O mércores 13 de abril de 2016 celebrouse no CPI Virxe da Cela a segunda reunión do profesorado participante nun interesante proxecto de investigación sobre a Educación para o Desenvolvemento, en colaboración coa Universidade da Coruña e a ONGD Solidariedade Internacional Galicia. Durante un par de horas tratouse de definir unha temática en común para abordar un traballo conxunto no vindeiro curso académico e que se levará á práctica nas aulas da nosa escola, coa participación de todos os ciclos e nivéis (educación infantil, educación primaria e educación secundaria) e coa supervisión e as aportacións da UDC e SIG.
Mostrando entradas con la etiqueta Investigación en Educación para o Desenvolvemento. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Investigación en Educación para o Desenvolvemento. Mostrar todas las entradas
jueves, 14 de abril de 2016
jueves, 7 de abril de 2016
OBRADOIRO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO
O pasado mércores 6 de abril de 2016, un grupo de profesores e profesoras do CPI Virxe da Cela, participantes no proxecto de investigación sobre Educación para o Desenvolvemento en colaboración coa Universidade da Coruña e Solidariedade Internacional Galicia, asistiron a unha sesión de formación, impartida por Ana Lampón (SIG). Penduramos neste blogue algúns dos materiais que se visionaron, para aqueles que os queran consultar.
Ep d intered from satelite1
viernes, 4 de marzo de 2016
jueves, 19 de noviembre de 2015
INVESTIGACIÓN EN EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO
Asistimos á presentación da plataforma dixital de educación para o desenvolvemento que tivo lugar o día 18 de novembro de 2015 na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña e que corresponde ao proxecto de investigación “Explorando as posibilidades de estender a dimensión global da Educación para o Desenvolvemento na ESO. Unha investigación diagnóstica en centros educativos de Galicia”, subvencionado pola Xunta de Galicia, no cal o CPI Virxe da Cela está participando.
Si premedes a imaxe podedes acceder á web de Investigación en ED
Suscribirse a:
Entradas (Atom)