lunes, 30 de enero de 2023

DÍA DA PAZ NO CPI VIRXE DA CELA

Hoxe, luns 30 de xaneiro de 2023, conmemoramos o Día da Paz e da Non Violencia nun acto conxunto no que todo o alumnado e profesorado do centro visibilizaremos unidos o noso compromiso cara á erradicación da violencia e o establecimento dunha cultura da paz no noso día a día. Ás 12:00 todos os grupos reuníronse no patio cuberto e os nenos e nenas foron achegándose ordenadamente a unha fermosa árbore que mercou a AMPA para ir colgando etiquetas cos seus desexos para adacar a paz. Posteriormente un voceiro de cada clase recitou para os/as asistentes a frase da paz que representaba ao seu grupo. A música deu lugar á clausura do acto, e os alí presentes bailaron e cantaron ao son do tema "Apertas que Voan" de Paco Nogueiras. 
 
 
   
 
 







sábado, 28 de enero de 2023

DÍA ESCOLAR DA PAZ 2023

 Esta última semana do mes de xaneiro todo o centro volcouse na celebración do Día Escolar da Paz e da Non Violencia. Todas as aulas sumáronse a un par de propostas para visibilizar a importancia desta data e sensibilizar á comunidade educativa da necesidade dunha convivencia pacífica e enriquecedora. Mostra disto é a elaboración conxunta do mural da paz e a decoración das portas das aulas con frases para a Paz .

martes, 24 de enero de 2023

CONCURSO DE CARTEIS 8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Unha vez se publiquen as bases reguladoras que se adxuntan na web da Secretaría Xeral da Igualdade e no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, estará aberto o prazo para o concurso do deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller, no que poderán participar os centros educativos galegos. 

Como en anos anteriores, o obxectivo é fomentar a promoción da igualdade a través dunha acción que visibilice a contribución das mulleres nos distintos ámbitos e promova a reflexión sobre os estereotipos de xénero que aínda existen na sociedade, as causas e a orixe da discriminación de xénero, así como o camiño que as mulleres tiveron que percorrer para ver recoñecidos os seus dereitos. O contido do cartel deberá transmitir unha mensaxe positiva sobre a participación activa das mulleres na sociedade e promover a loita contra as desigualdades de xénero. 

O prazo de presentación dos traballos remata o vindeiro 17 de febreiro. Co fin de axilizar a recepción dos traballos, os centros deberán adiantar a proposta do traballo á Secretaría Xeral da Igualdade mediante o envío (cartel en formato PDF ou JPG e a información identificativa do anexo I (datos do alumnado e do Centro educativo) ao seguinte enderezo electrónico: concurso8m.igualdade@xunta.gal


00_BASES_Concurso_Carteis_8M_2023 by veracruces on Scribd

Anexo I Concurso Carteis 8M 2023 by veracruces on Scribd

PARTICIPACIÓN INFANTIL NOS DEREITOS DA INFANCIA

No ano 2022 o CPI Virxe da Cela participou nunha actividade dentro do proceso participativo polos dereitos da infancia da Plataforma de Infancia. A Fundación  Ayuda en Acción visitou nesa ocasión o noso centro escolar coa intención de dar a coñecer ás nenas e nenos o dereito a Participación Infantil. As opinións e propostas achegadas por todos os grupos de infancia que participaron, entre os que estamos nós, foron recollida no documento que se presenta neste blog. Este documento será remitido ás persoas responsables das políticas de infancia en Galicia, a todos os grupos de participantes e amosado en RRSS, coa finalidade de crear unha cultura favorable á escoita dos nenos, nenas e adolescentes.

Sistematización Propostas Proceso Participativo - Dereitos Da Infancia 2022 by veracruces on Scribd

GUÍA-DE-ACTIVIDADES-2022-GALLEGO by veracruces on Scribd

viernes, 20 de enero de 2023

SEGUNDO OBRADOIRO "EDUCATION4THEPLANET"

Imaxinádesvos que sentiriades se tiverades que deixar atrás a vosa casa, familia, terra, debido a unha emerxencia climática? Isto é o que lles pasa a diario a milleiros de refuxiados en todo o planeta e se por un momento nos puxéramos na súa pel tal vez seríamos capaces de mudar a nosa forma de vida para coidar o noso planeta e evitar estas situacións tan dolorosas. 

Poñerse na pel do outro é o que fixeron os rapaces e rapazas da ESO neste segundo obradoiro do proxecto "Education4ThePlanet", impartido pola técnico Cristina Otero. A Fundación Ayuda en Acción busca a través desta iniciativa a sensibilización, a reflexión crítica e a mobilización da mocidade galega. 

    "Temperaturas extremas, aumento do nivel do mar, sequía, desertización, entre moitas outras, son as consecuencias que estamos a sufrir derivadas do cambio climático. Education4thePlanet trata de poñer en funcionamento boas prácticas entre a xuventude para mitigar o desgaste do noso planeta, e así asegurar a calidade de vida de todos os seres vivos que habitan nel. A través deste proxecto, Ayuda en Acción está a traballar con todo o alumnado de Educación Secundaria do centro, para xerar unha nova conciencia de cara ao coidado do noso planeta. É necesario concederlle espazo e aprendizaxes ás novas xeracións ao redor da emerxencia climática, xa que son un dos segmentos poblacionais que máis oportunidades ten de cara a xerar cambios. Este proxecto está composto por diferentes actividades, as cales seguen un orden lóxico na súa implementación ao longo de todo o curso escolar. Obradoiros formativos relacionados coa emerxencia climática, as migracións polo clima e o activismo medioambiental, rutas de senderismo, recollida de residuos, diagnósticos do impacto ambiental, informes de boas prácticas, etc. son as diferentes actividades a través das cales o alumnado da ESO estáse a convertir en axentes de cambio no rural. Para Ayuda en Acción é necesario contar con toda a población galega, especialmente trata de aumentar os esforzos nas zonas rurais co obxectivo de fomentar a participación activa da rapazada, outorgándolles todas as oportunidades e coñecementos para acadalo.“Education4thePlanet: o bo camiño cara a Axenda 2030”, é un proxecto financiado pola Xunta de Galicia, mediante a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea – Cooperación Galega". Cristina Otero






martes, 17 de enero de 2023

FLOWERS CORUXOU S.L: INICIATIVA SOSTIBLE PREMIADA NO CONCURSO I-COMERCIO

 



O podcast “Flowers Coruxou S.L”, realizado por catro alumnos/as de 3º da ESO do CPI Virxe da Cela (Monfero), resultou premiado no concurso I-Comercio: Idea o teu comercio!, unha iniciativa da Xunta de Galicia que busca achegar á mocidade ao comercio de proximidade e traballar nunha idea pioneira e innovadora que contribúa ao desenvolvemento da contorna e que sexa respectuosa co medio ambiente. 
O luns 16 de xaneiro de 2023 acudiron ao acto de entrega dos premios que tivo lugar no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, acompañados polas súas profesoras de Ciencias Sociais e Educación Dixital, encargadas da supervisión da proposta. "Flowers Coruxou S.L." é unha idea de negocio floral no que se conxugan tradición e modernidade, presentada en formato radiofónico. 

LIGAZÓN Á NOTA DE PRENSA