Mostrando entradas con la etiqueta Radio Itinerante Creativa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Radio Itinerante Creativa. Mostrar todas las entradas

lunes, 30 de abril de 2018

ESPECIAL RADIOFÓNICO: CIENCIA SOLIDARIA

Ciencia e solidariedade nun mesmo programa? Correcto, en Ciencia Solidaria celebramos os dez anos de Monferosolidario cunha das responsables, Yolanda Castro. Ademais, pasaron polo cole Margarita Vidal e Antonio Quintela, ACNUR para contarnos o seu labor humanitaria. E ciencia por que? Porque aproveitamos a semana da ciencia coa visita da profesora da UDC, Ana González e Lucía Mato, doutoranda. E, por suposto, os experimentos que fixemos da man e voz das nosas reporteiras invitadas Ariadna, Nerea e Andrea. Un programa feito polo alumnado de 4º de Primaria. Todo isto e máis en:

http://www.radioitinerantecreativa.blogspot.com

 

jueves, 17 de diciembre de 2015

ESPECIAL RADIOFÓNICO FUNDACIÓN REPSOL

Os alumnos de 3º da ESO fixeron un programa de radio sobre o seu propio instituto. Nel, puideron entrevistar a Ignacio Egea (vicepresidente da Fundación Repsol) , Javier Inclán (director da area social e institucional de Respsol), Beatriz Varela (técnico de Ayuda en Acción) e a Yon Penas (docente do programa Genios). Todos eles son a mostra da participación co CPI Virxe da Cela co fin de lograr un futuro sostible baseado no coñecemento e na innovación. Velaí vai:

 

miércoles, 4 de marzo de 2015

O CPI VIRXE DA CELA CELEBRA A SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA

"Son poucos. Tan só 154 alumnos (e tendendo á baixa) e 24 profesores. E, por riba, o centro atópase nun concello coruñés, Monfero, montañoso e lonxe das principais vías de comunicación". Así comeza o xornalista Cristóbal Ramírez a súa crónica sobre o CPI Virxe da Cela publicada esta misma mañá do mércores 4 de marzo de 2015 no especial La Voz de la Escuela adicado á Semana da Prensa da Escola. Estar alonxado das principais vías de comunicación físicas e terrestres non significa estar "incomunicado", xa que o noso centro educativo leva anos utilizando diferentes medios de comunicación como parte do proceso de ensinanza-aprendizaxe. Participamos no programa Prensa Escuela de La Voz de Galicia grazas ao cal recibimos semanalmente a prensa na aula, e desde os primeiros cursos o noso alumnado comeza a descubrir acontecementos notables e de actualidade a través dos xornais. A radio constitúe outro medio de comunicación moi utilizado e valorado tanto polo alumnado como polo profesorado da nosa escola, á que chegou da man de Lucía Abarrategui e Sergio Pascual co seu proxecto de Radio Itinerante Creativa. E de novo nas palabras de Cristóbal Ramírez, que pecha o seu artigo remarcando que "todo un exemplo para un centro que acomete a Semana da Prensa na Escola facendo o que sabe facer: traballar cos medios de comunicación e valerse deles un día si e outro tamén"






martes, 3 de marzo de 2015

PODCAST PRESENTACIÓN PASAPORTES SOLIDARIOS



A Radio CPI Virxe da Cela recibiu ao voluntario e xornalista Cristobal Rámirez, que veu a presentar o novo Pasaporte Solidario, que entrega todos os cursos a Xunta de Galicia. O programa, dirixido por alumnos de 4º de Primaria, contou coa participación do alumnado do centro, nun espazo de comunicación e solidariedade sonoro. Entérate de máis e escoita o podcast do programa radiofónico "Pasaportes Solidarios", gravado no CPI Virxe da Cela o pasado venres 20 de febreiro.

 

sábado, 21 de febrero de 2015

PRESENTACIÓN DO PASAPORTE SOLIDARIO NO CPI VIRXE DA CELA


Pola nosa cabeciña andaba a roldar a idea de utilizar o formato radiofónico para a presentación dos Pasaportes Solidarios da Xunta de Galicia. Nesta ocasión o resultado final superou con creces á idea inicial, e todos e todas os que asistimos a esta actividade desenvolvida o pasado venres 20 de febreiro no CPI Virxe da Cela quedamos máis que encantados coa maxia e feitizo da radio.  En realidade os méritos quedan moi repartidos…
Por unha banda temos aos rapazas e rapaces de 4º de primaria, que amosaron un talento innato diante dos micrófonos, guiando o programa radiofónico de principio a fin sen cortes nin  repeticións e conversando con grande naturalidade co convidado principal. Tamén neste interesante convidado, de nome Cristóbal Rodríguez, de profesión “xornalista” e de vocación “voluntario”, recaen merecidos méritos, xa que explicou a finalidade deste documento que rexistra as nosas actividades solidarias (iniciativa que descubriu en Dinamarca fai uns anos) e contestou con moitísimo detalle a todas e cada unha das preguntas realizadas tanto polos presentadores como polo público asistente (alumnado e profesorado de educación primaria), e iso que algunhas delas tiñan o seu grado de complexidade… Parabéns por tanto, e en terceiro lugar, a estes nenos/as  que durante case unha hora estiveron atentos/as á realización deste programa radiofónico en directo e dinamizaron coas máis variadas preguntas o desenvolvemento do mesmo. 
E finalmente temos que recoñecer a interesante labor que están levando a cabo no noso centro Lucía Abarrategui e Sergio Pascual a través do seu proxecto “Radio Itinerante Creativa”, visitando as nosas aulas dúas veces ao mes para impartir obradoiros a todo o alumnado do centro (desde infantil ata a ESO) e deste xeito fomentar as súas capacidades orais e comunicativas… E os resultados están máis que á vista, viaxando polo espazo en forma de onda sonora…









jueves, 18 de diciembre de 2014

O CPI VIRXE DA CELA EN RNE

O pasado martes 16 de decembro, no programa "Las mañanas de RNE" (Radio Nacional de España) entrevistaron Sergio Pascual e Lucía Abarragtegui, aos dous xornalistas que realizan semanalmente o taller de radio "Radio Itinerante Creativa" no noso centro. Falaron da súa andaina profesional e contaron como é a súa actividade no colexio, aparecendo na reportaxe as voces do alumnado de 1º curso de Ed. Primaria. Aquí tedes o postcast e o enlace ao mesmo.