Mostrando entradas con la etiqueta Reflexión crítica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Reflexión crítica. Mostrar todas las entradas

sábado, 14 de junio de 2025

XVI Seminario de Avaliación de Materiais Didácticos “Jaume Martínez Bonafé”, “A dixitalización en Galicia e E‑Dixgal: entre a promesa e o desencanto. Cara a onde?”.

   Este sábado 14 de xuño participamos no XVI Seminario de Avaliación de Materiais Didácticos “Jaume Martínez Bonafé”, baixo o título “A dixitalización en Galicia e E‑Dixgal: entre a promesa e o desencanto. Cara a onde?”.

A xornada, celebrada no Salón de Plenos do Concello de Moaña reuniu especialistas das universidades galegas, representantes das ANPAS, profesorado de aulas infantís, de primaria e secundaria, e membros de grupos de investigación para debater, reflexionar e propoñer medidas de futuro para a dixitalización educativa en Galicia.

Imaxe autoeditada de presentación do artigo.

Momento da presentación en Moaña.
























Nesta xornada participamos expoñendo como adixitalización educativa tamén ten que ter en conta a diversidade de realidades e contextos.

Nela, tamén presentouse o último número da Revista Galega de Educación centrado na mesma temática e onde se pode atopar o artigo eixo central da nosa intervención.

Diferentes momentos da xonada formativa.




lunes, 2 de junio de 2025

A dixitalización educativa nunha realidade rural diversa e diferenciada

Imaxe autoeditada de presentación do artigo.

A dixitalización educativa en contextos rurais representa unha oportunidade para a transformación educativa e o avance social, sempre que atenda as singularidades de cada comunidade. Pode ser un perfecto recurso para minorar as limitacións xeográficas, económicas e sociais sempre que a súa implementación sexa crítica, inclusiva e equitativa, evitando a réplica de modelos estandarizados. A formación docente, a superación da fenda dixital e a valorización da identidade cultural son clave para garantir que a dixitalización sexa un recurso de mellora educativa e desenvolvemento local, e non unha finalidade en si mesma.

Este é o resumo do artigo que baixo o título "A dixitalización educativa nunha realidade rural diversa e diferenciada" presentamos no último número da Revista Galega de Educación. Unha reflexión critica sobre as posibilidades e os retos aque supón a dixitalización educativa en contextos rurais.

Se queredes ler este artigo ao completo podedes mercar este número ou subscribirvos á revista.

Moitísimas grazas por darlle voz á escola rural!!! 

Portada do número 92 da RGE.