A última semana do mes de xaneiro todo o centro volcouse na celebración do Día Escolar da Paz e da Non Violencia. Todas as aulas sumáronse a un par de propostas para visibilizar a importancia desta data e sensibilizar á comunidade educativa da necesidade dunha convivencia pacífica e enriquecedora. Mostra disto é a elaboración conxunta dun gran panel expositivo que contén lemas e frases para a Paz e á par salienta a importancia de personas ilustres que foron recoñecidas a través dos Premios Nobel da Paz pola súa implicación e contribucións á cultura da Paz.
Por outra banda, e en formato audiovisual, elaborouse un videoclip musical. Somos una marea de gente, siempre diferente, remando al mismo compás... Esta é a mensaxe que o cantante Macaco lanza na súa canción "Mensajes del agua". Pois ao ritmo desta melodía os rapaces e rapazas do CPIP Virxe da Cela (Monfero) quixeron celebrar o Día da Paz de da Non Violencia 2022, xa que respectando as diferenzas é valorar a súa riqueza é un paso moi importante para eliminar a violencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario