Mostrando entradas con la etiqueta Rede Compás. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Rede Compás. Mostrar todas las entradas

martes, 8 de julio de 2025

Entrevista ao alumnado representante do grupo de mocidade da Rede Compás no noso centro: de Monfero a Bruselas para poñer en valor o sector primario

As competencias comunicativas e ecosociais do noso alumnado son o mellor exemplo para creer nunha sociedade mellor.

A Rede Compás é unha gran oportunidade para poñelas en valor.

Grazas a  do Diarío de Ferrol por esta estupenda entrevista. Darlle voz a mocidade é darlle voz a vida e ao futuro. 

 Imaxe autoeditada da nova recollida no Diario de Ferrol.




jueves, 19 de junio de 2025

ACTO DE INCIDENCIA POLÍTICA REDE COMPÁS NO CONCELLO DE MONFERO

Alberto Cortizas, teniente alcalde do Concello de Monfero, recibiu no salón de plenos do concello. a un grupiño de alumnos/as do CPI Virxe da Cela pertencente á Rede Compás (xoves 19 de xuño de 2025, ás 11:30 horas). A Rede Compás  intégrase na convocatoria Erasmus Plus KA154, financiado por la UE, e realizarse a través dun convenio de colaboración con AGARESO (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social). Consta de varias formacións online e presenciais, unha xuntanza con outros centros galegos en abril de 2025, unha comunicación de guerrilla e un acto de incidencia política no noso concello (xuño 2025) e unha viaxe ao Parlamento Europeo en setembro 2025, á que iremos 3 alumnos/as de cada centro. O CPI Virxe da Cela é un dos cinco centros galegos que forma parte da Rede Compás (cun total de 15 alumnos/as participantes e 3 docentes).

Alexandre Doutón e Nuno González exerceron como voceiros do grupo, e tras dar as grazas a Alberto Cortizas por recibilos, iniciouse a reunión coa presentación dos rapaces e rapazas alí presentes. Os voceiros deron unhas pinceladas do proxecto Rede Compás, na que o noso centro leva participando desde inicios deste curso 2024-2025, e que finalizará no mes de setembro cun viaxe a Bruxelas, directos ao Parlamento Europeo. A mocidade expresou a súa preocupación ante o problema do despoboamento do rural e compartiu co alcalde varios documentos que reflicten a necesidade de abordar esta problemática antes de que sexa tarde, xa que o futuro do rural está nas mans da mocidade. Entre os documentos aportados figura unha análise estatística que reflicte a opinió das familias e da mocidade da zona, un especial radiofónico, un vídeo explicativo, etc. 

Alberto agradeceu toda esta información e prometeu tratar de levar a cabo algúns cambios, os que estén na súas mans, para garantir que estes rapaces e rapazas podan vivir no futuro no rural e sacalo a diante con todas as transformacións que sexan necesarias para adaptarnos ao século XXI. Xa para finalizar o encontro o alcalde permitiu pendurar no balcón na casa consistorial a pancarta que leva o lema "Sen boas condicións non haberá relevo xeneracional", realizada polo propio alumnado do centro e elemento clave da súa "comunicación de guerrilla". Lembramos o noso paso polo Concello cunha foto de grupo e agradecemos a Alberto Cortizas o seu acollemento e o sei apoio, esperando seguir mantendo reunións cos nosos representantes políticos para facer posible unha participación cidadá na axenda política desde idades temperás. 









domingo, 15 de junio de 2025

Accións de comunicación de guerrilla en marcha! Rede Compás

O pasado 30 de maio a mocidade da #redcompás saíu á rúa con mensaxes claras e creativas.

En Silleda, quixeron chamar a atención sobre o transporte público no rural. Como? Cun esqueleto viaxeiro que percorreu paradas abandonadas de tren e bus. O Día D plantárono na porta do Concello xunto cun panel de fotos e fixeron enquisas á veciñanza. O obxectivo: levar os resultados ao pleno municipal o 9 de xuño.

En Monfero, o alumnado da Rede puxo o foco na defensa do sector primario e do medio ambiente como clave para garantir o futuro do rural. Fixeron unha pancarta e leron un manifesto diante de veciñanza e autoridades locais.

A comunicación de guerrilla é acción directa, creativa e reivindicativa no espazo público, para sacudir conciencias e abrir conversacións importantes.

Seguimos creando, soñando e loitando por un rural digno e vivo.




Imaxes das accións de guerrilla do alumnado dos dous centros educativos.


jueves, 12 de junio de 2025

Rede Compás: xuventude unida por un futuro digno no rural galego

 Xa contamos co vídeo resumo da xuntanza da Rede Compás en Allariz. Son máis de 50 mozas e mozos de cinco concellos para crear propostas sobre vivenda, transporte, educación e emprego que lanzaron nun manifesto por un futuro digno no rural galego.

Durante estes meses levan a cabo as súas accións de comunicación de guerrilla, están a reunirse con institucións locais e autonómicas e, en setembro, levarán o seu manifesto ao Parlamento Europeo.


Porque rural tamén é futuro. Queremos liberdade para elixilo!


jueves, 29 de mayo de 2025

COMUNICACIÓN DE GUERRILLA REDE COMPÁS

Un grupo de mozos e mozas do CPI Virxe da Cela pertencentes á Rede Compás realizan unha "comunicación de guerrilla" no pavillón polideportivo de Monfero (venres 30 de maio 2025). O proxecto Rede Compás intégrase na convocatoria Erasmus Plus KA154, financiado por la UE, e realizarse a través dun convenio de colaboración con AGARSO (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social). 

Con esta acción performativa, levada a cabo diante dun numeroso público e contando coa presencia de representantes políticos dos concellos de Monfero e Irixoa, e baixo o lema "Sen boas condicións non haberá relevo xeneracional" esta mocidade comprometida visibiliza a situación que se está a vivir no rural galego, pedindo unha mellora das condicións (sobre todo para a xente que vive do sector primario) para que deste xeito poder seguir vivindo no seu lugar de orixe sen ten que ir ás cidades en busca de oportunidades. 

Nas próximas semanas este grupo de mozas e mozas teñen previsto concertar unha reunión co alcalde do Concello para tratar en persoa este problema, entregarlle un documento escrito coas súas pedicións de mellora e respaldar as súas demandas aportando os resultados dunha doble enquisa (para persoas menores de idade por unha banda e para persoas maiores de idade por outra) que recolle o sentir da cidadanía da zona ao respecto: a precariedade do sector primario supón unha discriminación para a mocidade da zona, que non conta coas mesmas oportunidades de educación, de experiencias e de futuro, xa que a  precariedade do emprego forza a migración a núcleos máis grandes. 









MANIFESTO REDE COMPÁS VERSIÓN GALEGO by veracruces

martes, 27 de mayo de 2025

VIDEONCONFERENCIA ALUMNADO REDE COMPÁS

O martes 27 de maio de 2025 (aula Ferraganchos, 13:00 horas) varios alumnos/as de 3º da ESO, representando ao alumnado participante na Rede Compás, mantiveron unha reunión online con estudantes dos outro catro centros galegos que participan neste proxecto Erasmus+  KA154, financiado por la UE, e realizarse a través dun convenio de colaboración con AGARESO (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social). 

O obxectivo desta xuntanza en formato videoconferencia foi informar das actividades que se están a desenvolver neste último trimestre: unha comunicación de guerrilla e unha reunión con representantes políticos. Os representantes do alumnado dos diferentes centros educativos explicaron en que consistían as súas propostas, todas elas baseadas nas demandas para melloras para a mocidade, e traballadas previamente nun encontro de tres días realizado no pasado mes de maio en Allariz. Tamén se falou das datas previstas para realizar estas accións performativas. Roi Quitián, un dos coordinadores deste proxecto, exerceu de moderador desta reunión, aportando asimesmo consellos e tomando acta das informacións tratadas. 


lunes, 19 de mayo de 2025

VIDEOCONFERENCIA ALUMNADO REDE COMPÁS

 Iniciamos a semana (luns 19 de maio 2025, aula Ferraganchos, de 15:35 a 16:45) cunha reunión online con María Lobo (AGARESO), para poder ir dando forma aá última etapa do proxecto Rede Compás. Sabemos que o tempo é limitado e que temos que tomar decisións para deseñar a nosa "comunicación de guerrilla" e poder levar á cidadanía as demandas da mocidade dos concellos de Monfero e Irixoa.




miércoles, 23 de abril de 2025

HACKATLON DA REDE COMPÁS EN ALLARIZ

 Varios alumnos/as de 2º, 3ºe 4º  ESO participarán na actividade de mobilidade organizada no marco do proxecto “Red Compás: juventud europea y participación”, coordinado por AGARESO, que terá lugar entre os días 23 e 25 de abril de 2025.

As actividades previstas nesta mobilidade forman parte dun programa educativo extraescolar, certificado con Youthpass, e teñen como obxectivo a formación do alumnado en:

 ✔️ Competencias dixitais e mediáticas

 ✔️ Xestión de grupos e traballo en equipo

 ✔️ Habilidades de comunicación interpersoal e pública

 ✔️ Cidadanía e participación social (dereitos, deberes, institucións e vías de participación a nivel local, rexional e europeo)








Noticia do xornal "La Región".









miércoles, 2 de abril de 2025

REUNIÓN ALUMNADO REDE COMPÁS

Xa faltan poucos días para o evento tan esperado, o Hackatlon en Allariz, que permitirá que varios alumnos/as de 2º, 3º e 4º da ESO do CPI Virxe da Cela podan convivir tres días con outros xóvenes de outros 4 centros educativo galegos, da man do proxecto Erasmus+ "Rede Compás2. Para ultimar detalles e planificar a participación, a rapazada da Rede Compás do noso centro reuniuse o mércores 2 abril 2025 na Biblioteca Escolar, en horario de14:45 a 15:35.




jueves, 27 de marzo de 2025

VIDEOCONFERENCIA ALUMNADO REDE COMPÁS

 Xoves 27 de marzo de 2025, de 10:30 a 11:15. Aula de Ferraganchos. Representantes do alumnado dos 5 centros galegos que participan no Proxecto Rede Compás (Erasmus+), realizan unha videoconferencia para organizar a actividade Hackatlon que se levará a cabo conxuntamente os días 23, 24 e 25 de abril de 2025 en Allariz. Para a vindeira semana os representantes do alumnado reunirase co resto dos rapaces/zas inscritos no proxecto para informarlles sobre os acordos tomados. 





lunes, 17 de marzo de 2025

VIDEOCONFERENCIA PROFESORADO REDE COMPÁS

 Luns 17 de marzo de 2025, ás 16:00 horas. Zoom. O profesorado coordinador do proxecto Rede Compás dos cinco centros galegos que participan nesta iniciativa  (Erasmus Plus KA154, financiado por la UE, e realizarse a través dun convenio de colaboración con AGARSO Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social), manteñen unha reunión online con María Lobo, de AGARESO. Nesta reunión abordouse principalmente a preparación da xuntanza que o alumnado dos cinco centros terá a finais de mes nun albergue en Allariz, cunha estancia de 3 días, na que tratarán de sacar a diante unha acción performativa a sentar as bases do que será o manifesto que se utilizará como incidencia política non so nos gobernos locais no mes de xuño, senón tamén a nivel europeo (viaxe a Bruxelas en setembro 2025).


Imaxe da actividade formativa.






viernes, 21 de febrero de 2025

SEGUNDA FORMACIÓN PARA O ALUMNADO REDE COMPÁS

 Venres 21 de febreiro 2025. UUMM

Este pasado venres, 28 de febreiro de 2025, María Lobo impartiunos a segunda charla sobre o proxecto da Rede Compás. Este proxecto trata sobre visibilizar á xente do rural galego que non ten un papel importante nas decisións que se toman dende á Xunta de Galicia, dende o Goberno central de España, en Madrid, ou mesmo dende Bruxelas, en Bélxica. A este obradoiro apuntámonos a mitade da ESO, xa que estamos 20 alumnos e alumnas implicados neste proxecto. Paréceme moi bo resultado xa que normalmente a estas actividades non se apunta tanta xente e prefiren emplear ese empo para outras cousas. No obradoiro debatimos e falamos sobre os temas do primeiro obradorio. Ademáis veu un chico que non me lembro do seu nome a sacarnos fotos mentres facíamos o obradoiro que tamén pertence ao proxecto. Así que este obradoiro gústame moito porque podemos levar os nosos pensamentos ata o mesmiño Parlamento da Unión Europea de Bruxelas! MG 3º ESO.









 

viernes, 24 de enero de 2025

PRIMEIRA FORMACIÓN PARA ALUMNADO REDE COMPÁS

 Venres 24 xaneiro 2025


 






Un total de 17 alumnos/as dos diferentes cursos da ESO e dúas docentes do CPI Virxe da Cela están a participar nun interesante proxecto, Red Compás, integrado na convocatoria Erasmus Plus K154, financiado pola Unión Europea coa vontade de aportar xuventude que deseñe e pense modelos alternativos e sostibles para as súas localidades.  A Red Compás ten como obxectivo acompañar á mocidade de cinco localidades galegas para desenvolver unha acción colectiva de carácter social. 

