Mostrando entradas con la etiqueta Obxectivos do Milenio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Obxectivos do Milenio. Mostrar todas las entradas
viernes, 9 de octubre de 2015
E DESPOIS DE NUEVA YORK?
El pasado fin de semana (25-27 de septiembre) más de 190 jefes de Estado y de Gobierno se reunieron en la sede de Naciones Unidas de Nueva York para aprobar la nueva Agenda de Desarrollo Global. En concreto, 17 objetivos y 169 metas que definen una hoja de ruta orientada a luchar contra la pobreza, la desigualdad y el cambio climático durante los próximos 15 años. Dentro de esos 17 Objetivos de Desarrollo Sostenible (ODS), el número 4 es el que hace referencia a “garantizar una educación de calidad inclusiva y equitativa, y promover oportunidades de aprendizaje permanente para todos y todas”. Con la ratificación de estos ODS el mundo se ha comprometido a que todas las niñas y niños tengan una enseñanza primaria y secundaria completa, gratuita, equitativa y de calidad que produzca resultados de aprendizajes pertinentes y efectivos. El año 2015 constituye una oportunidad histórica y sin precedentes para que los países de todo el mundo pongan en marcha nuevas medidas con las que caminar hacia el cumplimiento real de estas metas. Desde Entreculturas seguiremos haciendo incidencia para que los líderes mundiales y nuestro Gobierno cumplan los compromisos en materia de educación universal y avancen de aquí a 2030 hacia un mundo en el que todos los niños y niñas tengan acceso a una educación de calidad. Para ello queremos seguir contando contigo. Apoya nuestra labor y hazte socio/a de Entreculturas para darnos más fuerza.
Etiquetas:
Entreculturas,
Obxectivo 4,
Obxectivos do Milenio
viernes, 12 de junio de 2015
FINALISTAS NO FESTIVAL OLLOBOI
O noso centro co mini-documental “Os obxectivos do Milenio, unha visión dende o CPI Virxe da Cela", resultou finalista na categoría “Peleóns” (categoría que premia aos audiovisuais coa temática máis reivindicativa e comprometida), nesta nova edición do Festival Audiovisual Galego Olloboi, ao que se presentaron 60 centros educativos cun total de 150 traballos.
A gala, que tivo a súa final o 30 de maio en Boiro, resultou todo un éxito, tanto de público como de participación.
O día comezou pola recepción dos participantes nas instalacións do Náutico de Cabo de Cruz. Desde alí os participantes dirixímonos a nave de Asteleiros Triñanes, que por un día se transformou en sala de cine. Alfonso Zarauza e Luis Avilés presentaron nela as súas películas “Encallados” e “Unary”.
Os actos remataron na Casa de Cultura da Cachada coa gala de entrega de premios, conducida polos actores Federico Pérez e X.A. Touriñán e coa colaboración musical do alumnado de Música do CPI de Dodro. Contouse, asemade, coa presenza dos membros do Xurado: o profesor Nacho Rodiño, o técnico de cultura de Boiro Alberto García e a actriz Sabela Hermida.
Non acadamos o premio final pero xa somos uns gañadores por chegaren ata aquí. Felicitar tamén ao CPI Conde de Fenosa de Ares que resultou finalista na categoría de “Embarcacións tradicionais” co seu vídeo "Meteorefráns".
Parabéns a todos os alumnos e alumnas que participáchedes no traballo, aos que estades no centro e aos que estabades o ano pasado en 4º ESO e xa non estades, xa que este traballo comezou a xestarse no curso pasado.
Etiquetas:
audiovisuais,
FESTIVAL OLLOBOI 2015,
Obxectivos do Milenio,
Olloboi
lunes, 10 de noviembre de 2014
sábado, 8 de marzo de 2014
OS ODM: UNHA VISIÓN DESDE O CPI VIRXE DA CELA
Este é o título do primeiro dos mini documentais que os
alumnos e alumnas da ESO están a realizar na materia de Relixión, sobre os Obxectivos de Desenvolvemento
do Milenio. A este seguirán 8 cortos mais, un por cada ODM. Este traballo enmárcase dentro do proxecto "Cooperación Galega: O Mundo
que Queremos", (Plan Proxecta 2013-2014).
PODCAST: "Os Obxectivos do Milenio: unha visión desde o CPI Virxe da Cela"
Etiquetas:
Obxectivos do Milenio,
ODM
martes, 3 de diciembre de 2013
OBRADOIRO DE COEDUCACIÓN E EDUCACIÓN NON SEXISTA
Catro voluntari@s da Cruz Vermella de Betanzos visitaron o noso centro para impartir unha charla-obradoiro ao alumnado de 3º e 4º da ESO, centrándose na temática da coeducación e a educación non sexista. Mediante a realización de diversas dinámicas pretendeuse sensibilizar aos mozos e mozas sobre a gran desigualdade que existe todavía entre os xéneros, analizando toda unha serie de prexuízos que están no ollar das persoas e que como consecuencia dan lugar a unha situación de desigualdade e incluso de violencia. Algo tan sinxelo como interpretar o conto da Cincenta ao revés... como cambia a historia!! No obradoiro os voluntarios da Cruz Vermella servíronse tamén de fragmentos de vídeos e de documentos excritos para analizar as diferenzas entre xénero e sexo e loitar contra moitos estereotipos. Esta é unha actividade organizada a través do Departamento de Orientación e que aproveitaremos desde Monferosolidario para abordar o 2º Obxectivo (ODM): promover a igualdade entre os xéneros e a autonomía da muller.
viernes, 1 de noviembre de 2013
QUEN CONTROLA A ECONOMÍA MUNDIAL?
Este curso temos programado traballar a fondo os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio. O ano 2015 é a data fixada para a consecución destes oitos obxectivos, non obstante, temos a sensación de que estas metas non se van acadar, é máis, incluso parece que en algúns deles estámonos a máis longa distancia de conseguilo que no ano 2000. Interesante este artigo que nos envía o noso ex-alumno e colaborador Antonio González, no que se bosquexan as claves para entender o reparto desigual das riquezas do mundo... será que a tarta está repartida entre tan só uns poucos?
Etiquetas:
Economía,
Obxectivos do Milenio,
pobreza
lunes, 10 de octubre de 2011
SEMANA DE MOBILIZACIÓN CONTRA A POBREZA
Entre o 9 e o 17 de outubro de 2011 celébrase en toda España a Semana de Mobilización contra a Pobreza. Desde o ano 2005 a sociedade mundial mobilízase durante esta Semana para esixir aos líderes políticos o fin da pobreza. Acabar coa pobreza é unha decisión política e o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio é o primeiro paso para acadala. Existen medios suficientes, tecnoloxías, desenvolvemento e capacidade para cumprilos. Tan só esixe vontade política por parte dos Estados.
A erradicación da pobreza só é posible co apoio e o esforzo de todas e todos. Todos podemos colaborar dando a coñecer a situación, sensibilizando ás nosas familias e compañeiros e compañeiras do centro educativo e actuando para que a erradicación da pobreza antes do ano 2015 sexa unha realidade e non só un soño. TODOS SOMOS RESPONSABLES.
Convidámoste a participar na Semana de Mobilización contra a Pobreza. Este ano, baixo o lema: ÚNETE Á REBELIÓN
“A pobreza non é un fenómeno natural. É o resultado da acción humana e pode ser superada e erradicada coas accións dos seres humanos” . Nelson Mandela
SOMOS A PRIMEIRA XERACIÓN QUE PODE ERRADICAR A POBREZA.
Etiquetas:
Obxectivos do Milenio,
pobreza
Suscribirse a:
Entradas (Atom)