miércoles, 29 de noviembre de 2023

Productos de proximidade e ecolóxicos para aprender a aprender.

Este cursos escolar formamos parte da campaña “Come Local”  da  Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) e xestionada por  Slow Food Compostela. A través dela, comedores escolares de varios centros educativos poderán acceder  a produtos galegos con certificado de calidade: DOP, IXP e Ecolóxicos de proximidade. A mesma,  inclúe formación e asesoramento tanto para o persoal de cociña como para os equipos directivos e ademais, obradoiros para o alumnado.

Neste caso, o alumnado do 3º ciclo da Ed. Primaria veu a importancia da biodiversidade agrícola e o papel que xogan os produtos certificados á hora de conservala, así coma a importancia de comer de xeito local.


Toda unha actividade de valoración do medio natural que ven acompañada de materiais explicativos das  froitas e verduras que temos en cada tempada en Galicia para o comedor.


Imaxe do obradoiro realizado co alumnado do 3º ciclo da Ed. Primaria

martes, 28 de noviembre de 2023

EDUCAR EN POSITIVO

Unha ducia de familias participaron na charla "Educar en Positivo", que tivo lugar o martes 28 de novembro de 2023 de 16:00 a 18:30 na aula de Usos Múltiples do CPI Plurilingüe Virxe da Cela. É de vital importancia que familias e escola vaian da man no difícil camiño da educación, por iso esta actividade, promovida pola Fundación Ayuda en Acción e a ANPA do CPI Virxe da Cela,  pode ser un elemento clave que repercutirá sen dúbida nos nenos e nenas. Para facilitar a participación das familias, a Fundación Ayuda en Acción ofertou un servizo de ludoteca para que os nenos/as se iniciaran na globoflexia e potenciaran as súas capacidades creativas a través de debuxos.

A psicóloga e psicoterapeuta Medalith Falcón, especializada en dificultades de regulación emocional, foi a encargada de impartir esta charla, desde un enfoque de natureza integradora, tratando de guiar ás familias cara á comprensión e as xestión das dificultades desde a amabilidade e a resiliencia, e promovendo  un proceso de autodescubrimento baseado na confianza e na empatía. Esta charla, xunto con outras dúas charlas máis planificadas para o segundo e o terceiro trimestre,  conformarán un ciclo formativo a desenvolver durante este curso académico 2023-2024.




Vc Formacion Familias by veracruces on Scribd

NADAL CON SENTIDIÑO: CONCURSO DE POSTAIS



A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela organiza o Concurso de Postais de Nadal de técnica libre e realizados con materiais naturais co que se invita a gozar das festas de forma responsable e respectuosa co medio ambiente. 

BASES 

O obxectivo principal deste concurso é a elaboración de postais/tarxetas de Nadal realizadas partindo de materiais naturais sempre pensando no compromiso coa conservación e coidado do medio natural. Trátase de tomar conciencia sobre a cantidade de residuos diarios que xeramos coa conseguinte problemática medioambiental, comprendendo o valor de evitar consumos innecesarios e promovendo a busca e descubrimento de posibles solución alternativas aos adornos tradicionais. 

2º. Participantes Poderán participar cantas persoas o desexen. Só se aceptará un traballo por participante. 3º. A técnica será libre. Poderase utilizar calquera material (follas, landras, cortezas, cunchas, téxtiles, froitos secos, paus, cordeis, etc) sobre unha superficie de cartulina cunhas dimensión máximas de 148 x 210 mm (A5). Premiarase a orixinalidade, presentación e calidade como se indica nos criterios de valoración. 

4º. Criterios de Valoración: ~ Creatividade. ~ Consumo mínimo de recursos. ~ Material utilizado. ~ Deseño. 

5º. Premios. a. Categoría cativos: ata 8 anos de idade b. Categoría mocidade: de 9 a 14 anos c. Categoría xeral: maiores de 15 anos Establécense os seguintes premios: Dous premios por categoría e premio ao obxecto máis orixinal. Os premiados recibirán un diploma e agasallos consistentes en xogos e libros. 