O venres 24 de xaneiro de 2025 tivo lugar a primeira das actividades formativas, impartida por María Lobo de AGARESO (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social), que foi unha primeira toma de contacto para aprender a deseñar estratexas de comunicación e interacturar con institucións locais e medios de comunicación, un proceso de varios meses nos que estes rapaces e rapazas darán visibilidade as súas propostas e buscarán a implicación de líderes comunitarios e políticos nas súas ideas. Nesta primeira xornada formativa amosouse como o pico do iceberg o enorme potencial de esta mocidade que empeza a despuntar, aprendendo que do diálogo respectuoso e da unión como grupo pode canalizarse toda esta enerxía transformadora. 

O venres 24 de xaneiro de 2025 tivemos o primeiro obradoiro da Rede Compás. Foi dirixido por María Lobo, da asociación AGARESO (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social). Nel estivemos debatindo sobre que obxetivos da xuventude (propostos pola ONU) críamos máis o menos importantes, para despois elixir un e levalo até o Parlamento Europeo (previsto para o vindeiro curso).  A sesión durou 2 horas e media e para min estivo moi entretida. Gustoume moito a maneira de dirixir de María, xa que en case todo momento mantivo un ambiente amigable e dinámico. Aínda que pasamos moito tempo debatindo sobre cousas que non estaban necesariamente relacionadas co que estabamos a facer, creo que fixemos avances enormes e que na seguinte sesión poderemos afondar máis. Tamén penso que as nosas habilidades de debatir poden mellorar grazas a este proxecto. En conclusión, o obradoiro encantoume, penso que fixen ben en apuntarme, vou seguir no programa e penso que a idea de darlle voz á rapazada é xenial. Marcu Popa (2º ESO).










lunes, 13 de enero de 2025

CAMPAÑA DE DIFUSIÓN REDE COMPÁS

 Luns 13 xaneiro 2025

Comezamos a nosa participación na REDE COMPÁS coa campaña de difusión entre o alumnado das súas características, obxectivos, plan de traballo e actuacións previstas por parte do alumnado de 4º da ESO que xa participa da iniciativa.




Imaxes da presenza nas aulas do alumnado de 4º da ESO para explicar a iniciativa.


viernes, 13 de diciembre de 2024

REDE COMPÁS PRIMEIRO TRIMESTRE

Durante este primeiro trimestre do curso 2024-2025 foron varias as actividadades desenvolvidas para poñer en funcionamento, organizar e dinamizar o proxecto  Rede Compás Erasmus+ que se levará a cabo nos vindeiros meses. Deixamos constancia neste pequeno resumo: 

O martes 14 de novembro de 2024, de 17:30 a 19:00 horas, aplicación zoom. 

Profesorado de cinco centros galegos que van participar na Rede Compás (proxecto Erasmus+), cos coordinadores Roi Quitián e María Lobo (AGARESO).

Martes 3 decembro 2024. O Grupo Motor do CPI Virxe da Cela, liderado por alumnado de 4º da ESO, comunícase con Roi Quitián por videoconferencia.

Venres 13 decembro de 2024: As profesoras Yolanda Castro e Verónica Dopico, que coordinan a Rede Compás no CPI Virxe da Cela, realizan unha videoconferencia Zoom con María Lobo.

Paralelamente a estas actividades de coordinación entre os responsables do proxecto, estamos a realizar reunións periódicas co alumnado do Grupo Motor algúns venres de 15:35 a 16:25 para ir marcando obxectivos e para proporcionar un espazo para que a rapazada poda tomar as súas propias decisións e marcar o rumbo. 


Videoconferencias cos coordinadores



Alumnado de 4º ESO do Grupo Motor





miércoles, 2 de octubre de 2024

PRESENTACIÓN REDE COMPÁS

Mércores 2 de outubro 2024. 

María Lobo, da ONGD AGARESO, visitou o noso centro para impartir un obradoiro para todo o alumnado da ESO sobre asociacionismo xuvenil. Esta é a primeira das actividades (toma de contacto) co  proxecto “Rede Compás”. A través de diferentes dinamicas participativas, os mozos e mozas do CPI Virxe da Cela reflexionaron sobre os súas necesidades para garantir o seu presente e futuro nun medio rural como o noso, para extraer unha serie de demandas e peticións que se pretende facer chegar aos nosos representantes políticos. María Lobo explicou detalladamente o cronograma deste proxecto, que nos fará compartir experiencias con outros catro centros galegos. 

A "Rede Compás"  intégrase na convocatoria Erasmus Plus KA154, financiado por la UE, e realizarse a través dun convenio de colaboración con AGARESO (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social). Consta de varias formacións online, unha xuntanza con outros centros galegos en abril de 2025 e unha viaxe ao Parlamento Europeo en setembro 2025.