Mostrando entradas con la etiqueta Tapóns para unha nova vida. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tapóns para unha nova vida. Mostrar todas las entradas

lunes, 20 de junio de 2016

miércoles, 17 de junio de 2015

TAPÓNS PARA UNHA NOVA VIDA 2015



Achégase o final de curso e agora é momento de facer reconto de todos os tapóns recadados durante todos estes meses. Como podedes ver nas imaxes, xuntáronse unha pila de caixas, tapón a tapón, gotiña a gotiña, graniño a graniño, e unha pequena axuda converteuse nunha enorme montaña. Esperemos que algún neno ou nena enfermo/a poda sacar partido a este xesto solidario e que esta pila de tapóns axude a sufragar parte dos elevados custos de operacións e outros servizos hospitalarios aos que irán a parar os "Tapóns para unha nova vida".


jueves, 22 de enero de 2015

TAPÓNS PARA UNHA NOVA VIDA

Ben cedo na mañán collimos "infraganti" ao alumnado de 2º de primaria, que se achegaba xunto coa súa titora María José Ferreira ao espazo habilitado nos corredores de secundaria onde se atopa o punto de recollida de tapós para o proxecto "Tapóns para unha nova vida". Así de contentos posaron para esta instantánea.