lunes, 23 de diciembre de 2013
domingo, 22 de diciembre de 2013
FELICITACIÓN DE AECID NO NADAL
A Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo lanza esta esperanzadora mensaxe para o ano que está a piques de comezar, e entre todos, loitar para erradicar a pobreza no mundo. Sabemos que é o primeiro dos obxectivos (ODM), e, por suposto, desde o noso centro trataremos de sensibilizar á nosa comunidade educativa para contribuír á consecución do mesmo.
Etiquetas:
AECID,
Nadal 2013
sábado, 21 de diciembre de 2013
CONVENIO DE COLABORACIÓN COA ONG AYUDA EN ACCIÓN
No pasado mes de novembro tivemos unha reunión coa ONG Ayuda en Acción para negociar un convenio de colaboración entre esta organización e o CPI Virxe da Cela. Ayuda en Acción comunicábanos o seu interese en iniciar un tipo de colaboración co noso centro, xa que a través do proxecto Monferosolidario estabamos a traballar en prol da educación en valores e encaixábamos perfectamente na súa filosofía de acción. Podemos anunciar oficialmente que ese convenio xa está vixente. O pasado xoves 19 de decembro de 2013 tivemos unha reunión na que tomamos parte as coordinadoras de Monferosolidario, a dirección do centro, representantes da AMPA do noso cole e a técnico de Ayuda en Acción, na que se firmou un compromiso conxunto, no que todas as partes uniremos o nosos esforzos e esperamos acadar un enriquecemento mutuo. Polo de pronto estamos xa inscritos no programa educativo "Ahora Toca..." de Ayuda en Acción, e tan pronto iniciemos o segundo trimestre académico incorporaremos as propostas educativas e as actividades do mesmo.
viernes, 20 de diciembre de 2013
362 EUROS PARA FILIPINAS
Grazas á axuda de toda a comunidade educativa do CPI Virxe da Cela, os damnificados/as do furacán Yolanda recibirán con todo o noso cariño os 362 euros recadados na campaña "Emerxencia en Filipinas", a través da ONG Entreculturas. Non servirá para paliar as consecuencias desa castástrofe natural, nembargantes será unha pequena contribución que será moi ben recibida agora que o Nadal está petando nas nosas portas...
Etiquetas:
emerxencia en Filipinas,
Entreculturas,
Nadal 2013
miércoles, 18 de diciembre de 2013
ÉXITO DA CAMPAÑA EMERXENCIA EN FILIPINAS
Fantástica acollida da campaña "Emerxencia en Filipinas". Durante esta semana están expostos na entrada do edificio de secundaria os obxectos de fieltro decorativos de nadal elaborados artesanalmente polo alumnado de 1º da ESO e 6º de primaria,así como a hucha mascota-porquiño realizada polos máis pequerrechos/as de educación infantil. Todos os cartos resultantes da venda de obxectos e donativos serán enviados a Filipinas, aos danmificados do desastre do furacán que tivo lugar o pasado mes de novembro, a través da ONG Entreculturas.
Quixaramos facer unha mención moi especial ao noso compañeiro Adrián (1º ESO), xa que invertiu unha cantidade de horas e esforzo en materializar parte dos obxectos e recardar entre achegados e familias unha morea de cartos que inauguraron a hucha... Os nosos parabéns, Adrián...
PODCAST MONFEROSOLIDARIO AXUDA A FILIPINAS
Adrián Marcos, de 1º da ESO do CPI Virxe da Cela, fala da iniciativa que se levou a cabo para axudar aos damnificados do tifón Yolanda, que arrasou Filipinas a finais do ano 2013
Etiquetas:
emerxencia en Filipinas,
Entreculturas,
Nadal 2013
OBRADOIRO DE RADIO
Para completar esta xornada de formación dentro do proxecto "Cooperación Galega: O Mundo que Queremos" (Plan Proxecta 13-14), o alumnado de 3º e 4º da ESO recibiu un obradoiro de radio impartido por Monserrat Fernández. Tanto Monserrat como Óscar Vázquez (obradoiro de fotoxornalismo) son membros da ONG AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios), compartindo e transmitindo a idea de que os medios de comunicación son una poderosa ferramenta para denunciar e combatir as inxustizas. A través dos exemplos das radios comunitarias Monserrat amosounos como poden estas constituír un elemento para empoderar á propia sociedade. Os rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO aprenderon a distinguir diferentes estilos e elementos que conforman a linguaxe radiofónica, e incluso fixeron os seus "pinitos" co micrófono (se ben é certo que previamente no noso centro xa tivemos experiencias previas na gravación de podcasts radiofónicos). Tomando como base os Obxectivos do Milenio e distribuídos en grupos, estes mozos e mozas tratarán de sacarlle partido a este medio, e durante o segundo trimestre elaborarán guións radiofónicos, realizarán as gravacións, e incluso iniciarse no mundo da edición, a través do programa Audacity. Os resutados estarán en breves no aire...
martes, 17 de diciembre de 2013
OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA
Dentro do proxecto "Cooperación Galega: O Mundo que Queremos", (Plan Proxecta 2013-2014) contémplanse unha serie de obradoiros que se desenvolverán ao longo do curso. O primeiro deles está baseado na fotografía, e levouse a cabo no CPI Virxe da Cela o pasado martes 17 de decembro de 2013. Neste caso concreto, este obradoiro de fotografía estivo dirixido para os rapaces e rapaces de 2º da ESO, e impartido polo fotoxornalista galego Óscar Vázquez, quen amosou parte do seu traballo fotográfico, así como as creacións doutos fotógrafos a nivel mundial que utilizan a fotografía coma unha ferramenta para a denuncia e a crítica social. Baseándonos na temática dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, o alumnado de 2º da ESO organizouse en pequenos grupos, tratando de fixar un dos ODM no que centrarán o seu traballo para o segundo trimestre. Por unanimidade elexiuse o Obxectivo nº 7, que consiste en garantir a sostenibilidade do medio ambiente, e tratarase de desenvolvelo a nivel local, incidindo na nosa contorna máis próxima.
lunes, 16 de diciembre de 2013
martes, 10 de diciembre de 2013
10 DE DECEMBRO "DÍA DOS DEREITOS HUMANOS"
Con esta foto tomada no corazón de Soweto (Sudáfrica) vos desexamos un feliz Día dos Dereitos Humanos e, ao mesmo tempo, dedicamos o noso adeus ao maestro MANDELA un símbolo mundial da defensa dos mesmos e da loita contra o apartheid.
miércoles, 4 de diciembre de 2013
SOLIDARIEDADE POR QUILOS...
Unha vez máis a solidariedade do noso centro pódese pesar en quilos... Esta campaña de recollida de roupa tivo unha gran acollida entre alumnado e familias, e foron moitísimos os quilos de roupa que se depositaron no noso centro e que posteriormente, o luns 9 de decembro, a organización Glorr pasou a recoller. Grazas a todos pola vosa colaboración, non so aportando as vosas prendas de roupa e calzado, senón axudando a mobilizar todo este cargamento. Esperemos que outros nenos e nenas do noso país podan facer uso da nosa axuda para pasar un inverno máis cálido.
Etiquetas:
campaña recollida roupa,
Global Humanitaria,
Glorr
O ALUMNADO DE PRIMARIA DO CPI VIRXE DA CELA IMPARTE UNHA CLASE NA FACULTADE DE CIENCIAS DE EDUCACIÓN DE LUGO
Estupenda
experiencia a vivida polo alumnado do 3º ciclo do CPI Virxe da Cela na
Facultade de Formación do Profesorado da USC (Campus de Lugo). Invitados por
Marta Poncet Souto (Coordinadora da Titulación
de Grao de Educación Primaria en dita Facultade) e por Rufino González Fernández (Subdirector da Facultade
Universitaria de Formación do Profesorado do Campus de Lugo, USC) presentaron o
proxecto no marco das materias de Socioloxía
da Educación e Didáctica e Tarefas Docentes ao alumnado do Grao de Ed. Primaria.
Foi unha forma de
dar a coñecer as prácticas metodolóxicas do centro, a nosa configuración como
paisaxe cultural e como non, poñer en práctica as nosas habilidades como
comunicadoras e comunicadores.
Tamén sinalar a
repercusión que esta actividade tivo nos medios de comunicación. Destacamos a
reportaxe publicada polo xornal "El Progreso", e que incluímos na
seguinte imaxe.
ELECCIÓN DE LOGOS "O MUNDO QUE QUEREMOS"
Cooperación galega adxutaba estes tres logotipos para representar o seu proxecto "O mundo que queremos", pertencente ao Plan Proxecta 13-14, no que participamos cinco centros escolares galegos. Como unha das finalidades deste proxecto é o traballo en equipo e a cooperación, a acción de elexir unha imaxe que nos representase foi plantexada como unha actividade conxunta. Pois aí vai o resultado do CPI Virxe da Cela. Comunicamos que por unanimidade, o alumnado da ESO do noso cole elexiu a 3º opción, ese logo que nos semella algo moi romántico (podería lembrarnos á Torre Eiffel?) e moi natural (podería ter reminiscencias cos prados que nos rodean neste o noso enclave rural?)
Etiquetas:
Cooperación Galega,
Logotipo,
O mundo que queremos,
Proxecta 13-14
martes, 3 de diciembre de 2013
OBRADOIRO DE COEDUCACIÓN E EDUCACIÓN NON SEXISTA
Catro voluntari@s da Cruz Vermella de Betanzos visitaron o noso centro para impartir unha charla-obradoiro ao alumnado de 3º e 4º da ESO, centrándose na temática da coeducación e a educación non sexista. Mediante a realización de diversas dinámicas pretendeuse sensibilizar aos mozos e mozas sobre a gran desigualdade que existe todavía entre os xéneros, analizando toda unha serie de prexuízos que están no ollar das persoas e que como consecuencia dan lugar a unha situación de desigualdade e incluso de violencia. Algo tan sinxelo como interpretar o conto da Cincenta ao revés... como cambia a historia!! No obradoiro os voluntarios da Cruz Vermella servíronse tamén de fragmentos de vídeos e de documentos excritos para analizar as diferenzas entre xénero e sexo e loitar contra moitos estereotipos. Esta é unha actividade organizada a través do Departamento de Orientación e que aproveitaremos desde Monferosolidario para abordar o 2º Obxectivo (ODM): promover a igualdade entre os xéneros e a autonomía da muller.
lunes, 2 de diciembre de 2013
SOLIDARIOS CON FILIPINAS
O alumnado de 1º da ESO das materias de Educación para a Cidadanía e Relixión demostraron que é posible e moi enriquecedor traballar conxuntamente en equipo, a pesares do mito de que estes dous elementos non son compatibles... Pois, como é hora de ir rompendo estereotipos, no CPI Virxe da Cela temos o lema de que da unión nace a forza! Sobre todo se andamos tras a mesma meta. Nesta ocasión quixemos convertir a aula de 1º nun obradoiro artesanal, onde os rapaces e rapazas exhibiron os seus talentos á hora de combinar cores, deseñar formas, manexar agulla e fío (sen diferenciar estas tarefas, que habitualmente están incluídas nunha lista que segrega ás persoas por xénero). Pasounos a hora voando... e xa temos resultados visibles: unha serie de figuras o obxectos de fieltro baseados na temática do nadal que venderemos para recadar cartos e colaborar na axuda de emerxencia tras o furacán que asolou as Filipinas. Así que nesta ocasión e case sen darnos conta, estamos a traballar os Obxectivos do Desenvolvemento do Milenio (Obxectivo 3: promover a igualdade entre os xéneros; Obxectivo 7: fomentar unha asociación mundial para o desenvolvemento).
Etiquetas:
emerxencia en Filipinas,
Obxectivo 3,
Obxectivo 8,
ODM
domingo, 1 de diciembre de 2013
AS COMPETENCIAS BÁSICAS NA ACCIÓN SOLIDARIA
Penduramos nesta plataforma a presentación powerpoint "As competencias básicas no voluntariado", un documento que se traballou nas Xornadas de Formación Inicial do Plan Proxecta, no obradoiro que recibimos os centros galegos que participan no curso 2013-2014 no Rede de Centros Escolares Solidarios do Plan Proxecta. Pode servir de grande axuda entre os docentes á hora de programar a súa práctica educativa. Desde Monferosolidario trataremos de seguir estas directrices para potenciar o noso traballo.
Etiquetas:
Proxecta 13-14,
RCES,
Voluntariado Galego
RCES: REDE DE CENTROS ESCOLARES SOLIDARIOS
A continuación vemos unha fotografía de Ramón Molina, encargado de impartir o obradoiro "Rede de Centros Escolares Solidarios", na Xornada de Formación Inicial do Plan Proxecta 2013-2014. Na súa intervención fixo un percorrido polas diferentes fases que tiveron lugar dentro do proxecto no pasado curso académico, centrándose na actividade "Micromovies en Prol do Voluntariado". Podedes tamén visionar un video que ilustra todo o proceso.
Etiquetas:
Proxecta 13-14,
RCES,
Rede de Centros Escolares Solidarios
viernes, 29 de noviembre de 2013
A XERACIÓN DE CULTURA DE CENTRO DESDE A ACCIÓN SOLIDARIA
O pasado sábado 30 de novembro asistimos á Xornada Inicial do Plan Proxecta 2014-2014, que tivo lugar no Instituto Politécnico de Santiago. Estas xornadas deron cabida á presentación do noso proxecto Monferosolidario baixo o formato experiencia de centro e baixo o título de "A xeración de cultura de centro desde a acción solidaria", dentro da formación específica para o proxecto Rede de Centros Escolares Solidarios. Conxuntamente con outros centros educativos galegos que están nesta rede, tratamos de realizar unha planificación para o presente curso académico 2013-2014.
