O mércores 11 de decembro de 2019 fixemos entrega á ONG Glorr dunha montaña de bolsas de roupa e calzado, confirmando un éxito rotundo na Campaña de Recollida de Roupa. Grazas a todos e todas pola vosa colaboración.
Mostrando entradas con la etiqueta Glorr. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Glorr. Mostrar todas las entradas
lunes, 9 de diciembre de 2019
miércoles, 27 de noviembre de 2019
CAMPAÑA GLORR DECEMBRO 2019
Queridas Familias:
Monferosolidario
quere un ano máis apoiar a campaña de recollida de roupa usada e calzado, a
favor da ONG Glorr & Global Humanitaria, para asistir aos menores e
familias que se encontran en situación de precariedade económica ou exclusión
social no territorio nacional. Para isto visitaremos as aulas do noso centro
presentando esta campaña aos nosos alumnos e repartindo unha nota informativa,
así como as bolsas para depositar a roupa. A data límite de recollida será o
luns 9 de decembro de 2019. As bolsas poderán depositarse nas entradas do centro
escolar. Agradecemos a vosa colaboración.
Monferosolidario, 26
novembro 2019
Etiquetas:
Campaña de recollida de roupa,
Glorr
jueves, 6 de junio de 2019
ÉXITO NA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA GLORR
Carta de agradecemento, primavera 2019 - GLORR Fundación.
Queridas familias e equipo docente,
Desde GLORR Fundación, agradécevos a colaboración recibida nesta campaña de primavera para a recollida de roupa de segunda man efectuada no voso centro educativo.
A través dos pais, alumnos e equipo docente axudástesnos á difusión da campaña e a repartición das bolsas entre os alumnos; por outra banda, facilitástesnos a recollida habilitando un sitio accesible no centro.
Grazas ás vosas doazóns, desde GLORR Fundación seguimos axudando a nenos e nenas desfavorecidos no noso país.
Etiquetas:
Campaña de recollida de roupa,
Glorr
viernes, 24 de mayo de 2019
CAMPAÑA GLORR XUÑO 2019
Os rapaces e rapazas de 3º da ESO visitaron todas as aulas e estancias do noso colexio para repartir as bolsas e as circulares informativas sobre a Campaña de Recollida de Roupa que realizamos en colaboración coa ONG Glorr. Podedes traer as bolsas con roupa e calzado usado ata o mércores 5 de xuño.
Etiquetas:
Campaña de recollida de roupa,
Glorr
jueves, 21 de diciembre de 2017
viernes, 10 de noviembre de 2017
martes, 24 de octubre de 2017
miércoles, 27 de septiembre de 2017
CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA GLORR 2017
Queridas Familias:
Monferosolidario quere un ano máis apoiar a campaña de recollida de roupa usada e calzado, a favor da ONG Glorr & Global Humanitaria, para asistir aos menores e familias que se encontran en situación de precariedade económica ou exclusión social no territorio nacional. Para isto visitaremos as aulas do noso centro presentando esta campaña aos nosos alumnos e repartindo esta nota informativa, así como as bolsas para depositar a roupa. A data límite de recollida será o luns 23 de outubro de 2017. As bolsas poderán depositarse nas entradas do centro escolar. Agradecemos a súa colaboración.
Monferosolidario, 27 setembro 2017
Etiquetas:
Campaña de recollida de roupa,
Glorr
martes, 27 de diciembre de 2016
miércoles, 21 de septiembre de 2016
CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA: GLORR
Inauguramos o regreso ás aulas lanzando un ano máis a campaña de recollida de roupa e calzado usado promovida pola organización GLORR. O alumnado de 2º da ESO visitou as diferentes clases da nosa escola repartindo bolsas e circulares informativas para as familias, e tratando de sensibilizar a todos os nenos/as da importancia da nosa colaboración, un pequeno xesto que pode axudar a moitas familias que nestes momentos se atopan nunha situación difícil económicamente e con risco de exclusión social. Todas as persoas que queran colaborar poden depositar as bolsas cheas de roupa e calzado usado na entrada do noso cole. A data tope de recollida será o venres 14 de outubro de 2016.
Etiquetas:
Campaña de recollida de roupa,
Glorr
domingo, 13 de diciembre de 2015
martes, 10 de noviembre de 2015
CARTA AGRADECEMENTO GLORR
Prezados pais, alumnos e profesores:
Dende GLORR Fundación queremos agradecervos a colaboración recibida nesta campaña de outono de recollida de roupa e calzado efectuada no voso centro educativo.
Facilitástesnos a tarefa de difusión da campaña, así como o reparto e a recollida das bolsas colocándoas nun lugar de fácil acceso.
Infortunadamente, neste curso 2015 -2016, seguimos recibindo moitas peticións de axudas a través dos centros educativos, dos servizos sociais e doutras asociacións.
Desexaríamos seguir contando coa vosa colaboración nas próximas campañas para poder cumprir os obxectivos que nos propuxemos e así axudar aos nenos e ás familias que o están a pasar verdadeiramente mal no noso país.
Para máis información, podedes consultar a nosa páxina web www.glorr.org.
