Mostrando entradas con la etiqueta pasaporte solidario. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta pasaporte solidario. Mostrar todas las entradas

sábado, 21 de febrero de 2015

PRESENTACIÓN DO PASAPORTE SOLIDARIO NO CPI VIRXE DA CELA


Pola nosa cabeciña andaba a roldar a idea de utilizar o formato radiofónico para a presentación dos Pasaportes Solidarios da Xunta de Galicia. Nesta ocasión o resultado final superou con creces á idea inicial, e todos e todas os que asistimos a esta actividade desenvolvida o pasado venres 20 de febreiro no CPI Virxe da Cela quedamos máis que encantados coa maxia e feitizo da radio.  En realidade os méritos quedan moi repartidos…
Por unha banda temos aos rapazas e rapaces de 4º de primaria, que amosaron un talento innato diante dos micrófonos, guiando o programa radiofónico de principio a fin sen cortes nin  repeticións e conversando con grande naturalidade co convidado principal. Tamén neste interesante convidado, de nome Cristóbal Rodríguez, de profesión “xornalista” e de vocación “voluntario”, recaen merecidos méritos, xa que explicou a finalidade deste documento que rexistra as nosas actividades solidarias (iniciativa que descubriu en Dinamarca fai uns anos) e contestou con moitísimo detalle a todas e cada unha das preguntas realizadas tanto polos presentadores como polo público asistente (alumnado e profesorado de educación primaria), e iso que algunhas delas tiñan o seu grado de complexidade… Parabéns por tanto, e en terceiro lugar, a estes nenos/as  que durante case unha hora estiveron atentos/as á realización deste programa radiofónico en directo e dinamizaron coas máis variadas preguntas o desenvolvemento do mesmo. 
E finalmente temos que recoñecer a interesante labor que están levando a cabo no noso centro Lucía Abarrategui e Sergio Pascual a través do seu proxecto “Radio Itinerante Creativa”, visitando as nosas aulas dúas veces ao mes para impartir obradoiros a todo o alumnado do centro (desde infantil ata a ESO) e deste xeito fomentar as súas capacidades orais e comunicativas… E os resultados están máis que á vista, viaxando polo espazo en forma de onda sonora…









domingo, 11 de noviembre de 2012

PROGRAMAS DE VOLUNTARIADO PARA CENTROS ESCOLARES

A Dirección de Xuventude e Voluntariado pon a disposición de todos os centros escolares de Galicia no curso académico 2012/2013 os seguintes programas: Pasaporte Solidario Rede de Centros Galegos Solidarios O obxectivo de ambos os dous programas é promover valores de solidariedade, participación, compromiso social e voluntariado entre a comunidade educativa (pais, nais, profesorado e alumnado), e favorecer que os escolares se comprometan como voluntarios, a través dunha metodoloxía activa e participativa que fomente o traballo en equipo e achegue o alumnado á realidade do voluntariado.


Clica na imaxe e visita a páxina web do voluntariado galego.


lunes, 19 de diciembre de 2011

LIBROS SOLIDARIOS: ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA




Un grupo de nenos e nenas de 5º de primaria tiveron a iniciativa de organizar unha exposición de libros solidarios. Esta actividade está englobada dentro do proxecto do Pasaporte Solidario. Sergio García, Ana González, Ana Pena, Laura Río, Tania Grueiro, Antía Lista, Alba Rodríguez, Raquel Suárez son os protagonistas desta proposta. Ademáis de facer unha selección entre todos os libros da Biblioteca Escolar, estes xóvenes realizaron unha enquisa para valorar o éxito da lectura dos libros seleccionados, e para recoller novas lecturas. Parabéns para estes rapaces e rapazas, que seguramente serán recoñecidos á hora de valorar a actividade de Pasaporte Solidario.
Entre os 21 libros recollidos destacan "Unha familia normal", "Alguien nuevo en clase", "Flor viva".
Este grupo de nenos e nenas acudiron ao departamento de CCSS para pedir a sinatura da profesora Teresa Losada, encargada da biblioteca no recreo que se realizou a selección de libros.

lunes, 21 de noviembre de 2011

EXPOSICIÓN DE LIBROS SOLIDARIOS



A petición de un grupiño de alumnos e alumnas de primaria, aquí tedes unha selección de libros con temática solidaria para investigar e poder aportar máis datos ao voso pasaporte solidario: Un pacto de amor, mi vida junto a Vicente Ferrer, de Ana Ferrer; El gran libro de cuentos con valores; Cómo complacer a todo el mundo sin dejar de hacer... lo que uno quiere, de KIlaus-Peter Wolf e moitísimos máis. Ánimo. A lectura segue a ser unha porta aberta ao mundo.

viernes, 4 de noviembre de 2011

PASAPORTES SOLIDARIOS




O pasado venres 28 de outubro de 2011 os alumnos e alumnas de 4º da ESO visitaron as aulas de educación infantil e primaria para entregar a cada neno/a o seu pasaporte solidario e explicar as normas de utilización do mesmo. Anaís, Lorena, Marta, Iván, Alba e María recordaron aos máis pequenos a importancia da axuda mutua e dos xestos solidarios, tanto na escola, no ámbito familiar ou en calquera faceta das nosas vidas. Ser solidarios significa facer un pequeno pero importante esforzos para mellorar a convivencia solventar moitos dos problemas da sociedade. Neste documento os nenos e nenas do CPI Virxe da Cela irán anotando en diversos apartados todas as accións solidarias vaian desenvolvendo ao longo do curso. Pais e titores poderán participar activamente neste proxecto, revisando as accións descritas e dando validez ás mesmas a través da súa sinatura.

O Pasaporte Solidario (PS) é unha proposta da Xunta de Galicia, publicado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar Social. É un documento no que se propoñen diversas actividades solidarias.

No CPI Virxe da Cela estamos a traballar desde o curso académico 2008-2009 nun proxecto de centro, Monferosolidario, baseado na educación en valores. Consideramos que o Pasaporte Solidario é un documento moi apropiado para visualizar as accións solidarias realizadas polo alumnado, e que pode contribuír á motivación e participación do mesmo.


INSTRUCIÓNS PARA O SEU USO:

•Cada titor/a recibirá un exemplar do Pasaporte Solidario para cada un dos alumnos/as do seu grupo. A inicio de curso cada neno/a traerá unha fotografía e cubrirá os seus datos persoais no pasaporte.
•Cada alumno/a irá describindo cada unha das accións que vai realizando na páxina correspondente. Precisará a sinatura do seu titor/a ou dos seus pais para dar validez ás mesmas.
•Ao final de curso o titor/a recollerá todos os pasaportes e os entregará aos responsables de Monferosolidario.
•Os participantes recibirán un diploma e haberá premios tanto individuais como colectivos.