Mostrando entradas con la etiqueta proxecto competencial. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta proxecto competencial. Mostrar todas las entradas

miércoles, 15 de noviembre de 2023

20 DE NOVEMBRO: DÍA DO PIXAMA. DEREITOS DA INFANCIA

 Este ano, o CPI Virxe da Cela, únese á celebración do Día do Pixama 2023. Con esta iniciativa da ASEAF (Asociación Estatal de Acollemento Familiar), queremos concienciar a toda a comunidade educativa da importancia e do dereito a ter unha infancia protexida e digna. Son varias as actividades que se teñen previsto realizar durante esta semana. Se tedes ganas de informarvos do que imos facer, non dubidedes en escoitar este interesante podcast elaborado polo alumnado de 2º da ESO na materia de Proxecto Competencial, na súa canle Radio As Travesas FM.


Día Del Pijama 2023 Dossier Informativo 1 by veracruces on Scribd

 

jueves, 22 de diciembre de 2022

Mercadillo Solidario

Outro ano máis, levando a cabo a Aprendizaxe e Servizo, buscouse dende as áreas de Valores e Proxecto Competencial de Educación Infantil e Educación Primaria, e, dende a área de Reli de Infantil e Primaria, colaborar cunha protectora de animais: a protectora Cometa (organización sen ánimo de lucro para a protección dos animais da comarca de Ferrolterra). 

Para facelo, dende estas materias, elaboráronse manualidades que posteriormente puxéronse a venda no Mercadillo Solidario. Grazas á colaboración de toda a comunidade educativa contan con 260 euros para alimentar e coidar aos animais do refuxio. Representantes da Asociación Cometa viñeron recoller a recadación total do mercadillo.