Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz 2022. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz 2022. Mostrar todas las entradas

jueves, 27 de enero de 2022

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA 2022





    A última semana do mes de xaneiro todo o centro volcouse na celebración do Día Escolar da Paz e da Non Violencia. Todas as aulas sumáronse a un par de propostas para visibilizar a importancia desta data e sensibilizar á comunidade educativa da necesidade dunha convivencia pacífica e enriquecedora. Mostra disto é a elaboración conxunta dun gran panel expositivo que contén lemas e frases para a Paz e á par salienta a importancia de personas ilustres que foron recoñecidas a través dos Premios Nobel da Paz pola súa implicación e contribucións á cultura da Paz. 

    Por outra banda, e en formato audiovisual, elaborouse un videoclip musical. Somos una marea de gente, siempre diferente, remando al mismo compás... Esta é a mensaxe que o cantante Macaco lanza na súa canción "Mensajes del agua". Pois ao ritmo desta melodía os rapaces e rapazas do CPIP Virxe da Cela (Monfero) quixeron celebrar o Día da Paz de da Non Violencia 2022, xa que respectando as diferenzas é valorar a súa riqueza é un paso moi importante para eliminar a violencia. 



DÍA DA PAZ CO CLUB DE LOS LEONES

 


Aproveitando a proximidade dunha data tan importante como o Día Internacional da Paz e da non Violencia, e sumándose a outros actos conmemorativos en torno á paz que se están a celebrar esta semana no CPI Virxe da Cela, o xoves 27 de xaneiro de 2022 o presidente e o secretario do Club de Leones Torre de Hércules visitaron o noso centro escolar para facer unha entrega de obsequios e diplomas ao alumnado participante no Concurso Internacional Cartel de la Paz 2021. 

Baixo o lema "Estamos todos conectados" o nenos e nenas de 6º de educación primaria e 1º da ESO realizaron durante o primeiro trimestre escolar as súas propostas creativas, participando nesta iniciativa para fomentar a cultura pacífica. O cartel seleccionado no noso centro foi autoría do alumno de 1º ESO Iván Pena. 

Guillermo López e José Antonio Gómez aproveitaron a ocasión para explicar a labor social dos clubes de Leones. 




Cartel gañador: Iván Pena Pérez (1º ESO)