Este cursos escolar formamos parte da campaña “Come Local” da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) e xestionada por Slow Food Compostela. A través dela, comedores escolares de varios centros educativos poderán acceder a produtos galegos con certificado de calidade: DOP, IXP e Ecolóxicos de proximidade. A mesma, inclúe formación e asesoramento tanto para o persoal de cociña como para os equipos directivos e ademais, obradoiros para o alumnado. Neste caso, o alumnado do 3º ciclo da Ed. Primaria veu a importancia da biodiversidade agrícola e o papel que xogan os produtos certificados á hora de conservala, así coma a importancia de comer de xeito local. Toda unha actividade de valoración do medio natural que ven acompañada de materiais explicativos das froitas e verduras que temos en cada tempada en Galicia para o comedor. |
miércoles, 29 de noviembre de 2023
PRODUCTOS DE PROXIMIDADE E ECOLÓXICOS PARA APRENDER A APRENDER
Imaxe do obradoiro realizado co alumnado do 3º ciclo da Ed. Primaria
Etiquetas:
cociña,
comedor escolar,
ecoloxía,
produtos de proximidade
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario