Mostrando entradas con la etiqueta emerxencia en Nepal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta emerxencia en Nepal. Mostrar todas las entradas

miércoles, 28 de octubre de 2015

NON ESQUECEMOS A NEPAL

El próximo 25 de octubre se cumplen 6 meses del terremoto que sacudió Nepal, dejando 8.900 muertos y cerca de 70.000 personas heridas. Más de 600.000 viviendas quedaron totalmente destruidas y cerca de 1 millón de niños y niñas se quedaron sin colegio. El equipo local de los jesuitas está tratando de devolver la normalidad a las zonas más afectadas por el seísmo. Tras una primera fase de organización y distribución de ayuda humanitaria, están ahora centrando los esfuerzos en la recuperación de las escuelas, para que los niños y niñas puedan retomar sus clases y recuperar así una cierta rutina y estabilidad emocional. Hasta el momento, 30 escuelas están en fase de reconstrucción, se ha dotado de material escolar a 46 centros y más de 6.100 estudiantes han sido asistidos.

Para máis información premer na seguinte imaxe: 




martes, 1 de septiembre de 2015

CARTA AGRADECEMENTO ENTRECULTURAS


Deixamos constancia con este documento da axuda enviada través da Fundación Entreculturas a Nepal (348'13 euros) para axudar aos damnificados do terremoto. Estes cartos son o resultado dunha valiosa iniciativa levada a cabo polo alumnado de 2º da ESO do CPI Virxe da Cela durante o pasado curso escolar 2015-2016. Agradecemos a toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias e personal non docente) por toda a vosa colaboración. 

miércoles, 27 de mayo de 2015

DESEÑO DUN CAMPO DE REFUXIADOS EN NEPAL

   

   Na materia de Ética, cursada en 4º da ESO no CPI Virxe da Cela, propúxose fai varios meses unha actividade que consistía no deseño dun campo de refuxiados. O obxectivo principal era concienciar ao alumnado da existencia de miles de personas que teñen que fuxir do seu país de orixe por mor dun conflito bélico, unha persecución étnica ou relixiosa, unha catástrofe natural, e outros motivos. Así os rapaces e rapazas tiveron que elixir un lugar do planeta para "construír" o seu asentamento temporal para recibir refuxiados.
    O pasado 25 de abril un terremoto de grande magnitude ocasionou innumerables pérdidas humanas e materiais en Nepal. Unha alumna de 4º da ESO ofreceu a súa contribución nestes momentos de emerxencia humanitaria, deseñando un campo de refuxiados nunha zona devastada para tratar de cubrir as necesidades humanas básicas dos seus habitantes. É un proxecto hipotético que non se levará a cabo, mais é un exemplo das prácticas frecuentes que realizan desde fai décadas moitas organizacións non gubernamentais en diferentes lugares do mundo. Sofía Pena (4º ESO)


martes, 12 de mayo de 2015

CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN EMERXENCIA EN NEPAL






      Esta actividade veuse emprendida a raíz do terremoto producido en Nepal o 23 de abril, despois de ver que alí se derruíron casas e casas de familias que non teñen diñeiro para reconstruílas… A nosa profesora de Educación para a Cidadanía propúxonos pensar algo para poder axudar nesta situación crítica e levalo a cabo. Así fixemos, pensamos en elaborar obxectos manufacturados e vendelos por un prezo simbólico... e alá vamos a comprar material e facer notas informativas para as familias! Levamos a cabo a realización de marcapáxinas e de decoración de lapis. Outros cursos tamén elaboraron obxectos para dárnolos e vendelos. A semana lectivas do 18 ao 22 venderémolos na entrada de secundaria. Notamos unha boa participación do alumnado, resaltando a primaria e infantil. 
      Na miña opinión, este é un tipo de proxecto co que non imos parar unha guerra, pero si poñer o noso “gran de area”, sempre é bo pensar de xeito optimista, como dixo a Nai Teresa de Calcuta: “ As veces sentimos que o que facemos é so unha gota no mar, pero o mar sería máis pequeno sen unha gota”. Sergio García Coira (2º ESO).