Mostrando entradas con la etiqueta Familias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Familias. Mostrar todas las entradas

jueves, 13 de junio de 2024

OBRADOIROS XESTIÓN EMOCIONAL CON ALUMNADO E FAMILIAS

O curso está a punto de rematar e vanse finalizando diferentes proxectos desenvolvidos durante estes meses. Martín Mejuto, psicólogo que visita o noso centro de maneira quincenal para impartir obradoiros sobre emociones ao alumnado de EP e 1º e 2º da ESO grazas á Fundación Ayuda en Acción, realizou xunto con Jennifer Corredoira, técnico desta mesma fundación, diferentes dinámicas nun obradoiro para alumnado e familias. Xogos, risas, cores, debuxos, palabras tan máxicas como a empatía, o compañerismo, a autoestima, elementos claves para abordar as emocións dos nosos pequenos/as e guiar ás familias a axudar aos nosos fillos a expresar e entender as emocións para facilitar a comunicación e a convivencia e o benestar. Mércores 12 xuño 2024.






martes, 28 de noviembre de 2023

EDUCAR EN POSITIVO

Unha ducia de familias participaron na charla "Educar en Positivo", que tivo lugar o martes 28 de novembro de 2023 de 16:00 a 18:30 na aula de Usos Múltiples do CPI Plurilingüe Virxe da Cela. É de vital importancia que familias e escola vaian da man no difícil camiño da educación, por iso esta actividade, promovida pola Fundación Ayuda en Acción e a ANPA do CPI Virxe da Cela,  pode ser un elemento clave que repercutirá sen dúbida nos nenos e nenas. Para facilitar a participación das familias, a Fundación Ayuda en Acción ofertou un servizo de ludoteca para que os nenos/as se iniciaran na globoflexia e potenciaran as súas capacidades creativas a través de debuxos.

A psicóloga e psicoterapeuta Medalith Falcón, especializada en dificultades de regulación emocional, foi a encargada de impartir esta charla, desde un enfoque de natureza integradora, tratando de guiar ás familias cara á comprensión e as xestión das dificultades desde a amabilidade e a resiliencia, e promovendo  un proceso de autodescubrimento baseado na confianza e na empatía. Esta charla, xunto con outras dúas charlas máis planificadas para o segundo e o terceiro trimestre,  conformarán un ciclo formativo a desenvolver durante este curso académico 2023-2024.




Vc Formacion Familias by veracruces on Scribd

lunes, 15 de mayo de 2023

Coñecendo os noso rios: actividade de voluntariado e sensibilización ambiental.

 Durante a mañá do 27 de maio temos esta proposta da Asociación EuroEume. Esta actividade familiar ademais de ser unha estupenda xornada de convivencia permitira coñecer a importancia e as características das fragas de ribeira e dos cursos fluviais que atravesan o noso territorio, realizándose diversas medicións e analíticas da auga, identificándose a fauna e flora da contorna do río, e  os diversos elementos patrimoniais situados no entorno dos cauces fluviais.

Estas actividades de educación e sensibilización ambiental encádranse dentro do Proxecto Ríos de ADEGA. O prazo de inscrición é ata o día 26 de maio.




Coñecendo Os Nosos Ríos by veracruces on Scribd