Mostrando entradas con la etiqueta III Premio Galego EPDCG. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta III Premio Galego EPDCG. Mostrar todas las entradas

martes, 15 de octubre de 2024

III PREMIO GALEO EPDCG: VIAXE A GUATEMALA

A terceira edición do PREMIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E CIDADANÍA GLOBAL incluíu como novidade unha viaxe a terreo para o profesorado gañador en cada categoría.   

A viaxe a terreo para coñecer a cooperación internacional chegou para quedarse como parte deste galardón, no que dende xa estamos a traballar, para ofrecervos as mellores experiencias posibles para un recoñecemento que esta á altura da vosa implicación e labor cotiá. 


jueves, 25 de enero de 2024

III PREMIO GALEGO EPDCG

 A Coordinadora Galega de ONG de Desenvolvemento ten o pracer de informar que, proximamente, no vindeiro mes de febreiro, se publicarán na nosa páxina web as Bases da Convocatoria da III Edición do Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global.

O propósito do galardón é recoñecer experiencias educativas transformadoras, realizadas durante o curso escolar 2022/23 e/ou 2023/24, que fomenten unha cidadanía solidaria, crítica e comprometida coa construción dun mundo máis xusto.

O premio contará con tres categorías de participación: Categoría A: Educación Infantil e Primaria; Categoría B: E.S.O, Bacharelato, Formación Profesional, Centros de Ensinanza de Réxime Especial e Ensinanzas Artísticas; Categoría C: Ensinanzas universitarias. Polo que poderán presentarse docentes ou equipos de docentes de centros de ensino e universidades galegas de titularidade pública, concertada ou privada que sexan oficialmente recoñecidos pola Consellería de Educación.

Nesta edición, o Premio incorpora como gran novidade, a dotación cunha viaxe a un proxecto de cooperación internacional en Guatemala cos gastos pagados para 6 docentes (2 profesores/as de cada centro gañador). Ademais da visita a Guatemala, as experiencias gañadoras recibirán tamén: un elemento distintivo para o centro; diplomas para o alumnado e certificados para o profesorado; a publicación das experiencias; a asistencia e participación protagonista na gala de entrega de premios.

A  próxima publicación das Bases da Convocatoria incluirá toda a información necesaria para participar: lugar e prazo de presentación de candidaturas; documentación que se debe achegar; criterios de valoración das iniciativas; composición do xurado avaliador; prazos de resolución e datas orientativas dos actos e viaxes.

A información previa está xa dispoñible na web da Coordinadora. Aquí tes o enlace: https://galiciasolidaria.org/o-premio-galego-de-educacion-convocarase-en-febreiro/

Por iso, dende a Coordinadora Galega de ONGD, queremos animar ao profesorado e centros de ensino galegos a participar achegando este avance d os puntos máis relevantes do certame.

Cando se publiquen as bases da nova convocatoria e se abra o prazo de presentación de candidaturas volveremos a informar.  Un saúdo e moitas grazas pola atención prestada.

III Premio Galego EPDCG by veracruces on Scribd