jueves, 29 de abril de 2021

PRESENTACIÓN SERVIZO DE MEDIACIÓN

Un grupo de alumnos/as de 1º da ESO (Silvia, Eva, Lucía, Iria, Diego C., Bruno e Marcos), acompañados pola orientadora Magú Puchades, visitaron as aulas de educación primaria para presentar o Servizo de Mediación.







Tríptico - Servizo de Mediación CPIP Virxe Da Cela by veracruces on Scribd

ENTREGA PREMIOS CONCURSO IGUALDADE CONCELLO IRIXOA

 Entrega de premios Concurso Igualdade Concello Irixoa. Adelaida Abad (traballadora social) Antonio Deibe (alcalde), Camino Pereiro(directora), Magú Puchades (orientadora). Trabajos premiados Hugo Lucía (4º ESO), Elisa (5º EI). Xoves 29 abril 2021. Recreo









martes, 27 de abril de 2021

OBRADOIRO DE CIBERACTIVISMO POLA EDUCACIÓN

Alicia Barros (ONG Ecos del Sur) e Lorena Boga (Ayuda en Acción) visitaron o noso centro o martes 27 abril para impartir o obradoiro "Ciberactivismo pola Educación" ao alumnado da ESO (de 10:35 a 12:15 a 3º e 4º ESO; de 12:35 a 14:00 1º e 2º ESO. Campaña Mundial pola Educación 2021: Mil Millóns de Voces

    O obradoiro "Ciberactivismo pola Educación" ten como obxectivo promover o coñecemento e a implicación da comunidade educativa galega coa CME (Campaña Mundial pola Educación) e cos seus obxectivos, así como favorecer o pensamento crítico e fomentar a participación e a mobilización social do alumnado a través da súa participación do xeito máis creativo e novidoso posible na campaña #MilMillonesdeVoces. 

   Partindo do Obxectivo do Desenvolvemento Sostible ODS 4 (reivindicación dunha educación para gratuíta, equitativa e de calidade para todos e todas), analizaranse as secuelas que a pandemia Covid-19 está deixando en millóns de nenos e nenas que se ven privados do dereito á educación, e animarase aos rapaces e rapazas a unirse a esta campaña que, lanzada a nivel internacional en máis de 100 países, pretende asegurar un aumento no financiamento público da educación.

    Durante o obradoiro o alumnado da ESO empezou a deseñar contidos dixitais (memes, stickers, gifs, etc), que rematarán nas próximas sesións das materias de Valores Éticos e Relixión. De maneira voluntaria poderán participar no concurso #MilMillonesdeVoces en redes sociais da CME Galega onde se sortean 4 tablets.

 Enlace sobre o concurso de #MilMillonesdeVoces:









Cartel Para Impri Mir by veracruces on Scribd

lunes, 26 de abril de 2021

ALUMNADO DE 4º ESO RECIBINDO OS REGALOS DA FASE PROVINCIAL 37 CONCURSO ONCE

O alumnado de 4º da ESO foi finalista na categoría provincial do XXXVII Concurso Escolar Once. É todo un orgullo chegar a esta fase do concurso, e, por que non, é un pracer recibir por isto un agasallo. Nesta ocasión un kit de lentes para os nosos teléfonos móbiles, así temos á nosa disposición recursos tecnolóxicos, pero... ollo! tal como aprendimos no concurso, os utilizaremos con sentidiño!!








viernes, 23 de abril de 2021

23 ABRIL: DÍA DO LIBRO. DE NENAS E LENDAS

Hoxe, venres 23 de abril de 2021, conmemoramos o Día do Libro a través da lectura da obra "De nenas e de lendas", que recolle a biografía e os logros dun grupo de mulleres deportistas españolas. O alumnado de 4º da ESO, tras a lectura dos textos, iniciaron un interesante debate en torno á situación da muller no deporte, analizando como todavía no século XXI temos moito camiño que recoller para visibilizar os logros das mulleres deportistas. Con esta actividade unímonos á proposta da ONG de Taller de Solidariedade, e permitiranos alcanzar a segunda medalla, Medalla Azul, da Olimpiada da Solidariedade. 



