Desde o CPI Plurilingüe Virxe da Cela deséxavos un Bo Nadal e unhas Felices vacacións.
sábado, 21 de diciembre de 2019
CPI VIRXE DA CELA. FESTIVAL DE NADAL 2019
Hoxe , como tódolos anos celebramos o festival de Nadal. E como as veces é mellor unha imaxe que mil palabras, aquí vos deixamos as estupendas actuacións dos alumnos/as do noso cole.
miércoles, 18 de diciembre de 2019
CHEGOU O PAQUETE DA INDIA!!!
O alumnado de 3º de primaria, acompañado pola súa mestra de inglés (Cristina Cillero), tivo o privilexio de abrir o paquete chego da India (martes 17 decembro 2019). Os nenos e nenas quedáronse impresionados cos fermosos e diversos contidos elaborados polos nenos e nenas da Konampalli School (Anantapur, India), que ano tras ano envían á noso centro a modo de intercambio epistolar e de tradicións (programa School to School, da Fundación Vicente Ferrer). Agora tócanos a nós, esperamos poder facer materiais que estean á súa altura para enviarllos a final de curso!!
martes, 10 de diciembre de 2019
OBRADOIRO IGUALDADE DE OPORTUNIDADES NENOS/NENAS
Durante a semana do 25 de novembro do 2019 o alumnado do CPI Virxe da Cela (Monfero), a orientadora do centro Tamara, Yolanda e Verónica dos departamentos de valores e relixión, así coma gran parte do profesorado i eu, Ana Loredo, tivemos a oportunidade de analizar, compartir e reflexionar sobre a igualdade de oportunidades entre nenas e nenos. Nos catro obradoiros falamos dalgunhas violencias que coñecemos e preguntámonos cal é a base porque só coñecendo as súas causas podemos tomar decisións i evitalas. A pregunta fundamental que nos fixemos en todos os obradoiros foi, quen fai que? Analizamos as tarefas que realizan mulleres e homes en distintos exemplos da nosa cultura para coñecer si manteñen crenzas sexistas que limitan os nosos modelos. Ana Loredo.
Etiquetas:
Ana Loredo,
Departamento Orientación,
Obradoiro Igualdade
lunes, 9 de diciembre de 2019
ÉXITO NA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA GLORR
O mércores 11 de decembro de 2019 fixemos entrega á ONG Glorr dunha montaña de bolsas de roupa e calzado, confirmando un éxito rotundo na Campaña de Recollida de Roupa. Grazas a todos e todas pola vosa colaboración.
Etiquetas:
Campaña de recollida de roupa,
Glorr
miércoles, 27 de noviembre de 2019
CAMPAÑA GLORR DECEMBRO 2019
Queridas Familias:
Monferosolidario
quere un ano máis apoiar a campaña de recollida de roupa usada e calzado, a
favor da ONG Glorr & Global Humanitaria, para asistir aos menores e
familias que se encontran en situación de precariedade económica ou exclusión
social no territorio nacional. Para isto visitaremos as aulas do noso centro
presentando esta campaña aos nosos alumnos e repartindo unha nota informativa,
así como as bolsas para depositar a roupa. A data límite de recollida será o
luns 9 de decembro de 2019. As bolsas poderán depositarse nas entradas do centro
escolar. Agradecemos a vosa colaboración.
Monferosolidario, 26
novembro 2019
Etiquetas:
Campaña de recollida de roupa,
Glorr
sábado, 23 de noviembre de 2019
CARREIRA SOLIDARIA NO CPI VIRXE DA CELA
Como en anos anteriores, o venres 22 de Novembro do 2019 (Venres)
celebramos no noso centro a Carreira Quilómetros
de Solidariedade para colaborar coa ONG
“Save the Children”, que este ano vai dedicada ás nenas/os do pobo Rohingya.
Pero este ano, a carreira
tivo un triple motivo de conmemoración. Tendo en conta que o 20 de Novembro foi
o día dos Dereitos dos Nen@s e o 25 de Novembro é o Día Internacional contra da
Violencia de Xénero, conmemoramos no mesmo acto estas dúas datas e os valores
que representan.
Así que a carreira (a diferencia doutros anos) foi unha carreira
de relevos por clases, encabezada primeiro por unha rapaza de cada un dos cursos
que, sentada nunha cadeira de cor vermella (símbolo dos millóns de nenos e nenas
que non teñen dereito á educación), recolle o relevo simbolizado por un facho de
cor morado (símbolo do Día contra a Violencia de Xénero), dando saída a todos
os nenos e nenas do seu curso.
Cada clase vestiu unha camiseta facilitada polo Concello, coa
lenda Monfero en Negro e o dorsal de “Save the Children”.
Ao remate da
carreira Clara e Lucía, alumnas de 4º ESO, leron un manifesto a favor dos
Dereitos dos Nen@s e en contra da Violencia de Xénero.
Como final do acto as profesoras de E.F deron aos nenos, nenas e
rapaces/as un agasallo e un diploma pola
súa participación.
Dende o noso cole queremos dar as grazas a toda a comunidade
educativa pola súa colaboración e solidariedade.
Porque un mundo mellor é posible....
CONSTRUÁMOLO ENTRE
TODOS!
Etiquetas:
carreira solidaria 2019,
Save the Children
jueves, 21 de noviembre de 2019
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Parece que todos os días semellan iguais, máis este 25 de
novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, queremos dun xeito
especial, denunciar e levantar á nosa voz contra esta lacra. A violencia contra
as mulleres é unha das máis degradantes violacións dos Dereitos Humanos e
continúa progresando no ámbito global.
Algo estamos a construír mal nesta sociedade cando non somos
capaces de resolver os conflitos coa palabra. Vivimos nun mundo no que cada vez
se vai máis rápido e no que o individualismo e o poder é o que conta. Debemos
espertar as nosas conciencias ante as inxustizas e o sufrimento. Debemos
pararnos e sentir que cada morte, cada acto violento fainos a todos e a todas
vulnerables.
É por iso polo que debemos seguir insistindo en campañas de
prevención, informando e previndo desde todos os ámbitos da sociedade: desde a
familia, cunha educación en igualdade, desde os colexios, cunha coeducación
real, desde o traballo e desde os poderes políticos.
No noso centro, o CPI Virxe da Cela o alumnado de ESO tomou
a iniciativa de visibilizar e sensibilizar á comunidade educativa e a toda
a sociedade en xeral realizando unha exposición de carteis
creados por eles na que mostran, a través da imaxe, a súa
visión sobre esta data.
A exposición, na que tamén se amosan algúns carteis creados
polo alumnado do CPI As Mirandas de Ares, co cal colaboramos en diferentes
datas, está exposta en ámbolos dous centros.
Por último dicir que, a todos os
que formamos parte do CPI Virxe da Cela,
encantaríanos que moi pronto, o 25 de novembro, Día Internacional Contra a
Violencia de Xénero, non haxa nada que celebrar. Porque celebrar este día,
deste xeito, non é unha festa, é un toque de atención para que nos demos conta
e nos levantemos en defensa dos nosos dereitos e liberdades, porque as mulleres
somos iguais aos homes e nada nin ninguén debe someternos. Mentres tanto, desde
o noso colexio, seguiremos educándonos na igualdade e loitando pola dignidade
de todos e todas.
Finalizamos coas verbas
dunha excepcional muller, Clara Campoamor quen dixo:
“ACUSEI AS INXUSTIZAS PORQUE NON QUERO
QUE O MEU SILENCIO AS ABSOLVA”
A pesar das nosas diferenzas,
compartimos a mesma realidade e estamos unidos na loita para conseguir que o
mundo sexa un lugar mellor para todas e todos.
Porque queremos outro
mundo, e sabemos que é posible....
CONSTRUÁMOLO ENTRE TODOS!
(Podedes premer na imaxe para velos en grande).
Manifesto conxunto a favor dos dereitos dos nen@s e en contra da Violencia de Xénero
CARREIRA SOLIDARIA 2019
MANIFESTO NO DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NENOS
E CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Hoxe con
esta carreira solidaria queremos
conmemorar dúas datas significativas que cumpre lembrar: por unha banda
o Día Internacional dos Dereitos dos
Nenos e Nenas e por outro O
Día Internacional contra a Violencia de
Xénero. Por iso reunímonos aquí para alzar as nosas voces e
manifestar o noso compromiso concreto de traballar pola xustiza e a defensa dos
Dereitos de todos.
A pesar
de que todos os nenos e nenas temos os mesmos dereitos, somos conscientes de
que en moitas partes do mundo vense vulnerados e que os gobernos e a sociedade
en xeral non fan todos os esforzos necesarios para cambiar esta situación.