Saúdos , Glorr
martes, 20 de octubre de 2015
CAMPAÑA GLORR 2015
Estamos aínda aterrizando neste inicio de novo
curso académico 2015-2016 e podemos comprobar que a comunidade educativa do CPI
Virxe da Cela segue a participar activamente en todas e cada unha das campañas
desenvolvidas no noso centro educativo. Nesta ocasión unímonos de novo á
proposta da organización Glorr, con quen xa colaboramos en anos anteriores
recollendo roupa e calzado usado.
A fase inicial, a de sensibilización, foi levada a
cabo polo alumnado de 2º da ESO, visitando as aulas do colexio, repartindo
bolsas para esta operación e cartas informativas ás familias co obxectivo de fomentar
a implicación dos rapaces/zas e profesores/as. Para nós o importante é abrir os
ollos e decatarnos de que existen grandes desigualdades sociais e que na
actualidade moitas familias están atravesando unha situación crítica, e ser
conscientes de que dun día para outro a nosa situación de confort e benestar
pode dar un xiro de 180 graos.
Temos por tanto que reaccionar e facer aínda que
sexa un pequeno xesto, e unindo forzas tratar de cambiar esta situación.
Durante varias semanas numerosas bolsas de roupa fóronse apilando na entrada da
nosa escola, e finalmente os operarios de Glorr achegáronse ao noso centro para
recoller nunha furgoneta todas estas prendas de roupa e calzado que farán
chegar a outras persoas máis necesitadas.
Grazas de novo pola vosa colaboración.
Monferosolidario
Etiquetas:
campaña recollida roupa,
Glorr
miércoles, 7 de octubre de 2015
jueves, 9 de abril de 2015
CARTA AGRADECEMENTO GLORR
Estimados padres, alumnos y profesores.
Una vez más, todo el personal de GLORR Fundación quiere agradeceros la colaboración recibida en esta campaña de primavera, en la recogida de ropa y calzado efectuada en vuestro centro educativo.
Nos habéis facilitado la difusión de la campaña, el reparto de las bolsas y la recogida de la misma situando las bolsas en un lugar de fácil acceso.
Este curso 2014-2015 hemos podido entregar ayudas a través de los Centros Educativos y Servicios Sociales a los más necesitados, que son nuestros menores.
Seguimos recibiendo muchas peticiones de ayudas, desearíamos seguir contando con vuestra colaboración en las próximas campañas para poder cumplir con los objetivos que nos hemos marcado y así ayudar a los niñ@s y familias que lo están pasando realmente mal en nuestro país.
Asimismo, os invitamos a visitar nuestra página www.glorr.org, para conocer otros proyectos y facilitar la labor de los centros educativos, alumnos, profesores y docentes.
Reciban un cordial saludo, Fundación Glorr.
Etiquetas:
Campaña de recollida de roupa,
Glorr
martes, 17 de marzo de 2015
REMATE DA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA
Grazas a toda a comunidade educativa do CPI Virxe da Cela por participar na campaña de recollida de roupa e calzado usado a través da organización Glorr. Rematada a campaña a organización achegouse o pasado luns 16 de marzo de 2015 ao noso centro educativo a recoller nin máis nin menos que unha gran pila de bolsas... bolsiña a bolsiña conseguimos encher toda unha furgoneta... Esperamos que esta roupa e calzado usado donado polas familias de Monfero e Irixoa chegue a un bo destino, e facilite a vida doutras familias máis necesitadas. Sabemos que é un simple xesto, pero sumando podemos facer unha grande montaña...
Etiquetas:
Campaña de recollida de roupa,
Glorr
miércoles, 11 de marzo de 2015
EN MARCHA A CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA E CALZADO
A poucos días de que finalice o prazo de entrega de roupa e calzado usado para a campaña de recollida a través da organización GLORR, esta imaxe é unha mostra da participación da comunidade educativa do CPI Virxe da Cela. Por terceiro ano consecutivo unímonos a esta iniciativa depositando nas bolsas plásticas que a propia organización nos facilita roupa e calzado usado que temos nas nosas casas. O seu destino: facilitar estes bens a aqueles que están a pasar unha difícil situación económica, ou incluso acabar nunha planta de reciclaxe e cos ingresos obtidos financiar proxectos educativos que esta organización ten en diferentes lugares da xeografía mundial.
Etiquetas:
Glorr,
Recollida de Roupa
jueves, 26 de febrero de 2015
martes, 16 de diciembre de 2014
FELICITACIÓN NADAL GLORR
Recibimos unha nova felicitación de Nadal por parte da organización GLORR, coa que colaboramos anualmente na súa campaña de recollida de roupa e calzado usado para axudar nos proxectos educativos que se están a desenvolver en diferentes lugares do planeta.
Etiquetas:
Glorr,
Nadal 2014
miércoles, 4 de diciembre de 2013
SOLIDARIEDADE POR QUILOS...
Unha vez máis a solidariedade do noso centro pódese pesar en quilos... Esta campaña de recollida de roupa tivo unha gran acollida entre alumnado e familias, e foron moitísimos os quilos de roupa que se depositaron no noso centro e que posteriormente, o luns 9 de decembro, a organización Glorr pasou a recoller. Grazas a todos pola vosa colaboración, non so aportando as vosas prendas de roupa e calzado, senón axudando a mobilizar todo este cargamento. Esperemos que outros nenos e nenas do noso país podan facer uso da nosa axuda para pasar un inverno máis cálido.
Etiquetas:
campaña recollida roupa,
Global Humanitaria,
Glorr
Suscribirse a:
Entradas (Atom)