CartelMedallaAzul- by veracruces on Scribd

martes, 20 de abril de 2021

COÑECES O SERVIZO DE MEDIACIÓN?

Que e iso da "mediación"? Descubriches signos de interrogación nos corredores do centro? Pois, paciencia, en poucos días despexaranse todas as incógnitas!!. Campaña de promoción do Servizo de Mediación Escolar CPIP Virxe da Cela.




COEDUCANDO A TRAVÉS DA LECTURA E O DEPORTE

 Aínda que faltan uns días para celebrar o Día do Libro (será o vindeiro venres 23 de abril), o alumnado de 3º da ESO aproveitou a sesión de Valores Éticos+Relixión para facer unha lectura colectiva do libro "De nenas e lendas",  acción que nos axudará a acadar a segunda medalla (Medalla Azul) da Olimpiada da Solidariedade (proxecto promovido pola ONG Taller de Solidariedade). Nesta actividad unimos deporte e lectura para promover un cambio de actitudes e unha visión crítica, reivindicando a visibilización da muller no deporte. 






lunes, 19 de abril de 2021

RESUMO DA CARREIRA SOLIDARIA 2021. CPIP VIRXE DA CELA

Compartimos convosco este vídeo que recolle algúns dos momentos máis representativos da Carreira Solidaria 2021 realizada no CPIP Virxe da Cela para axudar aos nenos/as da República Democrátiva do Congo (iniciativa da ONGD Save the Children).
 

viernes, 16 de abril de 2021

MICROEXPERIENCIAS PARA A TRANSFORMACIÓN SOCIAL

Este ano tamén participaremos, ao igual que nos dous últimos cursos anteriores, no proxecto O Globo promovido pola ONG Solidariedade Internacional Galicia. Coa súa metodoloxía "Luces, Cámara, Acción", trataremos de levar a cabo miniexperiencias para a transformación social. Durante a semana do 12 ao 16 abril 2021 o alumnado da ESO, a través dunha elección dialogada,  tratou de mirar desde a súa contorna máis próxima (o local) ata a totalidade do mundo (o global) para determinar cales son os problemas que lle preocupan e partindo deste "quilómetro 0", tratar de buscar posibles solucións.




jueves, 15 de abril de 2021

NARRATIVAS DIXITAIS E EDUCACIÓN PARA O CAMBIO SOCIAL

Profesorado do CPIP Virxe da Cela comezará a formación práctica gratuíta en Narrativas dixitais para traballar nas aulas a Educación en Valores que ofrece a ONG Agareso. Exploraremos as narrativas contemporáneas e descubriremos o seu potencial comunicativo, así como para fomentar a reflexión colectiva en entornos educativos. Coñeceremos estratexias e boas prácticas para introducir apps, multimedia e redes sociais no traballo con contidos ao redor da xustiza social, a inclusión, a sustentabilidade, a convivencia e o desenvolvemento. Será unha formación virtual que combinará o modelo expositivo coa realización de traballos prácticos.






viernes, 9 de abril de 2021

O GLOBO: ENCONTRO VIRTUAL DO PROFESORADO

 O venres 9 abril 2021 tivo lugar un encontro virtual do profesorado participante no proxecto "O Globo" (Plataforma Zoom). María Caride, técnico da ONG Solidariedade Internacional Galicia foi guiando este encontro, achegando diferentes materiais e explicacións moi para que o profesorado participante no observatorio "O Globo" poda ir orientando a súa práctica educativa e acadar o obxectivo: que o alumnado dos centros lebe a cabo microexperiencias para a transformación social. 


