Mostrando entradas con la etiqueta 8M. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 8M. Mostrar todas las entradas

miércoles, 12 de marzo de 2025

Grazas Candela!

 Co gallo do 8 M tivemos unha convidada moi especial. Veu a visitarnos Candela Pérez, que en decembro quedou subcampeona de Europa de surf, na categoría SUB- 10. 

Explicounos moitas cousas sobre este deporte que a apaixoa, trouxo a súa táboa, vimos vídeos de cómo se collían as olas e comentounos sobre as correntes, os distintos campeonatos aos que ía próximamente e sobre o seu club. 





Moita sorte esta finde e foi un auténtico pracer terte con nós. 

Graciñas!



lunes, 11 de marzo de 2024

DONAS DE SI EN EDUCACIÓN INFANTIL

Dende a etapa de Infantil e dentro do proxecto Donas de sí, as titorías estiveron a traballar o papel importante da familia e o rol das mulleres dentro dela. Este foi o resultado:











viernes, 1 de marzo de 2024

8M


Exposición de fotografías na cortiza do patio cuberto. Un membro maior (varón) do alumno/a  aparece cun cartel na man onde se inclúe un  consello a transmitir ás nenas de hoxe en día).

No corredor de secundaria podedes visitar esta interesante exposición para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, que recolle a biografía e fai repaso dos logros de diferentes mulleres galegas en diferentes eidos: a arte, a literatura, o deporte, a pedagoxía, a ciencia, etc. Figuras destacadas como Rosalía de Castro, Isabel Zendal, Verónica Boquete, Maruja Mallo, entre outras, son as mulleres protagonistas desta exposición. 




lunes, 5 de febrero de 2024

Día da muller (8M)

Para celebrar esta conmemoración, dende o centro propuxemos facer unha exposición fotográfica na que se vira presente consellos sabios para as nenas de hoxe en día. 

Para isto, pedímoslle ao alumnado que escollese un home significativo para eles e elas e lle fixera a seguinte pregunta: que consello lle darías as nenas de hoxe en día?

Con esta proposta poñemos en valor a oponión e a visión de homes de xeracións pasadas respecto a evolución do rol da muller de hoxe en día. Este foi o resultado:







lunes, 15 de enero de 2024

VII CONCURSO PARA DESÑO DE CARTELES 8 MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

A Secretaría Xeral da Igualdade e no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades promove o concurso do deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller, no que poderán participar os centros educativos galegos. Como en anos anteriores, o obxectivo é fomentar a promoción da igualdade a través dunha acción que visibilice a contribución das mulleres nos distintos ámbitos e promova a reflexión sobre os estereotipos de xénero que aínda existen na sociedade, as causas e a orixe da discriminación de xénero, así como o camiño que as mulleres tiveron que percorrer para ver recoñecidos os seus dereitos.

O contido do cartel deberá transmitir unha mensaxe positiva sobre a participación activa das mulleres na sociedade e promover a loita contra as desigualdades de xénero.

O prazo de presentación dos traballos remata o vindeiro 22 de febreiro.

00 BASES Concurso Carteis 8M 2024-Sen Anexo by veracruces on Scribd

lunes, 20 de marzo de 2023

8-M

Dentro da programación do 8-M, todo o centro educativo involucrouse na proposta de renomear as aulas do centro con figuras importantes femininas. Cada aula investigou e escolleu a muller de referencia coa que quixeron renomear a súa aula. Para facelo tiveron á súa disposición unha mesa da biblioteca chea de materiais sobre mulleres artistas, científicas, escritoras... galegas, españolas e estranxeiras. No seguinte vídeo amosamos o resultado! Mirádeo e coñecede as nosas novas aulas!






miércoles, 8 de marzo de 2023

CONMEMORACIÓN DO DÍA DA MULLER NO CPI VIRXE DA CELA

Durante a primeira semana do mes de marzo reaizáronse no noso centro diferentes actividades vinculadas á conmemoración do Día Internacional da Muller (8M): nomeamento e rotulación das portas do centro con persoaxes femininas de importancia en diferentes eidos, elaboración de podcasts radiofónicos (2º ESO materias de Relixión e Valore Éticos), exposición bibliográfica, etc. Queremos tamén destacar a iniciativa levada a cabo polo ANPA do centro, un concurso que homenaxeaba ás referentes femininas do alumnado participante.

