Galiza, na axenda do relator especial da ONU sobre pobreza extrema. Philip Alston visita a nosa comunidade autónoma, onde se reunirá cunha representación do Goberno galego ou departirá con familias afectadas pola exclusión en Monfero, entre otras citas.
Un total de 542 892 persoas na Galiza, 18,8 % da poboación, viven por baixo do limiar da pobreza, fixado en 8.871 euros anuais para unha persoa soa. Esta é una das conclusión dun recente estudo elaborado por CCOO e que ratifica análises e informes que ao longo destes anos advirten e alertan da cronificación de situación de pobreza extrema e exclusión na Galiza. Premer a imaxe para consultar nota de prensa.
"Esta semana visitounos Philip Alston xunto cos seus colaboradores das Nacións Unidas. É relator sobre Dereitos Humanos e Pobreza Extrema da ONU e estaba visitando diversas localidades españolas para levar unha impresión de primeira man sobre as necesidades do rural. Na tarde do martes reunímonos no cole con representantes de Ayuda en Acción, das nais e pais do alumnado, da Rede de Desenvolvemento Rural e coa traballadora social do concello de Monfero.
Ao longo dunha hora, trasladáronselle as preocupacións da xente da nosa contorna: problemas de illamento no rural, tanto físico como tecnolóxico; dificultades para acceder á información ou á busca activa de emprego; falta de oportunidades de traballo para as familias e de ocio e cultura para os rapaces e rapazas; desigualdade de oportunidades con respecto a contextos urbanos... E como todo isto incide nunha sorte de círculo vicioso que se perpetúa: non hai transporte público efectivo porque non hai xente e non h ai xente porque non hai trasnporte público eficaz, por exemplo.
Pero tamén lle mostrams como, a pesar de todo, o rural e o seu xeito de vida ten moitas cousas positivas: natureza, calidade de vida, supervivencia da lingua e de saberes, mantemento de patrimonio inmaterial...
O relator mostrouse comprensivo co que se lle transmitiu (nomeadamente coa dispersión, porque el é australiano, e diso, saben un lote) e comprometeuse a plasmar todas as precupacións e demandas no informe que trasladará á ONU." Rosalía Regueiro Méndez, Xefa Estudos Secundaria.