Mostrando entradas con la etiqueta Revista Galega de Educación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Revista Galega de Educación. Mostrar todas las entradas

lunes, 16 de junio de 2025

Nº 92 da Revista Galega de Educación: A dixitalización nas aulas e o programa E-Dixgal

A Revista Galega de Educación (RGE), publicación editada polo Movemento de Renovación Pedagóxica Nova Escola Galega (NEG), vén de lanzar o seu número 92, centrado nun tema de plena actualidade: a dixitalización nas aulas e o programa E-Dixgal impulsado pola Xunta para integrar o uso das novas tecnoloxías na docencia galega.

Unha perspectiva para coñecer como a dixitalización  educativa é interpretada por diferentes axentes educativos e que posibilita entender a dixitalización como un proceso que forma parte dos ODS (Obxectivo 4: Garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida para todos).


A revista Código Cero recolle este número da RGE nas súas novas.

Neste número tivemos a oportunidade de colaborar na súa coordinación, acompañando a Jesús Rodríguez Rodríguez, Silvia López Gómeze Denébola Álvarez-Seoane, docentes da USC.

jueves, 15 de mayo de 2025

Xornada: A dixitalización en Galicia e E-Dixgal: Entre a Promesa e o Desencanto. Cara a onde?

O vindeiro sábado 14 de xuño participaremos en Moaña nunha xornada importante para reflexionar sobre a dixitalización no ensino en Galicia e o proxecto E-Dixgal. Co título “A dixitalización en Galicia e E-Dixgal: Entre a Promesa e o Desencanto. Cara a onde?”. Esta xornada, correspondente co XVI Seminario de Avaliación de Materiais Didácticos Jaume Martínez Bonafé reunirá profesorado, familias, investigadores/as e axentes sociais para analizar estudos recentes, potencialidades e limitacións do cambio cara o dixital e publicacións de referencia en materia.

Nelas presentaranse investigacións como “Infanci@ Dixital”, “Escol@ Dixital” (onde o centro foi un dos centros educativos participantes), “Secundari@ Dixital” e o estudo de ANPAS Galegas, ademais do novo monográfico da Revista Galega de Educación. Neste último, participamos na súa coordinación.

A  mesma, esta organizada polo Grupo CAVILA (Nova Escola Galega), Concello de Moaña, USC, Grupo de investigación Stellae, RUTE, REUNID e o proxecto Secundari@ Dixit@l.

Programa da actividade na súa  sesión de mañán. 
Programa da actividade na súa  sesión de tarde. 



Cartel de presentación de la actividad. 


Un espazo para coñecer, debater e avanzar na mellora da dixitalización educativa en Galicia.

 

viernes, 16 de septiembre de 2022

MONFEROSOLIDARIO NA REVISTA GALEGA DE EDUCACIÓN

 Compartimos coa comunidade educativa o artigo "I Premio de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global" publicada na Revista Galega de Educación (número 82, abril 2022) na que se inclúe a experiencia "Monferosolidario: abrindo a escola á transformación social desde a EPDCG do CPI Plurilingüe Virxe da Cela". 





Monferosolidario Revista Galega Educación 2022 by Yolanda Castro López on Scribd

RGE_82_web by veracruces on Scribd