O mércores 22 de novembro o alumnado de 1º e 2º da ESO ESO realizaron unha actividade de contacontos para os nenos e nenas de infantil e 1º e 2º de primaria.
A través do conto “Artai, O neno xigante” aprendemos
que os nenos e nenas deben ser protexidos contra toda forma de abandono, malos
tratos, crueldade e abusos. Non deberá permitirse aos nenos e nenas traballar
antes da idade mínima adecuada...' e non poden ser explotados.
O alumnado da ESO repartidos por parellas e en
grupos, explicáronlles aos máis pequenos/as o por que da celebración desta data
tan importante, narraron o conto de “O neno xigante”, repartiron un pequeno
agasallo a todos os asistentes (a silueta dunha man que contén un dereito
fundamental) e dinamizaron a actividade cun simpático xogo de pasapalabras.
Non nos queda máis que recordar a todos que
estas datas sinaladas son para celebrar os 365 días do ano!!!
Aquí vos deixamos o conto de Antón, o neno que non quería ir á escola.
Artai, o Neno Xigante by yolick20003194 on Scribd
No hay comentarios:
Publicar un comentario