O programa educativo Participar para coidar, programa didáctico para realizar en educación secundaria (resultado do convenio de colaboración entre o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a ONG Arquitectura Sen Fronteiras). Trátase dunha proposta de educación para a participación que toma como eixo central formar e sensibilizar sobre o Dereito ao Hábitat desde un enfoque ecofeminista, ecosocial e de Dereitos Humanos. O material que aquí se presenta fórxase no marco do Programa educativo Participar para Coidar que ASF Galicia está a desenvolver no marco temporal 2020-2023 nunha estrutura de catro fases ou cursos escolares. O programa consta de diversas actividades dirixidas a diferentes públicos e resultados. Entre elas, a ideación, posta en práctica e sistematización das actividades educativas que conforman esta proposta didáctica. Este traballo resulta da experiencia práctica realizada con cen alumnos e alumnas de ESO dun instituto da cidade da Coruña. Preséntanse agora as fases 1 e 2, desenvolvidas durante os anos 2020 e 2021, quedando pendentes as fases 3 e 4 e a súa publicación prevista para o ano 2023.
Habitando a Propia Pel by veracruces on Scribd
No hay comentarios:
Publicar un comentario