martes, 21 de diciembre de 2021

BO NADAL E FELIZ ANINOVO!!

 Os rapaces e rapazas de 4º de ESO vos desexan, en nome do CPIP Virxe da Cela, unhas Felices Festas e un mellor Aninovo.

lunes, 20 de diciembre de 2021

PREMIOS I CONCURSO CREANDO LAZOS ENTRE NEN@S E MAIORES. CENTRO DE DÍA XESTAL


 I PREMIO ROI FREIRE


                                         
                                                            1º PREMIO VALERIA GARCÍA

    
2º PREMIO LUCÍA ALLEGUE

3º PREMIO DANIELA DÍAZ


 







jueves, 16 de diciembre de 2021

CANS DE RESCATE

 Unidad de Rescate Cans de Salvamento de Galicia (CA.SA.GA). Xoves 16 decembro 2021. Sensibilizar aos rapaces/zas sobre os coidados que se deben ter con calquera mascota no fogar, a responsabilidade que conleva tela, así como consellos sobre educación, sociabilidade, riscos e obrigas cos mesmos.  




lunes, 13 de diciembre de 2021

MERCADILLO SOLIDARIO

Dende a organización do Festival de Nadal, pensouse que este ano podería facerse algo para, levando a cabo a Aprendizaxe Servizo, colaborar cunha asociación. Para levar a termo esta idea Cristina, a mestra de Reli de infantil e primaria, e Andrea, a mestra de Valores de Infantil, realizaron co seu alumnado unhas decoracións navideñas. Estas decoracións forman o "Mercadillo Solidario de Nadal", no que o profesorado poderá colaborar entre o 13 e o 17 de decembro. Os cartos recadados, irán destinados á Protectora "Cometa". Unha representación desta protectora, acudirá ao Festival a recoller a doazón.

No seguinte vídeo, pode verse tanto as manualidades realizadas polo alumnado, como coñecer a algúns dos cans que viven nesa protectora, como son (por orde de aparición): Bubu, Veguiña, Tiza, Llum, Coral, Lora, Budha ou Bolo.


REYES MAGOS DE VERDAD

 Este Nadal, Cristina a profe de reli de primaria, tras falalo co seu alumnado de sexto, decidiron colaborar coa asociación "Reyes Magos de Verdad". Esta asociación busca que ningunha persoa quede sen agasallos nestas festas. O alumnado, tras ler a carta de Guadalupe, decidiu que das tres cousas que desexaba, o mellor sería regalarlle a mantiña pois está a facer bastante frío. Ademais, para facerlle chegar o seu cariño, preparáronlle unhas preciosas manualidades.

                                                             Moi bo Nadal Guadalupe!

miércoles, 1 de diciembre de 2021

SCHOOL TO SCHOOL: FUNDACIÓN VICENTE FERRER NA BIBLIOTECA ESCOLAR

A partires do mércores 1 de decembro de 2021 tedes á vosa disposición na biblioteca escolar unha fermosa exposición cos materiais elaborados polo alumnado da Konampalli School, centro educativo da India co que levamos anos realizando un intercambio cultural a través do proxecto "School to School" da Fundación Vicente Ferrer. 








PROXECTO EDUCATIVO "PARTICIPAR PARA COIDAR"

O programa educativo Participar para coidar, programa didáctico para realizar en educación secundaria (resultado do convenio de colaboración entre o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a ONG Arquitectura Sen Fronteiras). Trátase dunha proposta de educación para a participación que toma como eixo central formar e sensibilizar sobre o Dereito ao Hábitat desde un enfoque ecofeminista, ecosocial e de Dereitos Humanos. O material que aquí se presenta fórxase no marco do Programa educativo Participar para Coidar que ASF Galicia está a desenvolver no marco temporal 2020-2023 nunha estrutura de catro fases ou cursos escolares. O programa consta de diversas actividades dirixidas a diferentes públicos e resultados. Entre elas, a ideación, posta en práctica e sistematización das actividades educativas que conforman esta proposta didáctica. Este traballo resulta da experiencia práctica realizada con cen alumnos e alumnas de ESO dun instituto da cidade da Coruña. Preséntanse agora as fases 1 e 2, desenvolvidas durante os anos 2020 e 2021, quedando pendentes as fases 3 e 4 e a súa publicación prevista para o ano 2023.


Habitando a Propia Pel by veracruces on Scribd

CHARLA PARA A PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR

xoves 2 de decembro de 2021, ás 11:00 h, o alumnado de 5º e 6º da EP tiveron unha charla en formato videoconfercia titulada "Educación Siglo XXI: Piedra, papel, tijera". Esta actvidade está organizada por Afundación e ten o obxectivo de prevenir o acoso escolar. Raquel Linares Bertolín, directora de FITA Fundación e Rita Antón, psicóloga clínica especialista en trastornos de la conducta, serán as encargadas de ofrecernos as claves para loitar contra o acoso escolar. 





SESIÓNS DE DIAGNÓSTICO: UNHA ESCOLA QUE ROMPE BARREIRAS

O martes 30 de novembro de 2021 tivo lugar unha nova sesión do proceso dignóstico participativo sobre o estado da situación na escola (análise de contexto), un dos primeiros pasos para establecer as liñas de colaboración do noso centro coa Fundación Ayuda en Acción para o vindeiro curso. O noso centro forma parte da Estratexia de Educación "Unha escola que rompe barreiras". Nesta ocasión as encargadas de levar a cabo tres obradoiros (para o equipo directivo, para o alumnado e para o profesorado) foron as técnicas de Ayuda en Acción Lorena Boga e Jenni Camadoiro. 

Durante o obradoiro para profesorado (realizado na aula de UUMM ás 16:30 horas) un numeroso grupo de profesores/as das tres etapas educativas que se imparten no centro, así como os membros/as do departamento de orientación, reflexionaron sobre as barreiras e as potencialidades que se observan no centro.  O obxectivo desta acción participativa consistiu en identificar as barreiras sociais, actitudinais, educativas e dixitais que obstacularizan a inclusión educativa no centro e as capacidades coas que conta o claustro para derribalas.