Mostrando entradas con la etiqueta Concello Monfero. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Concello Monfero. Mostrar todas las entradas

martes, 8 de julio de 2025

Entrevista ao alumnado representante do grupo de mocidade da Rede Compás no noso centro: de Monfero a Bruselas para poñer en valor o sector primario

As competencias comunicativas e ecosociais do noso alumnado son o mellor exemplo para creer nunha sociedade mellor.

A Rede Compás é unha gran oportunidade para poñelas en valor.

Grazas a  do Diarío de Ferrol por esta estupenda entrevista. Darlle voz a mocidade é darlle voz a vida e ao futuro. 

 Imaxe autoeditada da nova recollida no Diario de Ferrol.




jueves, 19 de junio de 2025

ACTO DE INCIDENCIA POLÍTICA REDE COMPÁS NO CONCELLO DE MONFERO

Alberto Cortizas, teniente alcalde do Concello de Monfero, recibiu no salón de plenos do concello. a un grupiño de alumnos/as do CPI Virxe da Cela pertencente á Rede Compás (xoves 19 de xuño de 2025, ás 11:30 horas). A Rede Compás  intégrase na convocatoria Erasmus Plus KA154, financiado por la UE, e realizarse a través dun convenio de colaboración con AGARESO (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social). Consta de varias formacións online e presenciais, unha xuntanza con outros centros galegos en abril de 2025, unha comunicación de guerrilla e un acto de incidencia política no noso concello (xuño 2025) e unha viaxe ao Parlamento Europeo en setembro 2025, á que iremos 3 alumnos/as de cada centro. O CPI Virxe da Cela é un dos cinco centros galegos que forma parte da Rede Compás (cun total de 15 alumnos/as participantes e 3 docentes).

Alexandre Doutón e Nuno González exerceron como voceiros do grupo, e tras dar as grazas a Alberto Cortizas por recibilos, iniciouse a reunión coa presentación dos rapaces e rapazas alí presentes. Os voceiros deron unhas pinceladas do proxecto Rede Compás, na que o noso centro leva participando desde inicios deste curso 2024-2025, e que finalizará no mes de setembro cun viaxe a Bruxelas, directos ao Parlamento Europeo. A mocidade expresou a súa preocupación ante o problema do despoboamento do rural e compartiu co alcalde varios documentos que reflicten a necesidade de abordar esta problemática antes de que sexa tarde, xa que o futuro do rural está nas mans da mocidade. Entre os documentos aportados figura unha análise estatística que reflicte a opinió das familias e da mocidade da zona, un especial radiofónico, un vídeo explicativo, etc. 

Alberto agradeceu toda esta información e prometeu tratar de levar a cabo algúns cambios, os que estén na súas mans, para garantir que estes rapaces e rapazas podan vivir no futuro no rural e sacalo a diante con todas as transformacións que sexan necesarias para adaptarnos ao século XXI. Xa para finalizar o encontro o alcalde permitiu pendurar no balcón na casa consistorial a pancarta que leva o lema "Sen boas condicións non haberá relevo xeneracional", realizada polo propio alumnado do centro e elemento clave da súa "comunicación de guerrilla". Lembramos o noso paso polo Concello cunha foto de grupo e agradecemos a Alberto Cortizas o seu acollemento e o sei apoio, esperando seguir mantendo reunións cos nosos representantes políticos para facer posible unha participación cidadá na axenda política desde idades temperás. 









martes, 27 de mayo de 2025

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN ARTIVISMO

Despois de todo un curso traballando no proxecto Education4ThePlanet 2024-2025 a xuventude galega activada pola Axenda 2030 e a Acción polo Clima, unha iniciativa que foi posible grazas ao apoio da Fundación Ayuda en Acción, toca agora amosar os resultados, xa que consideramos que é imprescindible visibilizar o noso traballo e o noso esforzo e tamén acadar incidencia política e social.  

O martes 27 de maio de 2025 contamos coa presencia de Alberto Cortizas, teniente alcalde do Concello de Monfero, que visitou o noso centro para a inauguración da nosa exposición de “Ariivismo” e tamén con Laura Gómez Vales (técnica da Fundación Ayuda en Acción para Education4ThePlanet) que leva todo o curso acompañándonos neste proxecto, que explicou os obxectivos do proxecto e as actividades desenvolvidas, todo isto recollido nun gran panel expositivo. Varios alumnos/as de 1º e 2º de ESO presentaron as obras "artivísticas" que realizaron utilizando materiais de refugallo que eles memos/as recolleron nunha xornada de limpeza na praia do Pedrido (abril 2025).

E aproveitando a visita desta figura política, convidámolo ao noso estudio radiofónico para facerlle unha entrevista. Foi un faladoiro moi agradable, non que Alberto recordou tempos pasados neste centro educativo ao que el tamén asistiu como alumno xa fai uns anos, e tamén explicou minuciosamente as medidas que se poden levar a cabo nun concello do rural galego para poder acadar os obxectivos da Axenda 2030, en concreto especialmente o 11 e 12,  enfocados no medio ambiente, abordando temas como o cambio climático e a sustentabilidade.







jueves, 14 de marzo de 2019

ENTREGA DE DIPLOMAS DO CURSO DE MEDIACIÓN

     Martes 12 de marzo de 2019. Abel (monitor do curso), Maica (traballadora social do Concello de Monfero), Magú (orientadora). Entrega de diplomas ao alumnado de 2º de ESO participante no Curso de Formación en Mediación Entre Iguais.
      O día 6 de novembro de 2018 presentamos o proxecto de mediación ao alumnado de 2º de ESO… que rápido pasa o tempo!! Despois de case cinco meses facemos a entrega dos diplomas ao alumnado que voluntariamente quixo participar: Ariadna Díaz Tondo Marta Fernández Sanjúan Hugo Lucía Romero Daniel Pena Bonome Felipe Rey Castro Rubén Rodríguez Fernández Cristina Vázquez Varela.
    Ademais de Abel (animador sociocultoral) e Magú (orientadora) achegóuse ao noso cole para realizar esta entrega, Maica (Traballadora Social do concello de Monfero) e, aproveitando a súa presencia pedímoslle que un día que teña tempo veña de novo a explicarnos cales son as funcións dunha traballadora social e, se pode ser, tamén dun educador ou educadora social.
    Pero isto non acaba aquí! Os días 26 e 27 de abril, Hugo e Marta, en representación dos mediadores poderán participar nos VII Encontros de centros para unha convivencia positiva: un mar de redes, que se celebra no IES Mestre Landín de Marín, onde poderán compartir experiencias con outros mediadores e mediadoras, así como mellorar a súa formación.