Mostrando entradas con la etiqueta Mil Millóns de Voces. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Mil Millóns de Voces. Mostrar todas las entradas

martes, 4 de mayo de 2021

MIL MILLÓNS DE VOCES POLA EDUCACIÓN DESDE O CPIP VIRXE DA CELA

O alumnado do CPIP Virxe da Cela lanza a súa voz a prol da educación, partipando activamente na Campaña Mundial pola Educación. Durante o obradoiro de “Ciberactivismo” (que tivo lugar o pasado martes 27 de abril) o alumnado da ESO empezou a deseñar contidos dixitais (memes, stickers, gifs, etc), que rematarán nas próximas sesións das materias de Valores Éticos e Relixión. De maneira voluntaria poderán participar no concurso #MilMillonesdeVoces en redes sociais da CME Galega onde se sortean 4 tablets. 
 Enlace sobre o concurso de #MilMillonesdeVoces: http://Bit.ly/CONCURSO_CME

https://www.facebook.com/CMEGalicia/posts/3971244152951147 https://www.instagram.com/p/COKdxOlDZk-/?utm_source=ig_web_copy_link


























martes, 27 de abril de 2021

OBRADOIRO DE CIBERACTIVISMO POLA EDUCACIÓN

Alicia Barros (ONG Ecos del Sur) e Lorena Boga (Ayuda en Acción) visitaron o noso centro o martes 27 abril para impartir o obradoiro "Ciberactivismo pola Educación" ao alumnado da ESO (de 10:35 a 12:15 a 3º e 4º ESO; de 12:35 a 14:00 1º e 2º ESO. Campaña Mundial pola Educación 2021: Mil Millóns de Voces

    O obradoiro "Ciberactivismo pola Educación" ten como obxectivo promover o coñecemento e a implicación da comunidade educativa galega coa CME (Campaña Mundial pola Educación) e cos seus obxectivos, así como favorecer o pensamento crítico e fomentar a participación e a mobilización social do alumnado a través da súa participación do xeito máis creativo e novidoso posible na campaña #MilMillonesdeVoces. 

   Partindo do Obxectivo do Desenvolvemento Sostible ODS 4 (reivindicación dunha educación para gratuíta, equitativa e de calidade para todos e todas), analizaranse as secuelas que a pandemia Covid-19 está deixando en millóns de nenos e nenas que se ven privados do dereito á educación, e animarase aos rapaces e rapazas a unirse a esta campaña que, lanzada a nivel internacional en máis de 100 países, pretende asegurar un aumento no financiamento público da educación.

    Durante o obradoiro o alumnado da ESO empezou a deseñar contidos dixitais (memes, stickers, gifs, etc), que rematarán nas próximas sesións das materias de Valores Éticos e Relixión. De maneira voluntaria poderán participar no concurso #MilMillonesdeVoces en redes sociais da CME Galega onde se sortean 4 tablets.

 Enlace sobre o concurso de #MilMillonesdeVoces:









Cartel Para Impri Mir by veracruces on Scribd

viernes, 12 de marzo de 2021

MIL MILLÓNS DE VOCES PARA A EDUCACIÓN

A Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) celébrase anualmente no mes de abril. Este ano, baixo o lema "Mil Millóns de Voces", terá como obxectivo abordar, de maneira urxente, a falta de financiación da educación, agravada pola pandemia da Covid-19, e que está a afectar negativamente ao progreso de toda a axenda do desenvolvemento sostible, e concretamente, ao Obxectivo do Desenvolvemento Sostible (ODS) número 4. 



Un ano máis, estamos inmersos no desenvolvemento da Campaña Mundial pola Educación, unha acción que ten por obxectivo sensibilizar e mobilizar á cidadanía como portavoz e activista do Dereito á Educación e incidir nos representantes políticos para que cumpran os seus compromisos con este Dereito. Unha das accións con máis forza dentro da Campaña Mundial pola Educación é a SAME (Semana de Acción Mundial pola Educación) que este ano celébrase do 26-30 abril. No mes de maio do pasado ano, o peche de colexios afectou a máis do 90% da poboación estudantil de todo o mundo, o que supuxo que máis de 1.500 millóns de nenos, nenas e mocidade non puidesen acudir aos seus centros educativos. Este ano, queremos poñer voz e rostro a eses millóns de estudantes que se quedaron fora das aulas, mil millóns de voces cunha historia que merece ser escoitada e un dereito á educación que non debe ser ignorado. Baixo o lema #MilMillonesdeVoces e a través dos materiais que axuntamos nesta comunicación así como as actividades de mobilización, sensibilizaremos á poboación entorno á importancia de defender a financiación da Educación como ferramenta fundamental para que ninguén se quede atrás na recuperación fronte á crise social, económica e sanitaria xerada pola COVID-19. #MilMillonesdeVoces xurde do que nenos e nenas contáronos a través da acción da #MejorLección. Escoitar á infancia sobre todo en asuntos que lles concirnen e unha maior inversión en Educación é imprescindible para asegurar que ningún neno o nena se quede atrás. Ademais, queremos denunciar como a pandemia está agravando os retos para acceder a unha educación equitativa, inclusiva e de calidade para todas as persoas poñendo en perigo a financiación do Dereito á Educación. A continuación, podedes encontrar os materiais para poder sumarvos á Campaña Mundial pola Educación 2021. Ademáis, podedes acceder aos materiais online a través do landing: https://milmillonesdevoces.cme-espana.org/gl/ E deixámosvos neste correo ademais os arquivos coas UDs, para que volos poidades descargar e utilizar. Súmate ao lanzamento de #MilMillonesdeVoces! O Equipo da CME Galicia