sábado, 21 de febrero de 2015

PRESENTACIÓN DO PASAPORTE SOLIDARIO NO CPI VIRXE DA CELA


Pola nosa cabeciña andaba a roldar a idea de utilizar o formato radiofónico para a presentación dos Pasaportes Solidarios da Xunta de Galicia. Nesta ocasión o resultado final superou con creces á idea inicial, e todos e todas os que asistimos a esta actividade desenvolvida o pasado venres 20 de febreiro no CPI Virxe da Cela quedamos máis que encantados coa maxia e feitizo da radio.  En realidade os méritos quedan moi repartidos…
Por unha banda temos aos rapazas e rapaces de 4º de primaria, que amosaron un talento innato diante dos micrófonos, guiando o programa radiofónico de principio a fin sen cortes nin  repeticións e conversando con grande naturalidade co convidado principal. Tamén neste interesante convidado, de nome Cristóbal Rodríguez, de profesión “xornalista” e de vocación “voluntario”, recaen merecidos méritos, xa que explicou a finalidade deste documento que rexistra as nosas actividades solidarias (iniciativa que descubriu en Dinamarca fai uns anos) e contestou con moitísimo detalle a todas e cada unha das preguntas realizadas tanto polos presentadores como polo público asistente (alumnado e profesorado de educación primaria), e iso que algunhas delas tiñan o seu grado de complexidade… Parabéns por tanto, e en terceiro lugar, a estes nenos/as  que durante case unha hora estiveron atentos/as á realización deste programa radiofónico en directo e dinamizaron coas máis variadas preguntas o desenvolvemento do mesmo. 
E finalmente temos que recoñecer a interesante labor que están levando a cabo no noso centro Lucía Abarrategui e Sergio Pascual a través do seu proxecto “Radio Itinerante Creativa”, visitando as nosas aulas dúas veces ao mes para impartir obradoiros a todo o alumnado do centro (desde infantil ata a ESO) e deste xeito fomentar as súas capacidades orais e comunicativas… E os resultados están máis que á vista, viaxando polo espazo en forma de onda sonora…









No hay comentarios:

Publicar un comentario