Mostrando entradas con la etiqueta África. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta África. Mostrar todas las entradas

miércoles, 18 de noviembre de 2009

REMATE DA CAMPAÑA "SHOES FOR AFRICA"

O martes 17 de Novembro dimos por concluída a campaña de sensibilización "Shoes for Africa", levada a cabo no noso centro dende o 3 ao 16 de Novembro, seguindo a iniciativa de Kiwi (coidado para o calzado), o Corte Inglés e Hipercor e co apadriñamento da Fundación de Samuel Eto'o. Durante duas semanas o alumnado e as familias achegáronse ao centro para depositar calzado usado, e deste xeito aprender do consumo responsable, posibilitando otro uso a obxectos xa utilizados, e aportando a nosa pequena contribución para que homes, mulleres en nenos en África podan levar zapatos.



Teresa, profe de CCSS e encargada de AAEE, posa coas alumnas de 3º da E.S.O.,
amosando a cantidade de material recollido.

.

Yolanda, profe de Relixión, entregando as bolsas con zapatos no Corte Inglés da Coruña.

viernes, 30 de octubre de 2009

SHOES FOR AFRICA


O noso centro unirase a unha campaña de sensibilización promovida pola marca de coidado de calzado Kiwi, El Corte Inglés e Hipercor, que persigue recoller en Europa o maior número posible de zapatos para envialos a África, onde se lles pode dar unha vida máis longa. Esta iniciativa, que comezou no 2006, conta nesta ocasión co apadriñamento por parte da Fundación de Samuel Eto’o.

Do 3 ao 16 de Novembro podedes achegar ao colexio o calzado, e nós encargarémonos de entregalo no Corte Inglés. Como di o noso lema, “moita xente pequena, en moitos lugares pequenos, facendo cousas pequenas, cambiará a face da Terra”.



sábado, 14 de marzo de 2009

CAMPAÑA SOLIDARIA "DOA O TEU MÓBIL"

ÉXITO DA CAMPAÑA DE MÓBILES!.
O NOSO CENTRO LOGROU RECOLLER NADA MENOS QUE 55 MÓBILES.
GRAZAS A TODOS POLA COLABORACIÓN E SOLIDARIEDADE.

Os nosos ordenadores e móviles teñen un prezo altísimo. Porque a súa fabricación é imposible sen coltán, máis de 300.000 nenos e nenas matan e morren nun conflito que sacode África Central e centos de miles de persoas estano pagando nestes días. Unha das causas: o control do coltán.
Preguntarasche que é o coltán e por que pode converter nenos e nenas en soldados?. Coltán é a abreviatura de columnita e tantalita, dous minerais que unidos fainos imprescindibles na fabricación de teléfonos móbiles e ordenadorese e... ante un mercado xigantesco, a República Democrática do Congo posúe o 80% das reservas mundiais. Lonxe de levar prosperidade ao país, é parte da orixe dun conflito que ameaza con ser eterno. Gran parte dos ingresos da venda do coltán serviron para comprar armas.

O resultado?
Unha guerra na que xa morreron case 5 millóns de persoas, máis de 350 mulleres e nenas son violadas cada mes, hai case dous millóns de desprazados, e uns 7.000 nenos e nenas combaten como soldados.
Sácaselles á forza do colexio ou das súas casas, reciben malos tratos, torturas, son violados e obrigados a violar e asasinar. Na rexión de Kivu, a metade dos menores que foran desmovilizados volveron a ser recrutados. A súa experiencia convértelles en recrutas valiosos e ponlles en especial perigo.

Como podemos axudar?
Se temos algún móbil que xa non usamos non o tires, senón todo o contrario: utilízao para axudar ás vítimas deste conflito. Fariamos moito se doamos o noso móbil vello, practicamente estaremos facendo canto está nas nosas mans para que ningún neno teña que deixar de selo polo noso benestar.
Grazas por utilizar o voso móbil para conseguir que a súa fabricación non resulte tan cara.