É unha
sorte ter unha familia que nos ama, recibir educación, estar rodeados de xente
en quen poder confiar e de amigos que nos axudan, ter asistencia médica, comida
e unha casa. Moitos outros nenos e nenas non poden dicir o mesmo. Por iso,
queremos dar as grazas a todos aqueles que se preocupan por nós e que nos
axudan para que os nosos dereitos sexan respectados.
Pero
queremos ir máis aló da nosa contorna máis próxima e manifestar de maneira
especial o noso firme rexeitamento a todas as situacións que viven millóns de
nenos e nenas cando se vulnera a súa condición humana. Rexeitamos especialmente
a guerra e as súas consecuencias, a explotación laboral e sexual, a marxinación
polas discapacidades físicas ou psíquicas, o tráfico de nenos e a súa morte, a mutilación e o tráfico de órganos, a
escravitude. Non aceptamos que os nenos e as nenas se instrúan na guerra e
maten, ou que se convertan en nenos soldados. Non aceptamos que se incite aos
nenos ao odio e á violencia. Unímonos a todos eses nenos e nenas anónimos que
pasaron por este mundo sen recibir amor nin protección.
Por iso,
pedimos que todos os países se comprometan, que acepten e cumpran os dereitos
dos nenos. Que as familias, os centros educativos, os gobernantes, as
institucións e a sociedade en xeral recoñezan que os nenos somos persoas con
dereitos e deberes, que nos deben respectar e coidar e que temos dereito a ser
nenos e a comportarnos así.
Nós,
esforzarémonos por respectar e axudar aos demais para solucionar os conflitos
mediante o diálogo, para coidar da natureza, para valorar a liberdade, para
facer feliz ao que temos á beira. En definitiva, comprometémonos a construír un
mundo mellor para todos e todas.
Por outra
banda, tamén queremos lembrar a todas as mulleres que sufriron violencia de
xénero e denunciar e condenar calquera tipo de acto violento exercido contra
elas, xa sexan malos tratos físicos, que deixan marca e doen, que humillan e
someten; abuso verbal e malos tratos psicolóxicos, que destrúen, anulan e
aniquilan a liberdade da muller; e os malos tratos sexuais, que denigran e afunden ás vítimas.
No noso
cole tentamos priorizar accións para a igualdade efectiva entre homes e
mulleres. Accións que, como no día de hoxe, poñen de manifesto que achegamos o
noso gran de area na loita contra esta lacra que fai á nosa sociedade débil ética
e moralmente.
A todos
os que formamos parte do CPI Virxe dá
Cela, encantaríanos que moi pronto, o día 25 de novembro, Día Internacional
Contra a Violencia de Xénero, non haxa nada que celebrar. Porque celebrar este
día deste xeito non é unha festa, é un toque de atención para que nos deamos
conta e nos levantemos en defensa dos nosos dereitos e liberdades, porque as
mulleres somos iguais aos homes e nada nin ninguén debe someternos. Mentres
tanto, desde o noso colexio, seguiremos educándonos na igualdade e loitando
pola dignidade das mulleres.
A pesar
das nosas diferenzas, compartimos a mesma realidade e estamos unidos na loita para conseguir que o
mundo sexa un lugar mellor para todos. Porque queremos outro mundo e sabemos
que é posible....
CONSTRUÁMOLO ENTRE TODOS!
domingo, 17 de noviembre de 2019
UN CONTO POLO DEREITO Á EDUCACIÓN UNIVERSAL. CPI VIRXE DA CELA. DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA
"A cadeira vermella" é a campaña que a ONG
Entreculturas lanza para concienciar á poboación do Dereito á Educación de máis
de 61 millóns de nen@s en todo o mundo que están sen escolarizar.
Un grupiño de
alumnos/as de 2º, 3º e 4º da ESO axudaron a presentar esta campaña
reivindicando a escolarización universal para todos os nenos e nenas do mundo.
Así, realizaron diversas sesións de contacontos para o alumnado de infantil e
primaria. Nas sesións os rapaces da ESO narraron o conto “Mahán e a cadeira
vermella”, un conto creado polo alumnado do CPI Virxe da Cela de Monfero, e que
fala sobre o Dereito á Educación Universal. Logo como parte da dinámica,
realizaron o xogo de “ A cadeira vermella” así como un pasapalabra sobre o
conto. Ao remate da sesión todos os nenos e nenas foron agasallados cunha cadeiriña
vermella que levaron para súa clase como símbolo do Dereito á Educación de
todos os Nenos e Nenas do mundo (agradecemos a Alberto a súa implicación na
actividade facendo as cadeiriñas na impresora
3D).
Aquí podedes ver un vídeo da xornada.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)