigualdade. Os máis cativos participarán en sesións de contacontos e obradoiros sobre consumo responsable. Ademais celebrouse a Carrera Kilómetros de Solidaridad en colaboración con Save the Children cuxa intención é movilizarse e loitar polos dereitos da infancia. Cada quilómetro percorrido conta para chegar á meta: acadar que todas as nenas e nenos do mundo teñan asegurado o cumprimento dos seus dereitos.






viernes, 30 de septiembre de 2016

INVESTIGANDO A DIMENSIÓN GLOBAL DA EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVMENTO

"Investigando a dimensión global da Educación para o Desenvolvemento. Un proxecto piloto de investigación-acción colaborativa nun centro educativo de Galicia", é o título do proxecto de colaboración que se está levando a cabo entre o CPI Virxe da Cela, a Universidade da Coruña e a ONG Solidariedade Internacional Galicia.

O pasado curso académico desenvolveuse a primeira fase do proxecto, fase que rematará a finais de novembro deste ano 2016. Inmediatamente despois dará inicio unha segunda fase do proxecto.


O obxectivo principal do proxecto é analizar como introducir o paradigma da Dimensión Global da ED de xeito transversal no centro educativo CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero aumentando a involucración do profesorado dun xeito significativo para o centro, atendendo aos seus intereses e necesidades.