Mostrando entradas con la etiqueta Semana de Acción Mundial pola Educación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Semana de Acción Mundial pola Educación. Mostrar todas las entradas

miércoles, 8 de abril de 2026

SAME 2026: A EDUCACIÓN DIXITAL EN CONTEXTOS DE EMERXENCIA

 


A Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) é unha iniciativa que busca sensibilizar e mobilizar á comunidade educativa ao redor do dereito a unha educación inclusiva, equitativa e de calidade para todas as persoas. 

Este ano o tema é “Educación dixital en contextos de emerxencia”, e invítanos a reflexionar sobre como garantir que a aprendizaxe continúe activo e accesible durante situacións de emerxencia —xa sexan conflitos, desastres naturais, pandemias ou cortes de conectividade—, utilizando os medios dixitais de forma xusta e sostible. 

A conectividade, o acceso a recursos, e a alfabetización dixital, así como os plans previos para adaptación a emerxencias, deben ser un compromiso dos gobernos e as autoridades locais, para que, en contextos de emerxencias, ninguén quede atrás. 

Nenos, nenas, adolescentes, persoas con dificultades de aprendizaxe, en situación de mobilidade humana, en zonas de conflito ou afectadas por desastres climáticos. Non podemos deixar a ninguén atrás. Por iso, este ano, súmate a #AcciónPorLaEducación! 



jueves, 24 de abril de 2025

CELEBRACIÓN DA SAME 2025 NO CPI VIRXE DA CELA

Un ano máis o noso centro participa na Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME). Este ano, na SAME 2025, baixo o lema «Defende a Educación, apaga a Emerxencia» en España a campaña ten o foco na Educación en Emerxencia, que vaia máis aló da mellora do acceso á educación das nenas, novas e mulleres, nunha educación enfocada en equipar e capacitar a toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias, comunidades e responsables políticos) para ser capaces de examinar, cuestionar e cambiar as construcións sociais e culturais que manteñen os privilexios do xénero masculino fronte ás nenas, novas, as mulleres e outras identidades de xénero ata o de agora moi invisibilizadas.

No corredor da planta baixa do edificio de secundaria hai un panel expositivo que ilustra esta campaña. Neste mesmo espazo está colgado o discurso que un grupo de alumnos/as de 1º da ESO levará ao Parlamento Galego no acto que terá lugar o vindeiro martes 29 de abril de 2025.

Proposta para unha actividade conxunta: Deixarase na sala do profesorado unha plantilla coa silueta dunha linterna, obxecto que simboliza a Educación en Emerxencia  (SAME 2025), para que poda ser fotocopiado e distribuído entre os alumnos/as das diferentes clases de EI, EP, ESO, e así cada quen faga por grupo ou de maneira individual a súa personalización do obxecto (pintar, decorar, escribir mensaxes, etc) e engadir ao panel expositivo da SAME 2025. 










jueves, 6 de marzo de 2014

SAME 2014

Sumemos capacidades. Polo dereito a unha Educación Inclusiva

Baixo este lema, neste ano defenderemos o dereito dos 93 millóns de nenos e nenas que teñen algún tipo de discapacidade no mundo a recibir unha educación de calidade, sen discriminación e sobre a base da igualdade de oportunidades, que satisfaga as súas necesidades básicas de aprendizaxe e enriqueza as súas vidas. Destes 93 millóns de nenos e nenas, o 90% non asiste á escola e, quen si o fai, ten menos posibilidades de finalizar os seus estudos que o resto dos seus compañeiros/as. Esta desigualdade acentúase nospaíses máis empobrecidos.

Esta causa merece a pena, non cres?

Axuda en Acción, Educación sen Fronteiras e Entreculturas presentan, un ano máis, a
Campaña Mundial pola Educación