Co gallo da celebración do Día Escolar da Paz e a Non Violencia
os alumnos de 1º ESO prepararon e
interpretaron un conto para os pequerrechos de infantil. A historia titulada "A
espada pacifista" encantoulles aos mais pequenos, que estiveron moi
atentos e participativos coma sempre.
Este conto foi froito da colaboración entre os alumnos do
CPI Conde de Fenosa e o Virxe da Cela que conxuntamente participaron na
planificación e deseño do mesmo, ilustrandoo dun xeito moi orixinal con imaxes
dos clicks de Famobil.
Moitas grazas aos peques e ás profes de infantil pola súa visita e parabéns aos rapaces/as da ESO polo seu traballo.
Aquí vos deixamos o conto para que
gozedes coa súa lectura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario