Mostrando entradas con la etiqueta Asociación contra la Ceguera Infantil.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Asociación contra la Ceguera Infantil.. Mostrar todas las entradas

martes, 27 de mayo de 2014

CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN: RUTA DE LA LUZ E ACCI

     Ruta de la Luz y ACCI (Asociación Contra la Ceguera Infantil) son dúas organizacións que traballan na procura da saúde visual en contextos onde esta non está garantida, centrando a súa acción en países pouco desenvolvidos nos que a poboación non ten os medios suficientes ou non existen infraestruturas sanitarias e sociais que a promovan. A nosa profe de Reli de primaria, Begoña, propuxo esta actividade tan interesante tras ter coñecemento do traballo destas dúas organizacións. Tan fácil como reparar e graduar gafas vellas e darlle unha nova utilidade. Oftalmólogos voluntarios encárganse de atravesar medio mundo para facer revisións e proporcionar gafas a centos de persoas que as precisan. 

     Desde o CPI Virxe da Cela queremos apoiar esta iniciativa, e o alumnado de 1º da ESO traballou previamente para buscar lemas para esta campaña e tamén para visitar as aulas de todo o centro para sensibilizar ao alumnado e entregar cartas informativas ás familias pedindo a súa colaboración. Cun simple xesto podemos devolver a luz a moitas persoas que viven na semipenumbra e no umbral da pobreza. Soamente temos que depositar as gafas que teñamos nas casas e non utilicemos nas furnas situadas nas entradas de primaria e de secundaria. E como din os rapaces/zas de 1º da ESO, “para doar gafas non precisas ollos, senón corazón”.