viernes, 18 de julio de 2025

Congreso Internacional VI FENDA DIXITAL – INTELIXENCIA ARTIFICIAL XENERATIVA E OS NOVOS DESAFÍOS NA EDUCACIÓN, Curitiba, Brasil

Hoxe estivemos no Congreso Internacional VI FENDA DIXITAL – INTELIXENCIA ARTIFICIAL XENERATIVA E OS NOVOS DESAFÍOS NA EDUCACIÓN, que se celebrará os días 16, 17 e 18 de xullo de 2025 en Curitiba, Brasil, en modalidade híbrida (https://www.even3.com.br/vifendadixital?lang=pt).

Esta é unha gran oportunidade para comprender as achegas e os retos que presenta a IA dentro do ámbito educativo. Ademais, conta coa ventaxe de que as diferentes aportacións poden volver a verse a través da canle de Youtube do evento (https://www.youtube.com/@FendaDixital).

Aquí deixamos a presentación que realizamos sobre os desafios que temos ser quen de afrontar para unha adecuada implementación da Intelixencia Artificial (IA) nas nosas escolas acompañada das experiencias de Célio Manfré Filho (DidaTic/UEL, Brasil) e Marco Bento (ESE, Politécnico de Coimbra, Portugal) e moderado polo Dr. Jesús Rodríguez Rodríguez (USC).


Imaxe autoeditada da presentación do centro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario