Aproveitando a visita de Lancy Dodem ao noso centro, o alumnado da ESO entregoulle ao primeiro neno apadriñado pola Fundación Vicente Ferrer (hoxe xa un adulto) un libriño con cartas dirixidas á nosa nena apadriñada Pavani. Estas cartas foron redactadas en inglés por rapaces e rapazas de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO, e nelas explican os seus intereses, gustos, soños, etc. Espero que a nosa amiga Pavani poda aprender algo da nosa cultura e tradicións.
Mostrando entradas con la etiqueta Programa Apadriña un neno. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Programa Apadriña un neno. Mostrar todas las entradas
miércoles, 23 de mayo de 2018
martes, 22 de mayo de 2018
CARTA DE PAVANI
Queridos padriños/as: Namaste! Envíovos un forte saúdo a través desta carta. Estudo 9º curso. Xa fixen os exames semestrais e espero sacar boas notas. As miñas asignaturas favoritas son o inglés, matemáticas e telegu. O 14 de novembro celebramos o "Día dos Nenos". Ese día organizo un programa de cultura e ganei o primeiro premio. Tamén os meus amigos mais eu fixemos unha obra de teatro titulada "As vodas precoces". Por iso os meus maestros felicitáronnos moito. Os meus irmáns están ben. Os meus pais traballan no campo. Envíovos moitos bicos e abrazos. Pavani.
Etiquetas:
Fundación Vicente Ferrer,
Pavani,
Programa Apadriña un neno
martes, 9 de enero de 2018
PAVANI
Estamos moi felices de recibir esta fotografía de Pavani, a nosa nena apadriñada na India a través da Fundación Vicente Ferrer. Sabemos que a nosa pequena aportación permite a esta nena cursar estudos e labrar un futuro mellor para ela e a súa familia, isto vainos contando nas súas cartas. Esta imaxe reflicte que tamén é una nena sana, alimentada, e vive nunhas condicións dignas. Alegrámonos todos e todas e damos os parabéns á Fundación por esta labor tan importante tratando de erradicar a pobreza e a desigualdade na India.
Etiquetas:
FVF,
Pavani,
Programa Apadriña un neno
martes, 12 de diciembre de 2017
viernes, 30 de septiembre de 2016
CARTA PAVANI
Comezamos o curso cunha nova carta da nosa amiga Pavani. Xa son moitos os anos que levamos co apadriñamento desta nena da India, a través da Fundación Vicente Ferrer. Recentemente o alumnado de 4º da ESO do CPI Virxe da Cela celebrou unha cerimonia oficial de cambio de relevo no apadriñamento de Pavani, por tanto durante este curso estes dez rapaces e rapazas serán os seus padriños oficiais, aportando entre todos os 18 euros mensuais que supón a participación neste programa e que garante a educación desta nena. Transcribimos a continuación as palabras de Pavani nesta última carta:
Queridos amigos/as: Aquí estamos moi ben de saúde e esperamos que vós tamén o esteades. Pasei de curso e estou moi contenta de darvos esta noticia. Estudo na escola de internado, no pobo de Ramagiri. O meu irmá está facendo o curso de diplomatura. Gústame xogar ao Kaladi, ao pilla pilla, ao xadrez, á goma e ao volante cos meus amigos. A miña nai é modista e o meu pai traballa no campo. No meu pobo o goberno está construíndo carreteras de cemento. Participamos en todos os programas da Fundación Vicente Ferrer. Moitos Besos. Pavani.
Etiquetas:
FVF,
Pavani,
Programa Apadriña un neno
viernes, 29 de abril de 2016
CARTA PAVANI
Acabamos de recibir unha nova carta de Pavani, a nena que temos apadriñada na India a través da Fundación Vicente Ferrer. Transcribimos as súas palabras:
Namaste! A miña familia mais eu estamos ben e esperamos que vós tamén o esteades. Estudo 4º curso na escola residencial do goberno. Fixen os exames semestrais e saquei boas notas. Os meus irmáns estudan moito. Tiven as vacacións das festas de Nadal Samkanthi. Celebramos Samkanthi moi ben. Ese día merquei pulseiras e xoguetes. Os meus pais traballan no campo. A miña familia mais eu vos mandamos un forte abrazo. Pavani.
Etiquetas:
Carta Pavani,
FVF,
Pavani,
Programa Apadriña un neno
viernes, 25 de abril de 2014
CARTA PAVANI ABRIL 2014
No mes de abril de 2014 recibimos un sobre da Fundación Vicente Ferrer, na que aparece manuscrita cunha fermosa grafía unha nova carta da nosa amiga Pavani, esa rapaza india que o alumnado do CPI Virxe da Cela ten apadriñada a través da FVF. Grazas a esta iniciativa que tiveron fai tres anos os rapaces e rapazas de 4º da ESO, a nosa amiga Pavani pode asistir á escola. Os seus avances son evidentes, tan como narra na súa carta. Ademais, o feito de que ela mesma, co seu puño e letra, fose quen de redactala, significa que todos xuntos apoiamos o dereito á educación e loitamos contra a lacra do analfabetismo, aínda tan presente en moitos países do mundo. Deixámosvos pois coas novas de Pavani, que os voluntarios da FVF traduciron ao castelán:
¡Namaté! Me encuentro bien de salud, espero que vosotros también lo estéis. Estudio 5º curso. He hecho los exámenes semestrales muy bien, saqué buenas notas. Así que estoy muy contenta de decíroslo.
En mi pueblo, la escuela de la Fundación organizó un concurso de preguntas y respuestas. Participé en la asignatura de Telegu. En mi escuela, el 26 de enero celebramos el “Día de la República”. Ese día nos organizan deportes. Participé en la carrera y gané un premio, por eso estoy muy contenta. En mi pueblo no ha llovido mucho. Así que no recogimos la cosecha de cacahuetes. Muchas gracias por todo vuestro apoyo. Pavani.
Etiquetas:
FVF,
Pavani,
Programa Apadriña un neno
Suscribirse a:
Entradas (Atom)