6º. Exposición e Fallo Prazo de recepción: os traballos deberán presentarse no MUSEO DE HISTORIA NATURAL antes do día 15 de decembro. Todas as postais presentadas exporanse no MHN, no mes de Nadal. Fallo e entrega de agasallos: establécese o día 21 de decembro como data de fallo do xurado e entrega de premios ás 18:00 h


viernes, 24 de noviembre de 2023

25-N

Dende o centro queremos homenaxear este día tendo en conta a óptica do bo trato. Para iso, unha alumna de cada clase foi retratada e o grupo foi o encargado de reflexionar e facer unha posta en común sobre isto.

Por último, o fío negro representa unha unión como comunidade e onde todos e todas seguindo o bo trato acadaremos unha sociedade mellor.



miércoles, 22 de noviembre de 2023

CONTACONTOS DEREITOS DA INFANCIA

O mércores 22 de novembro o alumnado de 1º e 2º da ESO ESO realizaron unha actividade de contacontos para os nenos e nenas de infantil e  1º e 2º de primaria.

A través do conto “Artai, O neno xigante” aprendemos que os nenos e nenas deben ser protexidos contra toda forma de abandono, malos tratos, crueldade e abusos. Non deberá permitirse aos nenos e nenas traballar antes da idade mínima adecuada...' e non poden ser explotados.

O alumnado da ESO repartidos por parellas e en grupos, explicáronlles aos máis pequenos/as o por que da celebración desta data tan importante, narraron o conto de “O neno xigante”, repartiron un pequeno agasallo a todos os asistentes (a silueta dunha man que contén un dereito fundamental) e dinamizaron a actividade cun simpático xogo de pasapalabras.

Non nos queda máis que recordar a todos que estas datas sinaladas son para celebrar os 365 días do ano!!!

      Aquí vos deixamos o conto de Antón, o neno que non quería ir á escola.

Artai, o Neno Xigante by yolick20003194 on Scribd











lunes, 20 de noviembre de 2023

PARTICIPACIÓN DAS FAMILIAS PARA UNHA ESCOLA INCLUSIVA

 Dúas docentes do CPI Virxe da Cela participaron as Xornadas "Participación das familias para unha escola inclusiva" organizadas pola Fundación Ayuda en Acción, que tiveron lugar o pasado sábado 18 de novembro de 2023 en Avilés.





Agenda Jornada AeA 18 Nov Avilés by veracruces on Scribd

domingo, 19 de noviembre de 2023

2O DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NENOS E NENAS

 


No Día Internacional dos Dereitos dos Nenos, é importante lembrar e reivindicar os dereitos que cada neno e nena teñen polo simple feito de ser nenos. Debemos asegurarnos de que teñan unha infancia feliz, segura e chea de oportunidades para crecer e desenvolverse plenamente.

Neste día, queremos lembrar que cada neno é especial e único, e merece ser tratado con dignidade e respecto. É o deber de toda a sociedade asegurarnos de que se cumpran  e de traballar xuntos para construír un mundo máis xusto e equitativo para todos.

O alumnado de 3º de ESO realizou un podcast para conmemorar esta data e reivindicar o seu cumprimento.



miércoles, 15 de noviembre de 2023

20 DE NOVEMBRO: DÍA DO PIXAMA. DEREITOS DA INFANCIA

 Este ano, o CPI Virxe da Cela, únese á celebración do Día do Pixama 2023. Con esta iniciativa da ASEAF (Asociación Estatal de Acollemento Familiar), queremos concienciar a toda a comunidade educativa da importancia e do dereito a ter unha infancia protexida e digna. Son varias as actividades que se teñen previsto realizar durante esta semana. Se tedes ganas de informarvos do que imos facer, non dubidedes en escoitar este interesante podcast elaborado polo alumnado de 2º da ESO na materia de Proxecto Competencial, na súa canle Radio As Travesas FM.


