Mostrando entradas con la etiqueta Entreculturas 16-17. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Entreculturas 16-17. Mostrar todas las entradas

jueves, 1 de junio de 2017

OBRADOIRO DE MEDIOAMBIENTE CON ABEL

Este martes 30 de maio tivemos a visita de Abel que veu dende Entreculturas a darnos un obradoiro de medioambiente.  Como todos sabemos, este ano o lema de Entreculturas é “Un mundo de alternativas para sanar a terra”, e que mellor que dende a escola para comezar cos nosos pequenos actos a contribuír a tal fin. Así que poñéndonos mans a obra, realizamos un obradoiro para facer papel reciclado, aínda que Abel quedou abraiado xa que os nosos alumnos tiñan máis que sabido como se reciclaba o papel. No noso cole o levamos facendo dende hai ben de tempo xa que é unha das nosas actividades para colaborar no rastro solidario, no que poñemos á venda as láminas de cores de papel  reciclado que os nosos alumnos e alumnas fan na clase de ciencias. Aínda así, aprendemos con Abel outra maneira de secar a pasta de papel, que difería un pouco da nosa técnica. Logo fixemos unhas dinámicas en grupo coas que pasamos un rato ben divertido e como colofón á xornada, un chiculate con galletas. Pasámolo xenial!!!

                                           Grazas a Abel e a Entreculturas  pola xornada de onte.


domingo, 21 de mayo de 2017

ENCONTRO FIN DE CURSO DA REDE SOLIDARIA DE XÓVENES DE ENTRECULTURAS

Este sábado 20 de maio case que un centenar de persoas, entre alumnos/as, profesores/as, voluntarios/as e técnicos/as de Entreculturas reunímonos en Santiago no colexio San Francisco Javier nunha xornada lúdico-festiva na que houbo actividades moi divertidas e variadas: presentacións, bailes, xogos...amenizados polos infatigables Abel e compañía. Gozamos tamén da actuación do xoven mago David Maestro que nos deixou abraiados a todos cos seus números de maxia e visionamos os vídeos feitos polos rapaces e rapazas da rede sobre a reciclaxe de botellas de plástico que, como auténticos youtubers medioambientais, nos mostraron como podemos reciclar e coidar o medioambiente. Rematamos a xornada despedindo cun agasallo a todos os alumnos/as que rematan os estudos de 4º da ESO e bacharelato que viviron o seu último encontro... aínda que estades convidados a seguir formando parte da Rede, agora como voluntarios/as.

Aquí tedes un pequeno vídeo da xornada.

 


VÍDEOS YOUTUBERS AMBIENTAIS. RECICLANDO NO CPI VIRXE DA CELA.

domingo, 23 de octubre de 2016

ENTRECULTURAS XVIII ENCONTRO EN REDE : UN MUNDO DE ALTERNATIVAS PARA SANAR A TERRA


Un ano máis iniciamos o curso cun encontro en Rede, para poder compartir unha xornada lúdica e pedagóxica con outros mozos e mozas da Rede Solidaria da Mocidade Entrecuturas. Nesta ocasión acudimos un total de 13 alumnos/  e unha profe (mandamos desde aquí un bico enorme á nosa querida  Verónica que nesta ocasión non nos puido acompañar pola feliz nova da súa maternidade). Así, dedicamos un estupendo sábado (22 outubro 2016) para viaxar cara a Vigo e dirixirnos ao Instituto Colexio Apóstolo Santiago , centro anfitrión deste encontro.
         A xornada comezou cunha cálida acollida por parte dos alumnos/as e profesores/as do Centro de Vigo, que prepararon este evento con moito cariño e ilusión. Tras unha breve presentación do planning, o día  comezou cunha emotiva charla taller titulada “Amazonía: aprender a coidar da Casa Común”, impartida polo misioneiro Fernando López , integrante dun equipo itinerante que percorre o Amazonas acompañando aos pobos indíxenas na defensa dos seus dereitos, e a indixena da Amazonía Arizeta. Faláronnos de que temos que coidar o planeta, de que temos que simplificar a nosa vida para ser felices e  que unha educación que nos fai competidores faimos depredadores. Fernando falou con paixón de América Latina, onde chegou fai trinta anos seguindo o seu compromiso social. Desde fai máis de dezaseis anos defende desde a selva amazónica os dereitos das comunidades indíxenas. Recordounos de que o que pasa a miles de quilómetros da nosa casa ten que ver co noso estilo de vida e que hai que cultivar un corazón comprometido que saiba latir co corazón do outro e que sente tamén o corazón da nai terra. Necesitamos conectarnos coa terra e coidala.
Como colofón á charla regalou a todos e todas un anel feito con pel de coco para que lembremos  que se aquí non cambiamos a lóxica do consumo, a Amazonía e outros moitos  pobos da nosa terra seguirán sendo depredados.
Logo desta estupenda charla todos os rapaces e rapazas realizaron diferentes dinámicas centradas na temática do encontro “Un mundo de alternativas para sanar a terra”, mentres que os docentes realizabamos a nosa formación, adquirindo novas ferramentas didácticas para abordar a educación. Destacar que neste encontro acompañáronnos dous docentes de Portugal, Luís e Teresa, integrantes da Rede portuguesa de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global.
        E despois de tanto traballar… devoramos ao aire libre o xantar que nos estaba esperando e...de postre… a elaboración das axendas solidarias. O grupo do CPI Virxe da Cela presentou da man de Alex e Laura as nosas propostas solidarias de cara a este novo curso.
Como despedida o centro anfitrión agasallounos cunha planta que coidaremos con  moita ilusión para recordar o noso compromiso coa nai terra e coidado do medioambiente.
Chegamos cansos pero contentos e ilusionados para comezar os novos retos que desde Monferosolidario imos poñer en marcha.
Aquí vos deixamos unha fotos da xornada do encontro.


















viernes, 30 de septiembre de 2016

XUNTANZA DO PROFESORADO ENTRECULTURAS

O mércores 28 de septembro os profes que formamos a Rede Solidaria  de ENTRECULTURAS reunímonos en Santiago para planificar as actividades de cara a este novo curso que comeza.
Os asuntos tratados foron:
  • As claves para o curso 2016/2017.
  • A axenda da Rede Solidaria da Mocidade.
  • A presentación do material educativo e formativo de apoio para este curso.
  • O Encontro do profesorado en Madrid os días 4,5 e 6 de novembro.
  • O XVIII Encontro en Rede que se celebrará en Vigo o 22 de outubro.

 


A temática deste ano e sobre a que imos a desenvolver as nosas liñas de acción é: Ecoloxía-Alternativas para un mundo máis sostible.
.


Aquí vos deixamos a documentación para que vaiades poñéndovos a punto