Como xa ven sendo unha tradición no noso centro, o pasado venres 15 de abril de 2011 organizamos unha xornada de Rastro Solidario. Alumnado, profesorado e familias visitaron o rastro, organizado por diferentes mostradores situados no edificio de secundaria onde se exhibían diferentes obxectos para a súa venda. Tras esta intensa xornada, onde se efectuaron numerosas compras e adquisicións, fixemos o reconto... Entre a venta de obxectos e unha caixa de donativos acadamos a cantidade de
930 euros con 44 céntimos.
Estes cartos serán destinados a un proxecto de educación para o desenvolvemento. A través desta actividade de sensibilización todos os nenos e nenas, así como as súas familias, comprenderemos que dándolle un novo uso a todos aqueles obxectos que acumulamos nas nosas casas podemos contribuír a mellorar as condicións de moitos outros nenos e nenas do planeta que viven en países empobrecidos. Grazas de novo pola vosa colaboración...