Etiquetas:
Plan Proxecta,
Rede de Centros Escolares Solidarios
POR UNHA EDUCACIÓN NON SEXISTA
Na materia de Educación para a Cidadanía (2º ESO) estivemos a visionar a película A Condesa Rebelde, que narra a vida da escritora galega Emilia Pardo Bazán, unha figura clave para a innovación cultural e intelectual na España do s. XIX. Acompañando a este filme estamos a traballar coa unidade didáctica "A escaleira desigual", tratando de propiciar entre o alumnado a reflexión sobre a situación das mulleres no s. XIX, e como se viñeron articulando as bases para a emancipación feminina ata chegar á época actual.
Etiquetas:
A Condesa Rebelde,
A escaleira desigual,
Emilia Pardo Bazán
miércoles, 27 de noviembre de 2013
CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA
Un grupiño de rapazas de 1º da ESO visitaron as aulas do noso cole para sensibilizar ao alumnado da importancia dun pequeno xesto solidario para axudar as persoas que se atopan en situacións de precariedade económica ou exclusión social. Tan sinxelo como aportar roupa, calzado ou mantas que teñamos nas nosas casas en desuso, e que a través das ONGs Glorr e Global Humanitiaria chegarán aos fogares máis necesitados. Repartimos bolsas para os que queran participar nesta campaña, así como notas informativas para as familias explicando esta actividade e solicitando a súa colaboración.
Queridas Familias:
Monferosolidario quere un ano máis apoiar
a campaña de recollida de roupa usada ,
mantas e calzado, a favor da ONG
Glorr & Global Humanitaria, para asistir aos menores e familias que se
encontran en situación de precariedade económica ou exclusión social no
territorio nacional. Para isto visitaremos as aulas do noso centro presentando
esta campaña aos nosos alumnos e repartindo esta nota informativa, así como as
bolsas para depositar a roupa. O luns 2
de decembro de 2013 poderán depositarse estas bolsas nas entradas do centro
escolar. Agradecemos a súa colaboración.
Monferosolidario,
22 de novembro de 2013
Etiquetas:
Campaña de recollida de roupa,
Global Humanitaria,
Glorr,
PLATEGA
lunes, 25 de noviembre de 2013
FILIPINAS PRECISA DA TÚA AXUDA
Nos últimos días os medios de comunicación estannos a amosar a dramática situación de emerxencia que están a pasar os cidadáns de Filipinas tras o paso do furacán Yolanda. Son moitísimos os chamamentos para concienciar á poboación mundial da necesidade dunha axuda inmediata tras esta catástrofe natural. Sabemos da importancia que supón a cooperación non só dos organismos oficiais, senón tamén das ONGs e de nós, os cidadáns do planeta. Querémonos unir á campaña de Entreculturas, e para isto nas próximas semanas o alumnado do CPI Virxe da Cela elaborará artesanalmente postais e outros obxectos de decoración navideña que poñeremos á venda a última semana de clases antes das vacacións de Nadal, enviando os cartos recadados ao número de conta que Entreculturas ten asignado para este fin.
Etiquetas:
emerxencia en Filipinas,
Entreculturas
O MUNDO QUE QUEREMOS
Inauguramos unha nova travesía no
Plan Proxecta da Xunta de Galicia acompañados por un grupo de ONGs que se
uniron coa meta de transformar este o noso mundo desigual por outro máis xusto
e equitativo. Nós somos a xeración que ten nas súas mans o cambio, e a mellor
maneira para acadalo é xuntarnos todos e todas a buscar as solución e poñelas
en práctica, de maneira cooperativa. Trátase do programa “Cooperación Galega: O
mundo que queremos”.
O pasado luns 25 de novembro tivemos
o punto de inicio, nesta ocasión coa visita de Rosa López Miramontes, da ONG
Mundo Cooperante, quen con grandes doses de entusiasmo e unha ollada moi
positiva fixo reflexionar ao alumnado da ESO na xa familiar temática dos ODM, Obxectivos
do Milenio. A través dun xogo de rol os rapaces e rapazas analizaron as
problemáticas que afectan a milleiros de persoas no noso planeta, e foron quen
de idear solucións para erradicalas. Este é o primeiro eslabón dunha serie de
obradoiros que se sucederán ao longo do curso, nos que se nos ofrecerán
ferramentas para a loita en contra das desigualdades: comezaremos pola protesta
e a denuncia a través dun programa de radio; continuaremos coa vivencia dos
problemas a través dun “teatro do oprimido”, na que os rapaces e rapazas
poñeranse na pel dos máis desfavorecidos para acadar unha total empatía; e
finalizaremos coa testemuña de mozos e mozas de países desfavorecidos que
visitarán o noso centro e explicarán ao noso alumnado as condicións de vida nun
país do “sur”. E como broche final, unha xuntanza co alumnado e profesorado dos
outros catro centros escolares galegos que están a participar neste proxecto.
Etiquetas:
Cooperación Galega,
Mundo Cooperante,
O mundo que queremos.,
Plan Proxecta
Suscribirse a:
Entradas (Atom)