Día Del Pijama 2023 Dossier Informativo 1 by veracruces on Scribd

martes, 14 de noviembre de 2023

CONCURSO STARIDEAS


Os presentamos la 1º edición del Concurso de Emprendimiento, Ideas e Innovación STARTIDEAS organizado por FUTURGAL, un evento híbrido (online y presencial) de la Escola Superior de Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) de la Universidade de Vigo y el Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG).

¿EN QUÉ CONSISTE?
Es un concurso de ideas innovadoras relacionadas con el emprendimiento sostenible. Consiste en plantear una idea de negocio que conecte alguno de los 17 Objetivos de Desarrollo Sostenible de la Agenda 2030 de las Naciones Unidas y de respuesta a uno de los desafíos de la sociedad actual.

¿QUIÉN PUEDE PARTICIPAR?
Estudiantes de 3º y 4º de ESO,  1º y 2º de Bachillerato y ciclos Formativos de Formación Profesional y Artes Plásticas y Diseño.

Cada proyecto deberá estar desarrollado por un grupo de trabajo integrado por, al menos, un profesor/a responsable del proyecto y un máximo de 5 estudiantes.

PREMIOS PARA ESTUDIANTES Y PROFESORES
  • PREMIOS CATEGORÍA A. Educación secundaria o ciclos formativos de grado medio: 3 premios de 500 euros
  • PREMIOS CATEGORÍA B. Bachillerato o ciclos formativos de grado superior: 3 premios de 500 euros
  • Premio especial Deputación de Ourense: Ourense Provincia Sostible. Premio a la idea o proyecto enfocado en un ODS que tenga la provincia de Ourense como marco para su desarrollo: Premio 800 euros
Los profesores no tendrán límite de solicitudes y recibirán una contraprestación por la preparación del proyecto y otra si su proyecto resulta ganador de un premio.

FASES Y PLAZOS DEL CONCURSO
  • PREINSCRIPCIÓN (abierto plazo): del 13 al 22 de noviembre
  • ENTREGA PROYECTO:  Fecha límite 28 de noviembre    
  • COMUNICACIÓN FINALISTAS: 30 de noviembre                                
  • GALA ENTREGA DE PREMIOS: domingo 3 de diciembre en Ourense
GALA FINAL EN OURENSE
Se elegirán 30 proyectos finalistas que participarán en la gala final de premios el domingo 3 de diciembre en Ourense.

Finalistas, profesores y familias podrán asistir de manera gratuita a la ponencia de la escritora y divulgadora Elsa Punset en FUTURGAL (03 Dic. 13.00 horas - Escuela Superior de Enxeñería Informática, Ourense).

MÁS INFORMACIÓN
Bases del concurso: https://futurgal.com/concurso/
SOLICITAR PREINSCRIPCIÓN: https://futurgal.com/#preinscripcion

image.png

miércoles, 8 de noviembre de 2023

CONSELLO DA INFANCIA NO CPI VIRXE DA CELA

Mércores 8 de novembro 2023. Euroeume. Nerea Allegue e Nuria Fernández, educadoras sociais de Euroeme. 2 alumnos/as representantes de cada curso de educación primaria. Turnos rotativos. Elección de presidente/a e secretario/a. Acta. 

Nerea e Nuria, amosaron a súa satisfacción co compromiso e participación das e dos representantes do I Consello Escolar da Infancia. Neste primeiro consello decidiuse de que modo traballaremos nos seguintes consellos, dando resposta ás necesidades recollidas días atrás. Ambas están moi contentas por terse creado este espazo, onde a infancia do cole poida expresarse, e ser escoitada e tida en conta. Esperando que poida servir de axuda para concienciar ás nenas e nenos da importancia das súas voces, así como a súa implicación na mellora do seu cole".






PROGRAMA COIDANDO-NÓS-1 by veracruces on Scribd