FORMACIÓN PROFESORADO by veracruces on Scribd

Guia Luces-camara-Acción Para as Aulas by veracruces on Scribd

jueves, 8 de abril de 2021

ENCONTRO VIRTUAL DO I PREMIO GALEGO EPDCG






xoves, 8 de abril, de 18.30 a 20:00 horas. Plataforma Zoom

O xoves, día 8 de abril, celebrouse un acto virtual que tivo coma obxectivo o recoñecemento aos centros educativos participantes na primeira edición do I Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global (Plataforma Zoom, de 18:30 a 20:00 horas). Do acto participou o profesorado, representantes da Coordinadora Galega de ONGD e Solidariedade Internacional de Galicia, así coma os membros do xurado. Como despedida deste encontro contamos coa experiencia das "Cholitas Escaladoras"

Nesta primeira edición participaron 19 centros educativos ( (7 correspondentes á Categoría A: Educación Infantil e Primaria; e 12 correspondentes á Categoría B: ESO, Bacharelato, Formación Profesional, Centros de Ensinanza de Réxime Especial e Ensinanzas Artísticas) que presentaron experiencias educativas, proxectos e propostas pedagóxicas realizadas durante os dous últimos cursos escolares: 2019-2020 e 2018-2019. Un xurado composto por seis persoas vinculadas ao mundo da educación, a cooperación e a Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global en Galicia avaliou as candidaturas e aprobou por unanimidade a resolución do Premio.O CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo e o CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero foron os dous centros gañadores desta primeira edición. Nos seguintes videos podes coñecer todas as experiencias participantes;

 
              

GAÑADORES DO I CONCURSO A PROL DA IGUALDADE E CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 2021

 O Concello de Irixoa fallou os premios do I Concurso a Prol da Igualdade e Contra a Violencia de Xénero 2021. Os gañadores son alumnos/as que cursan os seus estudos no CPIP Virxe da Cela: Elisa Fernández Vázquez (5º de educación infantil) e Hugo Lucía Romero (4º da ESO). O premio deste concurso consiste en visibilizar e difundir as obras gañadoras e así sensibilizar á poboación da importancia da igualdade e a loita contra a violencia de xénero. No caso do debuxo gañador de eduación infantil será unha mochila serigrafiada e co debuxo gañador da ESO unha libreta-axenda co debuxo gañador na portada.






Acta Reunión Concurso Igualdade 31 Marzo 2021 by veracruces on Scribd

CARREIRA SOLIDARIA SAVE THE CHILDREN 2021

Por motivos metereolóxicos adiantouse para hoxe, xoves 8 de abril de 2021, a Carreira Solidaria organizada pola ONG Save the Children. Como en anos anteriores, todo o alumnado e profesorado do centro aproveitou esta ocasión para celebrar una acción conxunta, iso si, respectando o protocolo Covid-19. A pesares do uso das máscaras o alumnado foi quen de chegar a meta, aínda que neste caso o importante non era gañar a carreira, senón sensibilizarnos ante os problemas do mundo. Grazas ás pequenas aportacións a modo de donativo, poderemos axudar aos nenos e nenas da República Democrática do Congo, xuntos correremos para loitar contra a neumonía e a desnutrición infantil. 











martes, 6 de abril de 2021

OLIMPIADAS DA SOLIDARIEDADE: 6 ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO DEPORTE E DA PAZ

Hoxe, 6 de abril de 2021, celebramos o "Día Internacional do Deporte e da Paz" participando na primeira das actividades programadas no proxecto "Olimpiadas da Solidariedade", unha iniciativa da ONG Taller de Solidariedade. 

Os rapaces e rapazas da ESO, nas materias de Relixión e Valores Éticos, xogaron  a unha particular modalidade de "Brilet Solidario": un xogo de balón prisioneiro no que, ademais de facer deporte e divertirnos, o alumando reflexionará sobre a interacción dos dereitos humanos coas reglas básicas do xogo, isto é, poñer o deporte ao servizo do desenvolvemento armónico do ser humano coa finalidade de favorecer o establecemento dunha sociedade pacífica e comprometida co mantemento dos Dereitos Humanos. Nesta particular versión do xogo do brilet o noso alumnado poido experimentar a privación de dereitos fundamentais: dereito á vida, dereito á educación, igualdade, liberdade de pensamento, liberdade de pensamento e asilo, etc... a través de normas específicas como xogar cunha soa man, privados de calzados, eliminar xogadores arbitrariamente, etc..

Realizando esta actividade acaderamos a primeira das medallas olímpicas: a Medalla Negra.

Cartel Medal La Negra by veracruces on Scribd