Mostrando entradas con la etiqueta Cociña Económica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cociña Económica. Mostrar todas las entradas

martes, 5 de marzo de 2013

XORNADA SOLIDARIA EN FERROL

Poucas veces podemos facer tantas cousas en tan pouco espazo de tempo. A xornada realizada o mércores día 6 de marzo en Ferrol foi moi completa e moi gratificante para o alumnado da ESO do CPI Virxe da Cela. Ás 9:45 horas os rapaces e rapazas repartíronse caixas repletas de alimentos e bolsas cheas de tapóns de plástico e as levaron ao maletero dos autobuses. Fixemos un tranquilo traxecto Monfero-Ferrol, e a pesares da choiva, carretamos as caixas de alimentos e as levamos á Cociña Económica de Ferrol. Xa é a terceira campaña "Operación Quilo" realizada no noso colexio, e a segunda vez que visitamos as instalacións desta institución solidaria ferrolana. Consideramos que visitar a cociña económica vale a pena aínda que soamente leváramos un paquete de arroz, porque percorrer as instalacións e recibir unha charla explicativa é o punto que nos fai sen conscientes de que un simple xesto individual pode significar a transformación da sociedade. Observamos a limpieza, a pulcritude e a calidez deste local, o trato cordial dos seus traballadores, a calidade dos alimentos que utilizan para elaborar as comidas, etc. Tras a visita á Cociña Económica, os alumnos/as de 3º e 4º da ESO percorreron o barrio da Magdalena e outras zonas do centro de Ferrol para observar os edificios típicos da arquitectura modernista ferrolana, e así completar un traballo que están elaborando na materia de CCSS. Os máis pequenos, os rapaces e rapazas de 1º e 2º da ESO, aprenderon moitos datos sobre a historia naval de Ferrol visitando o Museo Naval desta cidade, observando a multitude de restos de navíos, maquetas, cartas de navegación, etc. Finalizamos a viaxe solidaria realizando unha última parada na Fundación Seur, situada no Polígono da Gándara, para depositar a decena de bolsas cargadas de tapóns de plástico para unha boa causa, o proxecto "Tapóns para unha nova vida", provovido pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Foi un día moi especial, e todos e todas experimentamos a agradable sensación de compartir e contribuír á construción dun mundo mellor.



   
 
 


 

martes, 18 de diciembre de 2012

OPERACIÓN QUILO 2012

En 2008 iniciamos a nosa colaboración coa Cociña Económica de Ferrol. “Operación Quilo: Solidarios coa Cociña Económica de Ferrol” é unha campaña bianual (Nadal 2008, 2010 e 2012), que ten a finalidade de sensibilizar á nosa comunidade educativa da existencia dun “Cuarto Mundo” moi cerca de nós. Recollemos alimentos e posteriormente os levamos a Ferrol, visitando as instalacións da Cociña Económica e recibindo unha charla sobre a historia e o funcionamento desta institución social. 

O alumnado de Atención Educativa de 1º da ESO (María, Diana, Paula, Andrea, Adrián e Aitor) visitarou as aulas do noso cole animando aos rapaces e rapazas a participar nesta campaña, xa que coa nosa pequena contribución poderemos facilitar alimento a tantas persoas que na presente situación de crise vense obrigados a acudir a un comedor social. Enviamos unha circular a todas as familias para facerlles partícipes desta actividade. Varios grupos de EI e EP foron coas súas titoras de "excursión" ao punto de recollida de alimentos, que está situado próximo á biblioteca escolar, para depositar os seus paquetes de pasta, arroz, azúcar e outros alimentos non perecedeiros. 




martes, 22 de mayo de 2012

SOLIDARIOS COA COCIÑA ECONÓMICA






O CPI Virxe da Cela acaba de recibir unha carta da Cociña Económica de Ferrol expresando o seu agradecemento pola entrega dun donativo en especie. Este donativo foi efectuado no pasado mes de abril, e consistía nun  lote de paquetes de arroz e unha caixa de vexetais. O comedor escolar do noso centro destinou estes alimentos que tiña como excedente a un fin benéfico, unha sinxelo xesto de solidariedade en estes tempos de crise. O número de usurarios da Cociña Económica de Ferrol e de outros comedores sociais multiplicouse nestos últimos meses. Desde fai tres anos o CPI Virxe da Cela organiza a Operación Quilo, unha campaña de sensibilización que ten como resultado a recollida de alimentos non perecedeiros para donar a esta institución benéfica de Ferrol.