Cartel 8M AMPA


Elaboración de podcast radiofónico 8M, alumnado 2º ESO nas materias de Relixión e Valores Éticos

viernes, 3 de marzo de 2023

PROPOSTA 8M CPI VIRXE DA CELA


As mestras que coordinan a conmemoración do 8M no noso centro fan unha proposta para que todo o profesorado con aula propia (titorías e especialistas), renomeen as súas aulas con figuras importantes femininas. Cada titor ou especialista estará encargado de facer o cartel co seu alumnado, seguindo unha un modelo de plantilla. Para deixar constancia de todas as propostas, realizarase un video documentando as portas coas novas cartelerías. 

Na exposición 8M que está instalada na Biblioteca Castelao pódense consultar os materiais dispoñibles, que vos poden servir de inspiración para escoller a figura da muller relevante. 

De xeito paralelo a esta proposta principal, ofreceráselle ao profesorado titor da etapa de primaria uns materiais dos Bolechas cos que traballar a igualdade e que buscan eliminar estereotipos de xénero. O material dos Bolechas tamén está dispoñible no seguinte enlace: https://osbolechas.gal/igualdade/


martes, 24 de enero de 2023

CONCURSO DE CARTEIS 8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Unha vez se publiquen as bases reguladoras que se adxuntan na web da Secretaría Xeral da Igualdade e no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, estará aberto o prazo para o concurso do deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller, no que poderán participar os centros educativos galegos. 

Como en anos anteriores, o obxectivo é fomentar a promoción da igualdade a través dunha acción que visibilice a contribución das mulleres nos distintos ámbitos e promova a reflexión sobre os estereotipos de xénero que aínda existen na sociedade, as causas e a orixe da discriminación de xénero, así como o camiño que as mulleres tiveron que percorrer para ver recoñecidos os seus dereitos. O contido do cartel deberá transmitir unha mensaxe positiva sobre a participación activa das mulleres na sociedade e promover a loita contra as desigualdades de xénero. 

O prazo de presentación dos traballos remata o vindeiro 17 de febreiro. Co fin de axilizar a recepción dos traballos, os centros deberán adiantar a proposta do traballo á Secretaría Xeral da Igualdade mediante o envío (cartel en formato PDF ou JPG e a información identificativa do anexo I (datos do alumnado e do Centro educativo) ao seguinte enderezo electrónico: concurso8m.igualdade@xunta.gal


00_BASES_Concurso_Carteis_8M_2023 by veracruces on Scribd

Anexo I Concurso Carteis 8M 2023 by veracruces on Scribd

martes, 8 de marzo de 2022

II CONCURSO A PROL DA IGUALDADE E CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

    O Concello de Irixoa organiza o "II Concurso da Prol da Igualdade e Contra a Violencia de Xénero", aproveitando a conmemoración do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller. Neste concurso haberá dúas categorías: de 3 a 7 anos e de 8 a 12 anos, e tratarase de realizar un traballo escrito (poesía, lema, frase), debuxo ou mixto coa temática a favor da igualdade e en contra da violencia de xénero. O prazo para participar neste concurso  remata o 15 de marzo de 2022. 



8 MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O Día Internacional da Muller, anteriormente denominado Día Internacional da Muller Traballadora, conmemora cada 8 de marzo a loita das mulleres pola súa participación na sociedade e o seu desenvolvmento íntegro como persoa, en pé de igualdade co home. 

O Departamento de Orientación do CPI Virxe da Cela elaborou unhas directrices para guiar o traballo nas titorías e nas aulas. 

Proposta Actividades 8 de Marzo by veracruces on Scribd