Mostrando entradas con la etiqueta Prevención Riscos Internet. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Prevención Riscos Internet. Mostrar todas las entradas

lunes, 4 de abril de 2016

PLAN DIRECTOR GARDA CIVIL: PREVENCIÓN RISCOS INTERNET



O venres 1 de abril de 2016 recibimos á visita da Garda Civil para impartir unha charla de "Prevención de riscos en Internet". Non é a primeira vez que se realiza esta actividade no noso centro, xa que ano tras ano a Garda Civil a través deste Plan Director pretende responder de maneira coordinada e eficaz ás cuestións relacionadas coa seguridade de menores e xóvenes na escola e na súa contorna, fortalecendo a cooperación policial coas autoridades educativas nas súas actuacións para mellorar a convivencia e a seguridade no ámbito escolar. 

A charla estruturouse en tres quendas: para 3º ciclo de primaria, para 1º ciclo da ESO e para 2º ciclo da ESO. Seguindo unha presentación en power point fóronse expoñendo os principais riscos asociados ás novas tecnoloxías e máis concretamente ao uso das redes sociais, e para recapacitar sobre toda a información suministrada fíxose o visionado de varios vídeos que puxeron de manifesto o perigo que entraña o uso das redes sociais, algo ao que estamos moi habituados e utilizamos sen ser conscientes das súas consecuencias. 

viernes, 22 de mayo de 2015

CHARLA PARA A PREVENCIÓN DE RISCOS EN INTERNET



      Outro ano máis o noso centro organizou as charlas da Guardia Civil dentro do Plan Director, que tiveron lugar o xoves 21 de maio. Nesta ocasión, e a petición dos titores e titoras, leváronse a cabo as seguintes charlas para os seguintes grupos: 

 - 9:45 – 11:30 → charla sobre “novas tecnoloxías” para 5º e 6º de primaria e 1º da ESO. 
- 12:35 – 14:15 → charla sobre “violencia de xénero” para 2º, 3º e 4º da ESO. 

       As charlas resultaron amenas e entretidas, logrando os poñentes unha boa participación e implicación por parte do alumnado, que aínda que xa coñecían parte dos contidos da exposición, sempre resulta moi positivo continuar realizando intervencións nestas temáticas que tanto lles preocupan a eles como xente nova, como ás familias e aos docentes como formadores e educadores. Esperamos que continúe o labor preventivo por parte de toda a comunidade educativa. Para rematar coas actividades de coordinación co corpo da Guardia Civil, temos previsto organizar unha exhibición para todo o alumnado do centro o mércores 17 de xuño; con esta exhibición pretenden acercar aos mozos e mozas en idade escolar os medios e procedementos de actuación, co obxectivo de dar a coñecer as actividades que realizan no desempeño das súas diversas funcións. Departamento Orientación CPI Virxe da Cela